viernes, 1 de febrero de 2013

Osasuna - Celta (A Previa)

O Celta festexa o segundo gol na ida | Foto: Tomás Rodríguez
Estadio de El Sadar (Sábado 2, 16:00) | Partido a cara de can o que disputarán mañán Osasuna e Celta no Estadio de El Sadar de Pamplona. Dous equipos situados na zona baixa da táboa clasificatoria ós que só lles vale a victoria para pór terra por medio dun rival directo pola permanencia. Nembargantes, un empate entre os dous conxuntos beneficiaría ó Celta por mor da victoria dos vigueses en Balaídos por dous goles a cero na primeira volta.

Chega o Celta a Pamplona bastante tocado, pois non poderá contar con Krohn-Delhi (por acumulación de amonestacións) e Augusto Fernández (expulsado de Balaídos o sábado pasado, fronte á Real), ós que se suman os lesionados Samuel Llorca e Hugo Mallo. Tampouco estará Paco Herrera no banco por terlle sido amosado o cartón vermello en Balaídos. Foi sancionado polo Comité de Competición con dous partidos que cumplirá mañán en Pamplona e á semán seguinte en Vigo fronte ó Valencia.

Como nota positiva, a recuperación de Andrés Túñez, que onte recibiu á alta médica e estará a disposición do clube olívico, aínda que, segundas súas verbas, terá moita competición con Demidov e Cabral que están facendo unhas boas actuacións na súa demarcación.

Iago Aspas evolucionou favorablemente das súas molestias de espalda e espérase poida saír mañán de titular.

Non parece que a fichaxe estrela dos vigueses no mercado de inverno, O Poeta Fabián Orellana salte ó terreo de xogo, pois o Celta acaba de anunciar a súa presentación ós medios de comunicación o vindeiro domingo en Balaídos. O chileno volverá a defender unhas cores que xa vestiu hasta xuño, sendo determinante para o ascenso do Celta á Liga das Estrelas. A súa fichaxe concretouse ó fío da pasada medianoite, e defenderá a camisola do Celta nos vindeiros tres anos e medio.

O Osasuna é décimo oitavo, con dezaoito punto, dous menos que o Celta que ocupa o posto décimo sexto. Os de Pamplona mostranse especialmente fortes no seu campo, no que conseguiron trece dos dezaoito puntos que lucen no seu casilleiro.

Desde PREFERENCIA CELESTE animaremos ós nosos desde a nosa sede, Cafetería Las Gradas (Avenida de Fragoso, 92, fronte ó Estadio de Balaídos) e quedades todos convidados para vivir con nós esta festa do celtismo.

E como sempre, o de sempre, Ala Celta!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada