domingo, 23 de septiembre de 2012

Vídeo da inauguración da peña en CeltaTV

CeltaTV publicou unha reportaxe sobre a inauguración da nosa peña. Podedes velo aquí adxunto:


Moitas grazas a CeltaTV, ó clube e a Hugo Mallo e Bellvís por acudir á inauguración e compartir connosco este momento tan especial para nós.

Hala Celta!


viernes, 21 de septiembre de 2012

Celta 2-1 Getafe

Partido da 5ª xornada de Liga. O Celta recibe ó Getafe no Municipal de Balaídos o Sábado 22 de Setembro ás 18:00 da tarde.

O Getafe, cun punto máis que o Celta, e ocupando a posición 13 na clasificación, vén a Vigo con gañas de puntuar.

O Celta, logo da moi boa imaxe da primeira parte en Mestalla, necesita dun pouco de orde na defensa e un pouco de acerto na dianteira que lle dea confianza para os próximos partidos. Un bo equipo que pouco a pouco vai collendo xeito na primeira división.


HALA CELTA!

jueves, 13 de septiembre de 2012

Inauguración Peña Celtista Preferencia Celeste

Todos os que formamos Preferencia Celeste temos o pracer de anunciarvos a inauguración da nosa peña. Aínda que como sabedes temos xa case un ano de vida, a inauguración oficial será o vindeiro martes, día 18 de setembro a partires das 20:00 na nosa sede, na cafetería Las Gradas (c/Fragoso 92, Vigo).
A este evento asistirán xogadores da primeira plantilla e membros do corpo técnico do Real Club Celta. Será unha honra pola nosa parte recibir a membros das diferentes peñas celtistas, así como a calquera celtista que queira acercarse pola nosa sede a título persoal.

Sen extenderme máis, vos animo a disfrutar connosco deste día tan especial.

Recibide un cordial saúdo.
Ivan Pérez, Presidente Peña Celtista Preferencia Celeste


miércoles, 5 de septiembre de 2012

Valencia 2-1 Celta

O Sábado 15 de Setembro ás 18:00 o Celta ten unha cita en Mestalla cun Valencia necesitado de puntuar. O Valencia, que agora mesmo ocupa o posto 17 (a un posto do descenso) un punto por debaixo do Celta, vén de perder por un tanto a cero contra o Barcelona, actual líder en solitario da primeira división.

O partido preséntase difícil de entrada, pero o bo momento dos xogadores do Celta podería depararnos unha boa sorpresa.

HALA CELTA!

Celta 2-0 Osasuna

Por fin o Celta suma tres puntos nun bo partido no que comezamos a ver a calidade individual e colectiva deste Celta 2012/2013.

A remodelación do estadio inda non está lista (cousa que recolleu o árbitro na acta) e tampouco están listos os videomarcadores.

A asistencia foi de 15923 espectadores, nun horario malo.