sábado, 30 de noviembre de 2013

Celta - Almería (A Previa)

A por eles!!! | Real Club Celta de Vigo
Estadio Municipal de Balaídos (18:00) | Celta e Almería disputarán esta tarde en Balaídos un interesante encontro na que ámbolos dous conxuntos buscarán afastarse mais dos postos perigosos do taboleiro clasificatorio e, no caso do Celta, buscar esa primeira vitoria en Vigo que se lle ven de resistir ós de Luis Enrique.

Igualdade case absoluta entre Celta e Almería na clasificación, con 12 puntos cada un deles, ocupando o Celta mellor posto por mor da diferenza de goles. Almería ven de encaixar 5 goles fronte ó Real Madrid no Juegos del Mediterráneo, mentres que o Celta perdeu en Anoeta por 4-3 fronte á Real Sociedad, despois de ir gañando 1-3, polo que haberá que estar pendentes en cómo afectará este resultado ós xogadores esta tarde.

Luis Enrique pediu o apoio de tódolos siareiros esta tarde, "sen ningunha dúbida". A bo seguro que non fallarán os incondicionais celestes hoxe en Balaídos. Francisco Rodríguez, entrenador do Almería, di que ambos conxuntos buscarán a vitoria hoxe en Vigo e avisa de que o Celta vailles esixir "o cento por cento".

Convocatorias:

Luis Enrique convocou ós seguintes 18 xogadores para este partido: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Aurtenetxe, Jonny, Toni, Cabral e David Costas; Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Krohn-Dehli e Augusto Fernández; Mario Bermejo, Nolito, Charles, Orellana e Santi Mina. Destacan a volta á convocatoria de Mario Bermejo e a volta de Oubiña, trala súa lesión nun dedo dun pe.

Mentres, Francisco Rodríguez vaixou a Vigo cos seguintes convocados polo Almería: Esteban e Ustari; Rafita, Nélson, Torsiglieri, Marcelo Silva, Trujillo, Raúl García e Dubarbier; Aleix Vidal, Marcos Tébar, Verza, Soriano, Azeez, Barbosa e Suso; Óscar Díaz e Dani Romera.

Antecedentes:

Almería e Celta nunca se enfrontaron na Liga BBVA. Arbitrará Ayza Gámez, quen lle pitou en dúas ocasións ó Celta como local, perdendo os vigueses ambos partidos con este árbitro.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos desde as 17:00 (CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).



Tamén podes adquirir participacións do 01.923 para a Lotaría de Nadal. Ou a nosa bufanda conmemorativa do 90 aniversario do Celta. Por só 10 €!

E como sempre, o de sempre... Ala Celta!!!


miércoles, 27 de noviembre de 2013

Celeste Solidario: recollida de alimentos e xoguetes

A Fundación Celta de Vigo, como xa ven sendo habitual en época de Nadal, comeza a súa recollida de alimentos e xoguetes destinados para os mais desfavorecidos na bisbarra de Vigo. Será na disputa dos derradeiros tres partidos deste ano que o Celta dispute en Balaídos.

Baixo o nome de "Celeste Solidario", a Fundación Celta de Vigo recadará e destinará este ano eses xoguetes e alimentos ás seguintes organización colaboradoras: "La mano que ayuda", "Cáritas" e "A las 5".

Con esta campaña, a Fundación pretende mobilizar ó celtismo para que aporte o seu graíño de area cos mais desfavorecidos.

A recollida de xoguetes e alimentos se fará dende 3 horas antes e ata o inicio dos seguintes partidos que dispute o Celta: 
  • UD Almería: sábado 30 de novembro. 
  • Athletic de Bilbao (Copa do Rei): sábado 7 de decembro. 
  • CA Osasuna: domingo 22 de decembro. 
A recollida se fará no local da Asociación de Antigos Xogadores do Celta, nos baixos do Estadio Municipal de Balaídos. Será recollido o seguinte: xoguetes en bo estado, embutidos, conservas, lácteos, produtos para almorzo e produtos non perecedoiros.

Desde Preferencia Celeste vos animamos a todos para colaborar nesta campaña.


sábado, 23 de noviembre de 2013

Real Sociedad - Celta (A Previa)

Anoeta (18:00) | Real Sociedad e Celta enfróntanse este serán en Donosti con diferentes sensacións en Anoeta. Por unha banda, a Real, mirando os postos de arriba que lle dan a clasificación directa a Europa, mentres que o Celta mirando de reollo os postos de abaixo.

A Real busca curar as feridas polo 5-1 que lle endosou o Madrid no Bernabeu, namentres o Celta busca recuperar a confianza que tiña tralos bos resultados conquistados en Málaga e Sevilla e o bo xogo fronte ó Barcelona, pero que perdeu de súpeto hai 15 días trala dolorosa derrota en Balaídos fronte ó Rayo Vallecano (0-2).

A Real Sociedad é, para Luis Enrique, un bloque sólido e un equipo que esta a facer un bo xogo, malia os malos resultados en Champions, que o técnico do Celta achaca á mala sorte. Para Lucho, hai que ter coidado con todo o bloque, non a persoas en concreto.

Para Arrasate, técnico txuri-urdin, ó Celta hai que xogarlle dun xeito inteligente e lembra que está a xogar mellor fora da súa casa, que en Balaídos. Afirmou que non vai reservar a ninguén coa vista posta en Champions.

Convocatorias:


Arrasate convocou ós seguientes xogadores:  Claudio Bravo e Zubikarai; Joseba Zaldua, Ansotegi, Mikel González, Íñigo Martínez, José Ángel e De la Bella; Markel Bergara, Javi Ros, Rubén Pardo, Zurutuza e Xabi Prieto; Seferovic, Agirretxe. Carlos Vela, Chori Castro e Griezmann. Carlos Martínez e Gorka Elustondo están mancados, mentres que Cadamuro non entrou por decisión técnica.

Luis Enrique viaxou a San Sebastián cos seguintes 18 xogadores: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Toni, Cabral e David Costas; Álex López, Rafinha, Orellana, Krohn-Delhi e Augusto; Nolito, Charles, Madinda e Santi Mina. Quedan fora da lista Oubiña, que non foi quen de recuperarse do seu pé, e Samuel. Non viaxan por decisión técnica Vila, Bermejo, Bellvís e David Rodríguez.


Antecedentes:

Real Sociedad e Celta enfrontáronse en 41 ocasións en Donosti (tanto en Anoeta, como no vello Atotxa), na que os vascos gañaron 25 veces e perderon só en 4. 12 foron o número de veces que remataron en táboas, con 91 goles a favor da Real e 44 para o Celta. A vitoria mais abultada foi un 5-0 para a Real na temporada 1954-55.O Celta gañou por derradeira vez na tempada 1999-2000 por 0-2.

O árbitro asturiano Muñiz Fernández arbitrou 5 veces ó Celta como visitante, conseguindo 2 victorias e 3 derrotas neses enfrontamos.

Preferencia Celeste en Donosti con presidente Mouriño


Preferencia Celeste viaxou co Celta hasta Donosti e daralle calor nas gradas de Anoeta ós nosos. Se pudeche viaxar, tamén podes disfrutar do partido en Cafetería Las Gradas (Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre. Ala Celta!!!

miércoles, 13 de noviembre de 2013

#HomenajeACáceres desde a nosa peña

Finalmente o resultado da recadación en beneficio a Fernando "El Negro Cáceres" non tivo a acollida que agardabamos, pero a peña, desde os seus limitados medios, quere sumarse a esta homenaxe a un grande do Celta aportando a simbólica cantidade de 50€ á "Fila 0" do encontro que se está a desputar agora mesmo entre o Real Zaragoza e un combinado de amigos do xogador en "La Romareda" en Zaragoza.

Cáceres, que militou no Celta durante 6 tempadas, e defendeu a celeste nalgúns dos mellores estadios do mundo, atópase en rehabilitación logo do brutal asalto ó que se viu sometido para roubarlle o coche e que a piques estivo de rematar coa súa vida.

Desde Preferencia Celeste queremos desexarlle o mellor a Cáceres con esa espiniña de que o noso Club non lle soubera dar a homenaxe ou o cariño que merece, como xogador, e como persoa. O que vestiu con orgullo a camiseta do Celta sempre será xogador do Celta.

Ánimo negro!

Imaxe vía MoiCeleste.com
Imaxe vía ElCorreo.com

domingo, 10 de noviembre de 2013

Colabora na homenaxe a Fernando Cáceres

Fernando Cáceres coa camisola celeste. (Foto: PA vía futboltotal.com.mx)
Os nosos compañeiros da Federación de Peñas do Real Zaragoza trasladáronnos a petición para que todos os que tivemos o privilexio de disfrutar do xogo dun grande, como é Fernando Cáceres, El Negro, lle botemos unha man, agora que está a pasar malos momentos.

Como saberedes, Cáceres foi asaltado hai catro anos nas aforas de Bos Aires para roubarlle o seu vehículo, disparado na cabeza, polo que unha bala se aloxou no seu cráneo e estivo tempo en coma entre a vida e a morte. Agora está en proceso de rehabilitación, na que tivo a mala sorte de sufrir un novo atraco na que lle levaron todos os cartos que tiña aforrados para costeala. Non lle podemos dar as costas ó Negro.

Por iso se lle vai tributar unha homenaxe no Estadio de La Romareda o vindeiro mércores 13 de novembro, ás 20:30 horas.

Pero si non podes estar ahí, aínda podes axudar. Podes mercar unha entrada para a "Fila 0", facendo un ingrso na seguinte conta de La Caixa:

2100-8627-99-0200111250

Tamén podes pasarte pola nosa sede, CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, 36210 Vigo, Mapa) e depositar a túa axuda no PETO que habilitamos para axudarlle. Todo o recadado será donado íntegramente por PREFERENCIA CELESTE a Fernando Cáceres.

Aquí tes algún dos números de Cáceres no Real Club Celta (1998-2004):

Chegou procedente do Valencia CF, pagando por él 400 millóns de pesetas (2.404.048 euros), sendo unha fichaxe moi rendible para o Celta. Co Celta, El Negro disputou a Champions League, a Copa da UEFA (hoxe, Europa League). Gañou co Celta a Copa Intertoto, xogando a final co Zenit de San Petersburgo, no ano 2000 e disputou a terceira das finais da Copa do Rei, que o Celta perdeu fronte ó Zaragoza por 1-3 en Sevilla, o 30 de xuño de 2001.

Só en Primeira División disputou 18.459 minutos nun total de 197 partidos coa camisola celeste. Conseguiu 3 goles en Liga, 2 en competicións europeas, 1 en Copa e 1 nun amistoso.

Non lle deas as costas!

sábado, 9 de noviembre de 2013

Celta - Rayo Vallecano (A Previa)

Park, no partido da tempada pasada | Foto: Ricardo Grobas (Faro de Vigo)
Estadio Municipal de Balaídos (22:00) | Celta e Rayo Vallecano enfróntanse hoxe no vello Balaídos con obxectivos moi diferentes, pero con propostas de xogo moi semellantes.

O Celta busca a que sería a primeira victoria en Vigo esta tempada e darlle unha ledicia á súa afección, tralas dúas conseguidas fora da casa, diante de Málaga e Sevilla. E, de paso, afianzar a boa liña de xogo mantida nos últimos partidos xogados polos celestes.

O Rayo, mentres, busca sair do posto de pechacancelas. Unha vitoria en Vigo axudaría moito e afrontarían o novo parón ligueiro dun xeito moi diferente, sen dúbida. Este partido representará, unha vez mais, a volta á que foi a súa casa durante tres tempadas para Roberto Trashorras. Outro vigués, aínda que sen pasado celtista, nos visitará, como é Iago Falque.

Ainda que o Rayo ocupa o derradeiro lugar na táboa clasificatoria, iso non é motivo para relaxarse tanto para os xogadores do Celta, como de Luis Enrique, quen declarou gustarlle o xogo dos madrileños, que teñen gusto polo balón, ó igual que o Celta, engadindo que este equipo terminará a tempada moito mais arriba do que indican os números actuais.

Convocatorias:

Luis Enrique convocou ós seguintes 18 xogadores para o partido desta noite: Sergio e Yoel (porteiros); Hugo Mallo, Fontás, David Costas, Jonathan Vila, Jonny, Toni, Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Orellana, Krohn-Delhi, David Rodríguez, Nolito, Charles, Augusto e Santi Mina. Quedan fora da lista Samuel, Bermejo, Aurtenetxe e Cabral por lesión e non entran na lista Bellvís e Levy Mandida.

Mentres, o Rayo de Paco Jémez desprazou a Vigo ós seguintes xogadores:  Cobeño e Rubén (porteiros), Tito, Arbilla, Nacho, Gálvez, Rodri, Trashorras, Baena, Saúl, Embarba, Lass, Perea, Iago Falque, Bueno, Larrivey, Jonathan Viera e Mojica.

Precedentes:

Celta e Rayo Vallecano enfrontáronse anteriormente en 11 ocasións en Balaídos en Primeira División, na que o empate é o resultado mais repetido: en 5 ocasións. Igualdade tamén no número de vitorias, 3 para cada equipo. 9 goles anotou o Celta, por 8 do Rayo. O resultado mais avultado foi un 2-0 para os de Vigo na tempada 1996/97. Na tempada pasada, pola contra, foi o Rayo quen se levou a vitoria, por 0-2, no partido correspondente á xornada 30.


Arbitrará Fernando Teixeira Vitienes do Comité Cántabro, con quen nunca gañou o Celta nas tres ocasións en que lle pitou en Balaídos en Primeira División.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos desde as 20:00 (CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

Lembrade que hoxe é o DERRADEIRO DÍA para facela reserva e pagar a viaxe que faremos a Donosti o vindeiro venres 22 de novembro, para presenciar o Real Sociedad – Celta.


Tamén podes adquirir participacións do 01.923 para a Lotaría de Nadal. Ou a nosa bufanda conmemorativa do 90 aniversario do Celta. Por só 10 €!

Por último, indicarvos que teremos UNHA HUCHA en CAFETERÍA LAS GRADAS para que aportes o teu graniño de area para axudar a un grande, como é FERNANDO CÁCERES, El Negro, bravo defensa celeste que foi entre os anos 1998 e 2004, e a quen se lle vai render unha homenaxe en partido que se disputará o vindeiro mércores 13 de novembro en La Romareda. Todo o recadado, SERÁ DONADO ÍNTEGRAMENTE por PREFERENCIA CELESTE para costear os gastos médicos derivados da recuperación do asalto que sufriu hai catro anos en Bos Aires.

E como sempre, o de sempre. Ala Celta!!! 


jueves, 7 de noviembre de 2013

Sábado 09/11/13 último día para pagar #DonostiCeleste

Este Sábado é o último día para pagar a viaxe a #DonostiCeleste. Por favor, todos aqueles que faltades por pagar non vos despistedes e facede efectivo o pago o Venres ou o Sábado na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Fragoso 92). Se o Sábado non está pagada a viaxe cancelaremos a vosa reserva e poremos a disposición doutras persoas eses asentos non pagados.

Os últimos días para pagar son o Venres 08/11/13 de 19:00-21:00 e o Sábado 09/11/13 de 19:00-21:30 na previa do Celta-Rayo.

Podedes ver toda a info da viaxe no post principal

Viaxa a Donosti con Preferencia Celeste

sábado, 2 de noviembre de 2013

Sevilla - Celta (A Previa)

Imaxe do Sevilla - Celta da tempada pasada | Foto: EFE
Estadio Sánchez Pizjuán (22:00) | Sevilla e Celta enfróntanse esta noite no Sánchez Pizjuán, con sendas derrotas diante de Real Madrid (7-3) e Barcelona (0-3), sen que, estas derrotas poidan collerse como referencia para o xogo de ámbolos dous conxuntos nas últimas semanas.

Os sevillanos fan un xogo netamente ofensivo, cousa que queda ben reflectida nas súas estatísticas, ocupando o posto 11º na clasificación da Liga BBVA con 20 goles a favor e 24 en contra. Lembrar que, pese á derrota no Bernabéu, foi quen de facerlle tres goles ó todopoderoso Real Madrid.

O Celta chega tamén reforzado a Sevilla, pese á derrota en Vigo fronte ó Barcelona, pois está a facer un bo xogo desde o enfrontamento no Vicente Calderón (2-1 para o Atleti) e chegaba a aquel partido tras o 0 - 5 de Málaga. Malia derrota, foi quen de xogarlle de ti a ti ó Barça de Tata Martino. Ademais, o Celta conseguiu tódalas súas vitorias en Andalucía e esta pode ser unha boa oportunidade de refrendar o bo xogo feito.

O Celta necesita unha vitoria para saír dos postos de descenso que ocupa, trala derrota do martes en Vigo. Por iso, espérase que Luis Enrique non faga moitos cambios no once que saltará esta noite no estadio hispalense.

Convocatorias:

Unai Emery, adestrador do Sevilla, convocou ós seguintes xogadores para enfrontarse ó Celta: Beto e Javi Varas (porteiros), Diogo, Coke, Alberto Moreno, Fernando Navarro, Nico Pareja, Carriço, M´Bia, Cristóforo, Rakitic, Vitolo, Perotti, Trochowski, Jairo, Rusescu, Bacca e Gameiro.

Luis Enrique, adestrador do Celta, viaxou a Sevilla levando ós seguintes 18 xogadores convocados: Yoel e Sergio (porteiros), Hugo Mallo, Fontàs, Cabral, Jonathan Vila, Toni, Jonny, Oubiña, Augusto, Álex López, Rafinha, Kronh-Delhi, Santi Mina, Orellana, David Rodríguez, Nolito e Charles. Destaca a baixa de Costas, por gastroenterite, que se suma ás de Bermejo, Samuel e Aurtenetxe. Bellvís, pese a recibir a alta médica, non entrou na lista, o mesmo que Madinda.

Os precedentes nos enfrontamentos entre Sevilla e Celta no Sánchez Pizjuán son claramente favorables ós sevillanos, pois de 41 enfrontamentos entre ámbolos dous conxuntos, 30 foron vitorias hispalenses por só 8 vitorias olívicas. Nas restantes tres ocasións saldáronse con empates. Nestes 41 partidos, o Sevilla foi quen de anotar 89 goles e recibiu do Celta 40. A vitoria mais avultada no Sánchez Pizjuán foi a 7-0 que lle endosou na xornada 15 da tempada 1955/56. A temprada pasada os sevillanos venceron por 4-1.

Arbitrará Martínez Munuera, quen nunca pitou ó Celta como equipo visitante na Liga BBVA.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos desde as 20:00 (CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

Na nosa previa, poderás reservar e pagar a viaxe que faremos a Donosti o vindeiro venres 22 de novembro, para presenciar o Real Sociedad – Celta.


 Tamén podes adquirir participacións do 01.923 para a Lotaría de Nadal. Ou a nosa bufanda conmemorativa do 90 aniversario do Celta. Por só 10 €!

E como sempre, o de sempre. Ala Celta!!!