Sobre nós

Preferencia Celeste naceu a través das redes sociais e ten un curto pero intenso percorrido. Da man de Alberto Carballo, no mes de outubro de 2011, este abonado da bancada de Preferencia, fixo un chamamento a través do Twitter e outros foros celtistas, reunindo para o seu proxecto nun prazo de dous meses a un total de vinte persoas.

A vontade democrática desta asociación veuse fortalezida polas vantaxes que brindan estas redes, ademáis de diversas reunións na Cafetería Las Gradas, que pronto se convertiría no noso lugar de reunións, discutindo entre todos os asociados asuntos como o propio nome da peña, a tipografía a usar, ou o noso logtotipo.

Nese curto período de tempo a nosa Peña xa tivo representación no derbi que disputaron Deportivo e Celta na cidade herculina e contra o Barcelona B no Mini Estadi da cidade condal. O 3 de decembro de 2011, firmouse a Acta de Constitución na Cafetería Las Gradas antes do partido que disputou o Celta contra o Sabadell no Estadio de Balaídos. O noso equipo deunos a benvida cun recital de xogo e unha victoria sen discusión por 4 goles a 1.

Nesa semana presentaronse as diversas solicitudes ás diversas administracións públicas e o 26 de decembro fíxose oficial a inscripción no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.

Por último, no venres 10 de febreiro de 2012, esta Peña presentou na Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo, S.A.D., ubicada nos baixos do Estadio de Balaídos, a solicitude de federación, que foi aceptada co número 78 do seu rexistro de peñas. Casualidade que ese venres, por mor das televisións, disputaba o partido da 24ª xornada da Liga Adelante, fronte ó decano do fútbol español, o Recreativo de Huelva, que se decantou do lado dos vigueses por 4 goles a 1.

É o desexo desta peña celebrar o noso primeiro aniversario cun Celta no lugar que por historia e tradición lle corresponde, que é a Primeira División do fútbol español.

A Asociación Peña Celtista Preferencia Celeste ("Preferencia Celeste") está inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, con número de rexistro 2011-16083-1, de data 26 de decembro de 2011. O seu enderezo social é Avenida do Fragoso, nº 92 (Cafetería Las Gradas), 36210 Vigo, Pontevedra, e-mail: preferenciaceleste@gmail.com, e o seu Número de Identificación Fiscal é G-27.765.775.