domingo, 27 de enero de 2013

Celta 1 - 1 Real Sociedad (A Crónica)

Pranjic a piques de sacar un libre directo | Tomás Rodríguez
Táboas no taboleiro de Balaídos tralo tempo regulamentario no partido entre o Celta e a Real Sociedad, disputado esta tarde en Vigo. Un resultado malo para os intereses do conxunto vigués, pero meritorio si temos en conta as adversidades ás que se veu hoxe o conxunto vigués, comenzando pola nefasta arbitraxe do colexiado andaluz Paradas Romero, sen dúbida o triste protagonista do encontro de hoxe.

Comezaron os vigueses cunha proposta ofensiva coa inclusión no once inicial de Mario Bermejo, Park e Iago Aspas.

Esta proposta saiulle ben a Herrera no primeiro tempo. Os vigueses adiantáronse cunha gran xogada de Iago Aspas, que deixou para atrás para que Krohn-Delhi conectara un trallazo ó que nada poido facer o meta Bravo. Transcurría o minuto 32 do primeiro tempo.

Pronto comenzarían os contratempos para os olívicos. Nos últimos minutos da primeira parte, Aspas resentiuse das súas dores na espalda que fixeran que fose dúbida hasta hoxe mesmo. Quedou na caseta no descanso sendo sustituido por Álex López.

Trala reanudación, os vigueses pareceron querer durmir o partido, sendo nestes primeiros minutos de dominio claro dos donostiarras.

No minuto tres chegaría a xogada clave do partido. A Real Sociedad atacaba pola banda esquerda do seu ataque e o seu centro pegou na man de Augusto Fernández, que amosa ser involuntaria. Segunda amarela para o arxentino, castigo excesivo para os vigueses e o Celta veríase condenado a disputar toda a segunda parte cun home menos no campo.

Así as cousas, no minuto 14 chegaría o empate da Real Sociedad. Elustondo rematou de cabeza un saque de esquina (que no campo non pareceu existir) ó fondo da rede. Tras este gol, Herrera trocou a Mario Bermejo por Pranjic, que debutaba deste xeito co Celta, e a Park por Natxo Insa, quedando o Celta sen dianteiros no último tramo de partido. Tocaba defender o resultado a toda costa.

Pranjic deu boas sensacións no seu estreno e incluso tivo unha oportunidade a saque de falta na frontal da área, que se estrelou na barreira.

No tramo final de partido, Paradas Romero, auténtico protagonista esta tarde, amosou cartón amarelo a Park, que xa estaba no banco e vermella directa a Paco Herrera por formular observacións ó árbitro.

Así se chegou ó final do partido, cun empate que suma, pero semella pouco para a situación crítica que vive o Celta, que segue na parte baixa do taboleiro clasificatorio. Dentro de sete días, partido a vida e morte contra o Osasuna no Estadio do Sadar, no que o perdedor afundirase un pouco máis no pozo que leva á Segunda División.

FICHA TÉCNICA

1-R.C.Celta: Javi Varas, Jonny, Cabral, Demidov, Augusto, Borja Oubiña Krohn-Dehli, Mario Bermejo (Pranjic, min.55), Park (Natxo Insa, min.61) e Iago Aspas (Álex López, min.46).

1-R.Sociedad: Bravo, Carlos Martínez, Eliustondo, Íñigo, Markel, Xabi Prieto, Illara (Rubén Pardo, min.76), De La Bella, Chory Castro (Griezmann, min.69), Carlos Vela e Ifrán (Aguirretxe, min.60).

Goles: 1-0, min. 31: Krohn-Dehli; 1-.1, min. 59: Elustondo.

Árbitro: Paradas Romero, do comité andaluz. Expulsou a Herrera (min. 86) con vermella directa e a Augusto (min. 48) con doble cartón amarelo. Mostrou cartóns amarelos a Krohn-Dehli, Roberto Lago e Park, polo Celta, e a Elustondo, De la Bella e Markel, pola Real Sociedad.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 21, disputado no Estadio de Balaídos, ante 18.136 espectadores. Antes do comienzo do partido se guardou un minuto de silencio en memoria do ex
xogador do Celta Monchito, recentemente falecido. Iago Aspas recibiu o II Premio Manuel de Castro como mellor xogador do ano 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario