miércoles, 11 de febrero de 2015

Viaxe a Riazor: Coruña-Real Club Celta de Vigo #CoruñaCeleste BUS CHEO!

O vindeiro Sábado 21 de Febreiro de 2015 faremos por vez primeira desprazamento en bus da nosa peña ó estadio do Coruña. Este desprazamento vai ser especial, xa que coincide co inicio das obras na nosa bancada, e conque é unha viaxe que levamos tempo querendo facer, pero por unhas circunstancias ou outras nunca foi posible levar adiante.

O horario de saída será indicado persoalmente a todos os interesados en viaxar, e a volta será ó rematar o partido.

Nos buses está terminantemente prohibido fumar (nas nosas viaxes non se fuma), non permitiremos o despregamento de bandeiras/bufandas nas ventanas do bus ó chegar a Coruña e teredes que seguir as instruccións que en cada momento dean os responsables de organización. Se alguén non estivera en condicións de subir ó bus debido a alcohol ou outro tipo de sustancias que lle alteren a conducta nos reservamos o dereito de negarlle o acceso ó bus sen posibilidade de recuperar os cartos. 

Acudimos a un partido declarado de alto risco, non toleraremos actitudes violentas, recordade que a normativa antiviolencia é moi taxante. No caso de problemas no bus polo comportamento dalgunha das persoas que viaxan connosco tomaremos as medidas necesarias para que esa persoa abandone o bus no primeiro momento que poda, sendo responsable el mesmo de volver ó punto de partida.

Para viaxar é necesario que nos facilitedes a fotocopia do DNI polas dúas caras lexible, que asinedes formulario de viaxe da nosa peña (temos na nosa sede pero podedes descargala aquí -cubrir só un dos dous formularios-) e que asinedes unha autorización para o Real Club Celta de Vigo da cal vos informaremos no momento de pagar a viaxe. Os menores de idade teñen que traer ademáis fotocopia do titor e asinar a autorización de viaxe a menores (tamén dispoñible na nosa sede)

Temos xa o bus cheo e non xestionamos a compra de entradas.