domingo, 24 de febrero de 2013

Celta 2 - 1 Granada (A Crónica)

Resino dalle indicacións ós xogadores | Foto: Tomás Rodríguez
Importante victoria a que conseguiu hoxe o Celta fronte a un bo Granada, ó que lle venceu por dous goles a un esta tarde no Estadio Municipal de Balaídos, nunha fría, pero agradable tarde para a práctica do fútbol.

Con esta victoria cumpriuse novamente a máxima de "adestrador novo, victoria segura". Os siareiros do vello campo do Val do Fragoso nun deixaron de acordarse de Paco Herrera, e faron varias as pancartas que se viron dándolle as grazas ó ex adestrador do Celta.

No puramente deportivo, comezou ben o Celta ó que Abel Resino lle imprimiu o seu carácter, cun equipo que xogou presionando ós rivais e cunha defensa máis adiantada, pero que por fases pecou dos mesmos erros que xa tiña, coma no gol do empate. Non foron trocos dramáticos, pois a base do equipo era a mesma coa que xogaba Herrera.

Comezou ben o Celta, chegando á área do Granada con claridade, aínda que co paso dos minutos os andaluces foron posicionandose ben no terreo de xogo. No minuto 21, Augusto Fernández tirou a porta, rexeitando con gran acerto o meta Toño. O rechace o recolleu Aspas, que fusilou ó meta nazarí. Pouco lle durou a ledicia ós celestes, pois dous minutos despois, Ighalo fusilou a Varas en tiro de volea, tras un despiste defensivo do Celta.

Táboas no electrónico de Balaídos no descanso. E na reanudación, o Celta saiu cun xogo máis desordenado, cousa que aproveitou o Granada que chegaba á meta de Varas con máis claridade. A mais clara, un tiro ó traveseiro de Ighalo nos primeiros minutos da reanudación. Resino decidiu poñer no terreo de xogo a xente coa veteranía de De Lucas e Mario Bermejo, ademáis de aproveitar ó dianteiro cántabro nas xogadas por alto.

Festexando o segundo gol | T.R.
Saiulle ben a aposta ó técnico toledano, pois Bermejo anotaría o segundo para o Celta e, á postre, o gol da victoria. Centro á area granadina, que deixou de cabeza Aspas, para que Bermejo rematase en semifallo. Corría o minuto 80. O Granada non se achicou nos derradeiros minutos, buscando incesamente o gol que puxera novamente ás taboas no marcador, aínda que o Celta tamén buscou un gol que lle dera vantaxe no marcador particular entre andaluces e galegos. Ó final, dous a un, e victoria importantísima pola inxección de moral ós pupilos de Resino, tendo en conta, ademáis, os marcadores favorables ós intereses celtistas do resto de equipos implicados nos postos baixos de táboa clasificatoria.

Ficha do partido:

2-R.C.Celta: Javi Varas, Jonny, Cabral, Demidov (Jonathan Vila, min. 73), Roberto Lago, Borja Oubiña, Álex López, Augusto, Orellana (Mario Bermejo, min. 59) Krohn-Dehli (De Lucas, min. 63) e Iago Aspas.

1-Granada C.F.: Toño, Nyom (El Arabi, min.86), Mainz, Recio, Siqueira, Mikel Rico (Brahimi, min.83), Íñigo López, Nolito, Torje (Buonanotte, min.72), Aranda e Ighalo.

Goles: 1-0, min. 24: Iago Aspas; 1-1, min. 27: Ighalo; 2-1, min. 80: Mario Bermejo.

Árbitro: Muñiz Fernández, do comité asturiano. Amonestou a Orellana, Jonny, Demidov (polo Celta) e a  Recio, Nyom e Aranda (polo Granada).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 25ª da Liga BBVA, disputado no Estadio de Balaídos, diante de 18.418 espectadores. No descanso do partido leuse un manifesto co gallo do 150 aniversario da publicación de 'Cantares Gallegos', de Rosalía de Castro.

Final: Celta 2 - 1 Granada

Final en Balaídos, cunha victoria do equipo vigués por dous goles a un, tantos de Aspas e Bermejo. O gol andaluz, o do empate, foi obra de Ighalo.

Victoria importante que significa un bo comezo para o novo adestrador do Celta, Abel Resino.

sábado, 23 de febrero de 2013

Celta - Granada (A previa)

Granada e Celta na primeira volta | LOF
Estadio Municipal de Balaídos (17:00 horas) | Tralos acontecimientos vividos esta semana en Casa Celta coa (lamentable, polas formas) destitución de Paco Herrera e a chegada de Abel Resino ó banco celeste, volven a encontrarse Granada e o Celta e outra vez nunha situación importante, por delicada, para os vigueses.

Os andaluces buscarán afastarse definitivamente dos postos delicados da táboa clasificatoria, tendo unha grande progresión desde que Lucas Alcaraz se fixo cargo do equipo. O Granada é décimo cuarto, con 26 puntos, dos que exactamente a metade, 13, os conseguiu nos seus desprazamentos fora da casa, algo que terán que ter en conta os nosos.

Viaxaron a Vigo os seguintes xogadores: Roberto e Toño, na portería, ademáis de Juanma Ortiz, Siqueira, Nyom, Íñigo López, Diego Mainz, Borja Gómez, Iriney, Recio, Mikel Rico, Brahimi, Buonanotte, Torje, Nolito, El Arabi, Aranda e Ighalo. Quedaron na capital andaluza por lesión, os xogadores Yebda, Diakhaté, Fran Rico e Dani Benítez e por decisión técnica Lucena e Brayan Angulo.

Mentres o Celta convoca a tódos os seus xogadores disponibles, quedando únicamente fora da lista por lesión Túñez, Samuel e Hugo Mallo. Non se espera que Abel Resino faga moitos cambios no sistema de xogo dos vigueses e ademáis así o manifestou públicamente. Se acaso, si introducirá trocos en canto a intensidade e xa estivo ensayando cos seus xogadores en xogadas de estratexia, un punto flaco dos celestes.

Os vinte convocados por Resino son Javi Varas e Sergio Álvarez na portería, ademáis de Lago, Jonny Castro, Gustavo Cabral, Borja Oubiña, Vila, Álex López, Pranjic, Demidov, Bellvis, Toni, Augusto Fernández, Natxo Insa, Krohn-Dehli, Mario Bermejo, De Lucas, Fabián Orellana, Park e Iago Aspas.

O Celta ocupa a posición antepenúltima, con 20 puntos. No partido de ida, xogado na xornada 6, o Granada venceu ó Celta por 2 a 1. Arbitrará o asturiano Muñiz Fernández.

Desde Preferencia Celeste queremos, se cabe mais agora, adherirnos á solicitude do clube de unir afección e equipo nestes momentos delicados para o Celta. Lembramos que no Estadio, coa axuda do speaker, se corearán os nomes dos xogadores, e se cantará o himno a capella cando salten ó campo os xogadores. #XuntosConseguirémolo

A previa farémola na Cafetería Las Gradas, a partires das 16:00 (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio) desde onde partiremos ó campo.

E como sempre, o de sempre. Ala Celta!!!


viernes, 22 de febrero de 2013

Carta aberta de Preferencia Celeste a Paco Herrera

Querido Paco:

Foto de marca.com

Dende Preferencia Celeste, e cremos falar por toda a afección, grazas por todo o traballo feito neste tempo ó cargo do Real Club Celta.

Cómo non agradecerche todo o feito nestes anos. Co teu traballo, co teu esforzo, coa túa suor.

Tantas alegrias, tantas emocións, tantos momentos unindo á afección...

Nun clube coma o Celta no que pasan innumerables persoas: xogadores, adestradores, presidentes... pero no que se mantén inalterables son a afección e o propio clube; ti non serás unha persoa máis, non caerás no esquecemento desta afección. Cos teus acertos e tamén cos teus erros conectaches enseguida coa xente e lograches formar un grupo humano que nos voltou a crer neste equipo e a vivir este sentimento celeste con mais forza que nunca. O ascenso logrado o ano pasado fará que non podamos esquecer nunca a túa presencia neste clube.

Agora se separan os camiños do Celta e o teu propio, e non podemos máis que desexarte a maior das sortes nos teus futuros proxectos. Perdemos un gran adestrador, pero gañamos a un amigo, e, como ti mesmo tes dito, un socio e un celtista mais.

Sempre levarás o Celta no corazón e nos sempre te levaremos a ti no noso.

Por tanto que nos tes dado, grazas.


 
Vídeo homenaxe de CeltaTV

jueves, 21 de febrero de 2013

Sangue Celeste: Doazón de sangue (mañán venres)

Desde a Federación de Peñas se solicita a colaboración de toda a familia celtista para doar sangue, para as persoas que máis podan necesitalo, que pode ser calquera de nós.

Mañán venres 22 de febreiro, unha unidade do Centro de Transfusión de Galicia trasladarase ós baixos do Estadio Municipal de Balaídos, entre as 15:30 e as 21:00 horas. A tódalas persoas que se acheguen se leverán unha camiseta e unha piruleta de balde.

Para este sinxelo e rápido acto, hai que ser maior de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e ter boa saúde. Se precisas más información, podes chamar de balde ó teléfono 900 100 828 (de 8 a 22 horas) ou na propia unidade móbil. También tes información no sitio web do Centro de Transfusión de Galicia.

sábado, 16 de febrero de 2013

Final: Xetafe 3 - 1 Celta

Final no Coliseo Alfonso Pérez con nova derrota do Celta por tres goles a un. Colunga, Diego Castro e Fede Fernández anotaron polos madrileños, mentres que Augusto Fernández anotou o solitario gol dos vigueses, que significara o empate. Ó longo da tarde, a crónica.

viernes, 15 de febrero de 2013

Xetafe - Celta (A Previa)

Partido de ida disputado en Balaídos | Foto: Tomás Rodríguez
Coliseum Alfonso Pérez (16:00) | Xetafe e Celta inauguran a xornada de sábado na Liga BBVA nun a priori intenso encontro que se disputará no Coliseum Alfonso Pérez, correspondente á xornada 24.

Os azulóns buscan neste encontro unha victoria que lles permitiría alonxarse case definitivamente dos postos de descenso. Os madrileños son décimo segundos, con vintenove puntos, a nove do antepenúltimo, posto que ocupan os vigueses. Mentres, os celestes disputan a primeira das quince finales que lle quedan de aquí a xuño, e unha victoria no Alfonso Pérez significaría unha importante inxección de moral tralas últimas derrotas en Pamplona e en Vigo, fronte ó Valencia.

A novidade máis salientable na convocatoria do Celta será a inclusión nos dezaoito xogadores do xuvenil Santi Mina. Entre as baixas, Paco Herrera non poderá contar con Oubiña, quen cumplirá ciclo de tarxetas. Caen tamén da convocatoria De Lucas, con molestias, e Túñez, cunha contusión, ademáis dos lesionados de longa duración Samuel Llorca e Hugo Mallo. Tampouco entrou na convocatoria por decisión técnica Toni.

Entre os xogadores ós que os de Herrera deberán prestar atención atópase Diego Castro, fillo do que fora técnico do Celta, Fernando Castro Santos. Un xogador dos que fan pouco ruido, pero un auténtico motor para o conxunto do sur da capital.

Na ida en Vigo, o Celta venceu ó Xetafe por dous goles a un, tantos anotados por Augusto Fernández e Park. O gol da honra madrileña foi anotado polo marroquí Barrada.

Os vigueses estarán ben acompañados na localidade madrileña onde se desprazarán numerosos siareiros do Celta ós que se sumarán os que viven na capital e contorna.

Desde Preferencia Celeste faremos a previa desde as 15 horas na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio de Balaídos) á que quedades todos convidados para vivir unha nova festa do celtismo.

E como sempre, o de sempre, Ala Celta!!!


jueves, 14 de febrero de 2013

Sangue Celeste: Doazón de sangue (22.02.2013)

Desde a Federación de Peñas se solicita a colaboración de toda a familia celtista para doar sangue, para as persoas que máis podan necesitalo, que pode ser calquera de nós.

O vindeiro venres 22 de febreiro, unha unidade do Centro de Transfusión de Galicia trasladarase ós baixos do Estadio Municipal de Balaídos, entre as 15:30 e as 21:00 horas. A tódalas persoas que se acheguen se leverán unha camiseta e unha piruleta de balde.

Para este sinxelo e rápido acto, hai que ser maior de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e ter boa saúde. Se precisas más información, podes chamar de balde ó teléfono 900 100 828 (de 8 a 22 horas) ou na propia unidade móbil. También tes información no sitio web do Centro de Transfusión de Galicia.

sábado, 9 de febrero de 2013

Celta 0 - 1 Valencia (A Crónica)

Orellana nun lance do partido | Foto: RC Celta
Xusta victoria do Valencia este serán en Balaídos fronte a un Celta que hoxe recuperou a esencia do seu xogo, pero non foi suficiente fronte a un Valencia que demostrou de sobra o por qué da súa clasificación en Liga.

Comezou máis forte o Valencia. Pero unha vez se meteu o Celta no partido, pasada a media hora de xogo, o xogo e as oportunidades eran dos vigueses, quenes tiveron a máis clara ocasión en mans de Aspas, que desviou Guaita a corner.

Pero non daban sensación de perigo os de Herrera e sí os de Valverde, quenes ó fío do descanso poideron marchar con vantaxe no marcador, cun remate de Rami que se estrelou no pau de Varas.

O comezo do segundo tempo, xogada para a polémica. Centro na área do Celta que remata de cabeza Roberto Soldado ás redes de Javi Varas, gol anulado polo xuiz de liña. Soldado estaba en liña coa defensa céltica.

O partido entrou nunha fase tola de toma e daca na que os valencianistas daban máis sensación de perigo, con dúas grandes intervencións de Varas, a remate de Jonas e Feghouli. Entraban as presas nos pupilos de Paco Herrera quenes xogaban mais co corazón que coa cabeza.

E cando se daba por bo o empate, centro de Joao Pereira ó segundo pau no que se adiantou Valdez á defensa viguesa e rematou a pracer. Era o minuto 93 de partido. Gol e final en Balaídos cunha nova derrota do Celta.

Debutou Orellana e quen obviamente lle falta integración no xogo do equipo, pero deu mostras da súa grande calidade. Quinta amarela para Oubiña, e o capitán non poderá estar a semán que ven en Xetafe.

FICHA DO PARTIDO:

0-R.C.Celta: Javi Varas, Jinny, Demidov, Túñez, Bellvís, Oubiña, Álex López (Pranjic, mjn.81), Kronh-Dehli, Orellana, Augusto (Mario Bermejo, min.50) e Iago Aspas (Park, min.84).

1-Valencia C.F.: Guaita, Barragán, Rami, R. Costa, Cissokho (Joao Pereira, min.37), Albelda (Dani Parejo, min.60), Banega, Tino Costa, Feghouli, Jonas (Valdez, min.88) e Soldado.

Goles: 0-1: min.93: Valdez

Árbitro: Teixeira Vitienes, do comité cántabro. Regular e mal asistido polas bandas. Amonestou a Oubiña e Iago Aspas (R.C. Celta); e a R. Costa, Tino Costa, Barragán e Feghouli (Valencia C.F.)

Partido disputado no Estadio Municipal de Balaídos, diante de 18.710 siareiros, según datos do clube vigués, en tarde fría, pero perefecta para a práctica do fútbol.

Final: Celta 0 - 1 Valencia

Final no Municipal de Balaídos, cunha xusta derrota do Celta diante do Valencia con gol de Nelson Valdez no tempo de desconto. En breves, a crónica.

Celta – Valencia (A Previa)

Ferghouli intenta frenar a Lago. Foto: AFP
Celta – Valencia (09.02.2013): A Previa

Estadio de Balaídos 18:00 | Apasionante enfrontamento que se vivirá mañán no Municipal de
Balaídos entre Celta e Valencia, un Celta que xa non ten moita marxe de erro, tralo importante
traspés que tivo o pasado sábado no Reyno de Navarra, na que perdeu pola mínima fronte ó
Osasuna.

O Valencia chega a Vigo coa mirada posta nos postos de Champions (é sexto con 34 puntos a
só dous dos postos que dan o pase á maior competición continental) e malia o seu importante
encontro o vindeiro martes diante do Paris Saint Germain, ida dos octavos de final da
Champions na capital francesa, son conscentes que unha victoria en Vigo lle daría opcións
serias nas súas aspiracións para a súa clasificación para a Liga de Campións.

Mentres, o Celta é conscente que as súas aspiracións de permanencia pasan por ganar todo
o que resta en Vigo, un obxectivo no que non estarán solos, pois mesmo onte pola tarde
déronse un baño de celtismo nos campos da Madroa, no entrenamento dos vigueses. Unha
mensaxe de unidade que tamén deu o presidente Mouriño, que apoiou públicamente a
Herrera tralo entrenamento do martes pasado. Os celestes ocupan o posto 18, con 20 puntos.

Roberto Lago non poderá disputar este encontro por acumulación de cartóns, ademáis dos
lesionados Hugo Mallo e Samuel Llorca, dándolle a oportunidade de sair de titular a Carlos
Bellvís. Outra novidade poderia ser a saída do chileno Fabián Orellana, fichaxe estrela deste
inverno dos vigueses e cómo encaixaría no once de Herrera. Nós apostamos por Orellana en
punta acopañando a Aspas.

No partido de ida, venceron os valencianistas por 2-1 en encontro correspondente á xornada 4
(15-09-2012), disputado en Mestalla, nun partido no que os vigueses deron a cara fronte a un
grande.

Desde Preferencia Celeste farémola previa ás 17:00 na Cafetería Las Gradas (fronte ó Estadio
de Balaídos) desde onde partiremos a continuación para animar ós nosos sen descanso.
Convidámoste a esta festa do celtismo.

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!


sábado, 2 de febrero de 2013

Osasuna 1 - 0 Celta (A Crónica)

Mario Bermejo no encontro de hoxe | EFE, vía Diario de Navarra
Mal partido dos de Herrera, que non souberon aproveitar as súas oportunidades e ó final pagouno caro fronte a un rival directo pola permanencia.

Comezou ben o Celta, que aínda que se atopaba por debaixo do Osasuna en tempo de posesión do coiro, parecía chegar máis claramente á meta defendida por Andrés Fernández. Ós seis minutos de partido, Iago Aspas non chegou por pouco a un balón que chapou ben o cancerbeiro navarro na frontal da área.

No minuto 23, sería Borja Oubiña quen marrou rematando fora outra clara ocasión.

Foron pasando os minutos e os celestes foron diluíndose, comenzando a chegar con máis claridade e perigo os vermellóns, que non se adiantaron no marcador grazas as providenciais paradas de Javi Varas, hoxe o mellor dos olívicos. O borde do descanso foille anulado un gol a Rubén, por falta a Varas.

Trala reanudación, ós catro minutos, Aspas tirou desde fora da área, un balón que marchou por riba da meta de Osasuna.

Sería un espellismo, pois ós 9 minutos, tras unha xogada de ataque navarra, un balón repelido pola defensa céltica foi parar ós pés de Armenteros, na frontal da área chica e libre de marca, quen fusilou a Varas.

Un a cero e Osasuna lonxe de repregarse, seguiu asediando a meta do Celta en busca do segundo. O Celta só reaccionou nos derradeiros 15 minutos de xogo, na que Álex López marrou unha clara ocasión a falta de 8 para o final, lanzando o balón alto.

Arbitrou Hernández Hernández, correcto, non influindo no resultado final do encontro. O cartón amarelo que lle mostrou a Roberto Lago no minuto 9, por derrubar a un contrario, conleva suspensión para o canteirán vigués.

Como única nota positiva do encontro, destaca o feito que no goal average particular entre vigueses e pamplonicas, este é favorable ó Celta pola victoria en Vigo por dous a cero.

FICHA TÉCNICA

1 - C.A. Osasuna: Andrés Fernández; Damiá, Rubén, Flaño, Nano; Cejudo (Silva, min.68), Lolo (Lou, min.88), Oier, Nino, Armenteros; Kike Sola (Llorente, min.65).

0 - R.C. Celta: Varas; Lago, Cabral (Toni, min.61), Túñez, Demidov; Jony, Oubiña, Pranjic, De Lucas (Park, min.61); Mario Bermejo y Aspas.

Gol: 1-0, Armenteros, min. 59.

Árbitro: Alejandro Hernández Hernández, do comité de Las Palmas. Mostrou cartóns amarelos a Roberto Lago (min. 9), Mario Bermejo (min. 32) e Toni (min. 82) polo Celta e Rubén González (min. 58) e Damiá (min. 84) polo Osasuna.

Partido correspondente á Xornada 22 da Liga BBVA disputado a tarde do sábado 2 no Estadio Reyno de Navarra de Pamplona, nun terreo de xogo en malas condicións para a práctica do fútbol.

Final: Osasuna 1 - 0 Celta

Final en Pamplona con derrota del Celta. 1-0. Armenteros anotó en el 54 en un tiro potente desde el borde del área libre de marca. Lo único positivo, el goal average a favor nuestra, por la victoria en Vigo por 2-0. En breves la crónica.

viernes, 1 de febrero de 2013

Osasuna - Celta (A Previa)

O Celta festexa o segundo gol na ida | Foto: Tomás Rodríguez
Estadio de El Sadar (Sábado 2, 16:00) | Partido a cara de can o que disputarán mañán Osasuna e Celta no Estadio de El Sadar de Pamplona. Dous equipos situados na zona baixa da táboa clasificatoria ós que só lles vale a victoria para pór terra por medio dun rival directo pola permanencia. Nembargantes, un empate entre os dous conxuntos beneficiaría ó Celta por mor da victoria dos vigueses en Balaídos por dous goles a cero na primeira volta.

Chega o Celta a Pamplona bastante tocado, pois non poderá contar con Krohn-Delhi (por acumulación de amonestacións) e Augusto Fernández (expulsado de Balaídos o sábado pasado, fronte á Real), ós que se suman os lesionados Samuel Llorca e Hugo Mallo. Tampouco estará Paco Herrera no banco por terlle sido amosado o cartón vermello en Balaídos. Foi sancionado polo Comité de Competición con dous partidos que cumplirá mañán en Pamplona e á semán seguinte en Vigo fronte ó Valencia.

Como nota positiva, a recuperación de Andrés Túñez, que onte recibiu á alta médica e estará a disposición do clube olívico, aínda que, segundas súas verbas, terá moita competición con Demidov e Cabral que están facendo unhas boas actuacións na súa demarcación.

Iago Aspas evolucionou favorablemente das súas molestias de espalda e espérase poida saír mañán de titular.

Non parece que a fichaxe estrela dos vigueses no mercado de inverno, O Poeta Fabián Orellana salte ó terreo de xogo, pois o Celta acaba de anunciar a súa presentación ós medios de comunicación o vindeiro domingo en Balaídos. O chileno volverá a defender unhas cores que xa vestiu hasta xuño, sendo determinante para o ascenso do Celta á Liga das Estrelas. A súa fichaxe concretouse ó fío da pasada medianoite, e defenderá a camisola do Celta nos vindeiros tres anos e medio.

O Osasuna é décimo oitavo, con dezaoito punto, dous menos que o Celta que ocupa o posto décimo sexto. Os de Pamplona mostranse especialmente fortes no seu campo, no que conseguiron trece dos dezaoito puntos que lucen no seu casilleiro.

Desde PREFERENCIA CELESTE animaremos ós nosos desde a nosa sede, Cafetería Las Gradas (Avenida de Fragoso, 92, fronte ó Estadio de Balaídos) e quedades todos convidados para vivir con nós esta festa do celtismo.

E como sempre, o de sempre, Ala Celta!!!