viernes, 15 de febrero de 2013

Xetafe - Celta (A Previa)

Partido de ida disputado en Balaídos | Foto: Tomás Rodríguez
Coliseum Alfonso Pérez (16:00) | Xetafe e Celta inauguran a xornada de sábado na Liga BBVA nun a priori intenso encontro que se disputará no Coliseum Alfonso Pérez, correspondente á xornada 24.

Os azulóns buscan neste encontro unha victoria que lles permitiría alonxarse case definitivamente dos postos de descenso. Os madrileños son décimo segundos, con vintenove puntos, a nove do antepenúltimo, posto que ocupan os vigueses. Mentres, os celestes disputan a primeira das quince finales que lle quedan de aquí a xuño, e unha victoria no Alfonso Pérez significaría unha importante inxección de moral tralas últimas derrotas en Pamplona e en Vigo, fronte ó Valencia.

A novidade máis salientable na convocatoria do Celta será a inclusión nos dezaoito xogadores do xuvenil Santi Mina. Entre as baixas, Paco Herrera non poderá contar con Oubiña, quen cumplirá ciclo de tarxetas. Caen tamén da convocatoria De Lucas, con molestias, e Túñez, cunha contusión, ademáis dos lesionados de longa duración Samuel Llorca e Hugo Mallo. Tampouco entrou na convocatoria por decisión técnica Toni.

Entre os xogadores ós que os de Herrera deberán prestar atención atópase Diego Castro, fillo do que fora técnico do Celta, Fernando Castro Santos. Un xogador dos que fan pouco ruido, pero un auténtico motor para o conxunto do sur da capital.

Na ida en Vigo, o Celta venceu ó Xetafe por dous goles a un, tantos anotados por Augusto Fernández e Park. O gol da honra madrileña foi anotado polo marroquí Barrada.

Os vigueses estarán ben acompañados na localidade madrileña onde se desprazarán numerosos siareiros do Celta ós que se sumarán os que viven na capital e contorna.

Desde Preferencia Celeste faremos a previa desde as 15 horas na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio de Balaídos) á que quedades todos convidados para vivir unha nova festa do celtismo.

E como sempre, o de sempre, Ala Celta!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario