miércoles, 31 de octubre de 2012

Copa Ida 16º: Almeria 2-0 Celta

O Celta se enfronta hoxe 31 de Outubro ás 20:00 ó Almería no "Estadio del Mediterráneo", nun partido no que con toda probabilidade debutará o canteirán Madinda co dorsal 29 ás costas. O partido pode ser unha oportunidade para reivindicar novamente a canteira céltica. O partido de volta se retrasa ata finais de novembro.

O partido toca escoitalo na radio, xa que ningunha TV o bota en directo.

Logo do partido o equipo viaxará a Barcelona para concentrarse ante o importante partido de liga no Nou Camp contra o líder temporal da primeira división.

martes, 23 de octubre de 2012

#ONosoDerbi Celta 1-1 Coruña

Este Sábado 27 de Outubro ás 20:00 volve a festa do fútbol galego en primeira a Balaídos cun Celta no posto 13 empatado a puntos con Zaragoza e Real Sociedad, e cun Coruña en postos de descenso necesitado de puntuar.

O Coruña buscará desesperadamente a victoria que o saque de postos de descenso logo de encaixar 5 goles na casa contra o líder da Liga.

O Celta, logo do partido contra o Real Madrid, só pode pensar en puntuar, xa que unha derrota nos deixaría caer no pozo do descenso.

Neste partido, o míster Paco Herrera cumplirá 100 encontros á fronte do Celta. Desexamos a Herrera a maior sorte para este importante encontro.

Para a previa asistiremos á comida que organiza a peña Lío en Río nos arredores de Balaídos, e para o post-partido iremos tomar algo ó Faneco no Casco Vello.

Desde as redes sociais se pide a todo o celtismo que no momento de saír os xogadores ó campo se cante o himno do Celta con todas as forzas posibles, para tentar que soe máis forte nas nosas gorxas que na megafonía do estadio. O Celta necesita de todo o noso alento neste partido.

Coma sempre o de sempre... HALA CELTA!!!


viernes, 12 de octubre de 2012

Prazas esgotadas para a Viaxe a Madrid

As prazas para a viaxe a Madrid coa Federación de peñas están xa esgotadas! Desculpade as molestias quenes ainda non solicitáchedes praza, pois está xa todo cuberto e non é posible reservar máis prazas no autobús.

miércoles, 10 de octubre de 2012

Celta 3-1 Lugo (amigable)

Hoxe Mércores 10 de Outubro, a partires das 17:30 da tarde, o Celta mídese ó Lugo nun partido amigable no Estadio Municipal de Balaídos.

O Celta abre a grada de Tribuna para que aqueles que o desexen, poidan ver o partido de xeito gratuíto.

sábado, 6 de octubre de 2012

Real Madrid 2-0 Celta

O Sábado 20 de Outubro ás 18:00, o Real Club Celta mídese ó campión da liga pasada no seu estadio. Un partido difícil, pero non imposible, sempre e cando o Celta sexa capáz de manter a defensa no seu sitio. O Celta botará man do mellor do noso equipo para conseguir puntuar nun dos estadios máis difíciles do mundo, neste novo chanzo no noso Tourmalet particular.

Recordade que Preferencia Celeste viaxa coa Federación de Peñas no desprazamento en bus para este partido. Podedes ver información deste desprazamento na seguinte ligazón


martes, 2 de octubre de 2012

Viaxa a Madrid coa FdP

A Federación de peñas está a organizar unha viaxe para o partido que enfrontará ó Real Madrid co Real Club Celta de Vigo o vindeiro Sábado 20 de Outubro ás 18:00 no Estadio Santiago Bernabeu.

O prezo da viaxe é de 75€ para peñistas e abonados, e 85€ para público en xeral, e inclúe o transporte en autobús ata Madrid, a noite de hotel do sábado para o domingo e o almorzo do domingo. Non está incluído no prezo a entrada ó estadio, que rondará uns 40€ aproximadamente. A saída é o sábado ás 07:00 do Estadio de Balaídos e a volta inda non está pechada pero é o domingo.

Se estades interesados en vir a Madrid, contactade tan pronto como sexa posible coa secretaría de Preferencia Celeste no seguinte enderezo: secretaria@preferenciaceleste.com (para contacto de outros temas utilizade preferenciaceleste@gmail.com )

Faite socio de Preferencia Celeste e benefíciate neste e nos vindeiros desprazamentos coa nosa peña.



Celta 2-0 Sevilla

O Real Club Celta recibe en Balaídos a un dos grandes da primeira división nun horario novo para o equipo. Con este partido iniciamos o Tourmalet da primeira volta, no que esperamos que o Celta poida por fin traer os tres puntos dos partidos de fóra da casa.


Granada 2-1 Celta

O Granada impúxose nun partido no que o Celta dominou, pero non foi bastante para puntuar. É a terceira derrota do celta fóra da casa, dun Celta que emociona pero non acaba de dar todo o que pode.