sábado, 22 de marzo de 2014

Viaxa a Vallecas con #PreferenciaCeleste para o Rayo-Celta. Prezo do bus:35€

Viaxa connosco a Vallecas para o importantísimo partido do Celta fronte ó Rayo Vallecano do vindeiro Sábado 05/04/14 ás 22:00h.

Sairemos do Estadio de Balaídos o propio Sábado 5 de Marzo ás 08:00, con idea de chegar arredor das 15:30/16:00 a Madrid, previa con Morriña Celeste ou día enteiro na cidade, asistencia ó partido, e volta logo do partido.

Nesta web e a través do noso twitter faremos públicos os horarios para anotarse e pagar a viaxe. Recordade que para confirmar a praza é necesario pagar os 35€ do bus. Non se terán en conta reservas que non sexan abonadas no momento.

Só dispoñemos de prazas de bus, e xa non xestionamos máis entradas. Se queredes praza de bus escribídenos un e-mail a preferenciaceleste@gmail.com e vemos como facer para pagar a reserva de praza. Prezo bus: 35€

Para anotarse é necesario que veñades cunha fotocopia do DNI polas dúas caras lexible e o seguinte formulario (tamén hai formularios dispoñibles en Las Gradas). Os menores tamén teñen que traer a autorización (tamén hai autorizacións dispoñibles en Las Gradas) asinada por un titor, e a fotocopia do seu DNI e do titor que autorice a viaxar. 

O prezo do bus é de 35€ (30€ para peñistas da nosa peña). O prezo da entrada, feito público hoxe Luns 31 de Marzo, é de 35€. Da xente que viaxa connosco, quen queira que lle xestionemos a compra da entrada terá que facer efectivo o pago da mesma nos prazos que indiquemos unha vez se publicite o prezo.


Rayo - Celta

 

viernes, 21 de marzo de 2014

Celta - Málaga (A Previa)

Estadio Municipal de Balaídos (21:00) | Celta e Málaga enfróntanse esta noite en Balaídos para afastarse definitivamente do perigo dos postos de descenso. O Celta desde un cómodo 11º posto, con 33 puntos, pero só a 5 dos postos de abaixo. O Málaga, en cambio, está mais perto do abismo, 14º, con 29 puntos, a só un dos postos de descenso.

Importante, por tanto, este partido entre rivais "da mesma Liga" no que a gañador sairá moi reforzado cara á permanencia na Liga BBVA. No clube vigués, conscentes disto, puxeron á venda ós seus abonados entradas a só 10 euros, sendo un éxito a medida e Balaídos terá un bo aspecto esta noite.

Luis Enrique non quere relaxacións, cualificou o partido de "básico" para o Celta e opina que o 0-5 da ida non pode servir como referencia, pois considera que os da Costa do Sol teñen capacidade para "facer calquera cousa".

Bernd Schuster, pola súa banda, espera sacar algo positivo da súa visita a Vigo, tralas boas sensacións dos últimos partidos do Málaga (perda pola mínima fronte ó Real Madrid e contundente vitoria en Pamplona, fronte ó Osasuna, por 0-3). Do Celta, o alemán di que "é un equipo dificil, xoga moi ben e fai dano, pero intentaremos frealos".

CONVOCATORIAS:

RC Celta: Sergio Álvarez e Yoel Rodríguez; Hugo Mallo, Fontàs, David Costas, Íñigo López, Jonny e David Goldar; Borja Oubiña, Rafinha, Augusto Fernández, Krohn-Dehli e Madinda; Charles, Nolito, Orellana, Bermejo e Santi Mina.

Málaga CF:  Kameni e Willy; Weligton, Flávio, Camacho, El Hamdaoui, Portillo, S. Cruz, Iakovenko, P. Pérez, Angeleri, Duda, Eliseu, S. Sánchez, Amrabat, Samuel, Juanmi e S. Darder.

ANTECEDENTES:

Celta e Málaga enfrontáronse en 7 ocasións no Municipal de Balaídos na Liga BBVA con resultado de dúas vitorias para o Celta, dous empates e tres derrotas. O mellor resultado para os celestes en Vigo foi un 2-0, conseguido na primeira xornada da tempada 2005-2006. No partido de ida, o Celta venceu na Rosaleda cun contundente 0-5.

Arbitrará Gil Manzano do colexio extremeño, quen só pitou nunha ocasión ó Celta na Liga BBVA con vitoria para os celtiñas.

VIAXE A VALLECAS DE PREFERENCIA CELESTE:

Preferencia Celeste viaxará co Celta a Vallecas. Podes incribirte para esta viaxe por só 35 € (30 € para os nosos peñistas) desde hoxe mesmo na previa. Tes toda a información nesta entrada e puntualmente nas nosas redes sociais.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE a partires das 18 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-), desde onde partiremos a continuación a Balaídos.

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

sábado, 15 de marzo de 2014

Levante - Celta (A Previa)

Nós cremos no Celta!
Cidade de Valencia (16:00) | Levante e Celta enfróntanse esta tarde no Cidade de Valencia, na que o Celta busca revertir a situación na que leva tres partidos sen coñecer a vitoria. Mentres, o Levante non quere perder o tren para clasificarse en competicións europeas.

O Levante, que ocupa a décima posición con 36 puntos, a 7 dos postos que dan clasificación a Europa, chega a este partido coa baixa de David Navarro, por acumulacións de cartóns, ó que competición non lle retirou a quinta amarela recibida no partido contra o Real Madrid. Joaquín Caparrós di que "un resultado positivo axudaranos dar un pasiño mais".

O Celta, clasificado no posto 12, con 30 puntos, vese na obriga dun resultado positivo, pois nas tres últimas xornadas veu reducida a diferencia cos postos de descenso. Chega sen a súa referencia Rafinha, baixa por segunda semana consecutiva, pero Luis Enrique quere "complicarlle a vida ó Levante".

CONVOCATORIAS:

Levante UD: Keylor Navas e Javi Jiménez; Rodas, Vyntra, Juanfran, Nikos e Pedro López; El Zhar, Rubén, Xumetra, Sèrgio, Ivanschitz, Sissoko, Pape Diop e Simao; Casadesús, Barral e Babá.

RC Celta: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Íñigo López, Cabral e David Costas; Oubiña, Álex López, Madinda, Krohn-Dehli e Augusto; Bermejo, Nolito, Charles, Orellana e Santi Mina.

ANTECEDENTES:

Celta e Levante enfrontáronse en tan só ocasións no Cidade de Valencia na Liga BBVA, con resultados esperanzadores para os de Vigo: un empate e unha vitoria. No partido de ida, o Celta perdeu por 0-1 en partido marcado por un apagón no comezo do segundo tempo nunha noite de luns moi desapacible en Vigo.

Arbitrará o canario Alejandro Hernández Hernández, con quen non perdeu o Celta en Primeira.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE a partires das 16 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

sábado, 8 de marzo de 2014

Celta - Atlético de Madrid (A Previa)

(Rosendo | RC Celta)
Estadio Municipal de Balaídos (20:00) | Interesante partido o que Celta - Atlético de Madrid nos ofrecerán este serán no vello coliseo do Fragoso. Chega o terceiro clasificado da Liga BBVA e grata sorpresa desta Liga na que rompeu o binomio R. Madrid/Barcelona na parte alta do taboleiro.

O Celta quere convertir Balaídos nun fortín, no que leva seis partidos sen coñecer a derrota, e persiguir conseguir os tres puntos que o asenten aínda máis na zona cómoda da clasificación (11º con 30 puntos). Mentres o Atlético (3º con 61 puntos) chega coa obriga de gañar para non descolgarse de Real Madrid (a tres puntos) e Barcelona (a dous) na loita polo Campionato.

Chega este Atlético coas baixas de Arda Turan, Diego Godín e Diego Costa, por acumulación de cartóns, pero non debe menosprezarse ós seus recambios. Simeone, o seu adestrador, alabou o xogo do Celta, dicindo que "requerirá un grande esforzo" para eles e que a clave será "xogar en equipo".

Para Luis Enrique, o Atlético é un dos favoritos para gañar a Liga e non quixo valorar as baixas dos colchoneiros. Declarou que o Celta "sairá polos tres puntos".

CONVOCATORIAS:

RC Celta: Yoel e Sergio; Hugo Mallo, Fontàs, Oubiña, Álex López, Nolito, Charles, Orellana, Aurtenetxe, Madinda, Jonny, Íñigo López, Cabral, Krohn-Delhi, Augusto, Welliton e Santi Mina.

Atlético de Madrid: Aranzubía e Courtois; Filipe Luis, Alderweireld, Giménez, Juanfran, Insúa e Miranda; Mario Suárez, Koke, Raúl García, Cristian Rodríguez, Gabi, Diego, Sosa e Nana; Adrián e Villa.

ANTECEDENTES:

Celta e Atlético disputaron un total de 45 partidos en Balaídos na división de honra 16 vitorias para os de Vigo, 11 emaptes e 18 derrotas, con 59 goles a favor e 66 en contra. A meirande vitoria para o Celta foi na xornada 13 da tempada 1954-55 cun contundente 8 a 1. Na primeira volta o Celta perdeu por 2-1.

Arbitará Mateu Lahoz (colexio valenciano) a quen lle pitou en dúas ocasións ó Celta como local na Liga BBVA cunha vitoria e un empate para os de Vigo.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE onde FAREMOS A PREVIA a partires das 19 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-), desde onde partires cara ó Estadio a continuación.

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!