sábado, 9 de febrero de 2013

Celta 0 - 1 Valencia (A Crónica)

Orellana nun lance do partido | Foto: RC Celta
Xusta victoria do Valencia este serán en Balaídos fronte a un Celta que hoxe recuperou a esencia do seu xogo, pero non foi suficiente fronte a un Valencia que demostrou de sobra o por qué da súa clasificación en Liga.

Comezou máis forte o Valencia. Pero unha vez se meteu o Celta no partido, pasada a media hora de xogo, o xogo e as oportunidades eran dos vigueses, quenes tiveron a máis clara ocasión en mans de Aspas, que desviou Guaita a corner.

Pero non daban sensación de perigo os de Herrera e sí os de Valverde, quenes ó fío do descanso poideron marchar con vantaxe no marcador, cun remate de Rami que se estrelou no pau de Varas.

O comezo do segundo tempo, xogada para a polémica. Centro na área do Celta que remata de cabeza Roberto Soldado ás redes de Javi Varas, gol anulado polo xuiz de liña. Soldado estaba en liña coa defensa céltica.

O partido entrou nunha fase tola de toma e daca na que os valencianistas daban máis sensación de perigo, con dúas grandes intervencións de Varas, a remate de Jonas e Feghouli. Entraban as presas nos pupilos de Paco Herrera quenes xogaban mais co corazón que coa cabeza.

E cando se daba por bo o empate, centro de Joao Pereira ó segundo pau no que se adiantou Valdez á defensa viguesa e rematou a pracer. Era o minuto 93 de partido. Gol e final en Balaídos cunha nova derrota do Celta.

Debutou Orellana e quen obviamente lle falta integración no xogo do equipo, pero deu mostras da súa grande calidade. Quinta amarela para Oubiña, e o capitán non poderá estar a semán que ven en Xetafe.

FICHA DO PARTIDO:

0-R.C.Celta: Javi Varas, Jinny, Demidov, Túñez, Bellvís, Oubiña, Álex López (Pranjic, mjn.81), Kronh-Dehli, Orellana, Augusto (Mario Bermejo, min.50) e Iago Aspas (Park, min.84).

1-Valencia C.F.: Guaita, Barragán, Rami, R. Costa, Cissokho (Joao Pereira, min.37), Albelda (Dani Parejo, min.60), Banega, Tino Costa, Feghouli, Jonas (Valdez, min.88) e Soldado.

Goles: 0-1: min.93: Valdez

Árbitro: Teixeira Vitienes, do comité cántabro. Regular e mal asistido polas bandas. Amonestou a Oubiña e Iago Aspas (R.C. Celta); e a R. Costa, Tino Costa, Barragán e Feghouli (Valencia C.F.)

Partido disputado no Estadio Municipal de Balaídos, diante de 18.710 siareiros, según datos do clube vigués, en tarde fría, pero perefecta para a práctica do fútbol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada