sábado, 30 de noviembre de 2013

Celta - Almería (A Previa)

A por eles!!! | Real Club Celta de Vigo
Estadio Municipal de Balaídos (18:00) | Celta e Almería disputarán esta tarde en Balaídos un interesante encontro na que ámbolos dous conxuntos buscarán afastarse mais dos postos perigosos do taboleiro clasificatorio e, no caso do Celta, buscar esa primeira vitoria en Vigo que se lle ven de resistir ós de Luis Enrique.

Igualdade case absoluta entre Celta e Almería na clasificación, con 12 puntos cada un deles, ocupando o Celta mellor posto por mor da diferenza de goles. Almería ven de encaixar 5 goles fronte ó Real Madrid no Juegos del Mediterráneo, mentres que o Celta perdeu en Anoeta por 4-3 fronte á Real Sociedad, despois de ir gañando 1-3, polo que haberá que estar pendentes en cómo afectará este resultado ós xogadores esta tarde.

Luis Enrique pediu o apoio de tódolos siareiros esta tarde, "sen ningunha dúbida". A bo seguro que non fallarán os incondicionais celestes hoxe en Balaídos. Francisco Rodríguez, entrenador do Almería, di que ambos conxuntos buscarán a vitoria hoxe en Vigo e avisa de que o Celta vailles esixir "o cento por cento".

Convocatorias:

Luis Enrique convocou ós seguintes 18 xogadores para este partido: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Aurtenetxe, Jonny, Toni, Cabral e David Costas; Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Krohn-Dehli e Augusto Fernández; Mario Bermejo, Nolito, Charles, Orellana e Santi Mina. Destacan a volta á convocatoria de Mario Bermejo e a volta de Oubiña, trala súa lesión nun dedo dun pe.

Mentres, Francisco Rodríguez vaixou a Vigo cos seguintes convocados polo Almería: Esteban e Ustari; Rafita, Nélson, Torsiglieri, Marcelo Silva, Trujillo, Raúl García e Dubarbier; Aleix Vidal, Marcos Tébar, Verza, Soriano, Azeez, Barbosa e Suso; Óscar Díaz e Dani Romera.

Antecedentes:

Almería e Celta nunca se enfrontaron na Liga BBVA. Arbitrará Ayza Gámez, quen lle pitou en dúas ocasións ó Celta como local, perdendo os vigueses ambos partidos con este árbitro.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos desde as 17:00 (CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).



Tamén podes adquirir participacións do 01.923 para a Lotaría de Nadal. Ou a nosa bufanda conmemorativa do 90 aniversario do Celta. Por só 10 €!

E como sempre, o de sempre... Ala Celta!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario