sábado, 7 de diciembre de 2013

Celta - Athletic Club (Copa): A Previa

Athletic e Celta en San Mamés este ano | Foto: Real Club Celta
Estadio Municipal de Balaídos (20:00) | Celta e Athletic Club disputarán esta noite un interesantísimo partido de dezaseisavos de final da Copa do Rei na que se espera un bo espectáculo, ó tratarse de dous equipos ós que lles gusta "mimar" o balón. Poderíamos estar diante dun partido con goles por ámbolos dous bandos.

O Celta chega a este partido coa moral alta tras conseguir a súa primeira vitoria en Balaídos esta tempada, ó vencer ó Almería por 3-1 o pasado sábado. E Athletic chega, se cabe mais aínda, aínda mais forte, tras gañar no Novo Estadio San Mamés ó todopoderoso FC Barcelona por 1-0.

En palabras de Luis Enrique, o Celta ten o obxectivo prioritario na Liga, pero iso non impedirá presentar en Balaídos un once "competitivo". Para o Athletic, en troques, a Copa "é prioritaria" tamén en verbas do adestrador celeste, non en vano, son o segundo equipo mais laureado, tralo Barcelona.

O Celta convocou ós seguintes xogadores para este enfrontamento: Sergio e Rubén Blanco; Mallo, Vila, Bellvís, Jonny, Cabral, David Costas e Javi Rey; Álex López, Rafinha, Orellana, Madinda e Krohn-Delhi; Bermejo, Nolito, David Rodríguez e Santi Mina.

Mentres, o Athletic Club viaxou a Vigo cos seguintes xogadores: Iraizoz, Toquero, Erik Morán, San José, Beñat, Iturraspe, De Marcos, Ibai, Iago Herrerín, Susaeta, Iraola, X.Etxeita, Mikel Rico, Gurpegi, Muniain, Aduriz, Ander Herrera, Balenziaga.

Ambente de gala en Vigo, co estadio a encher, moitos desprazados desde Bilbo, aproveitando a ponte festiva e bo rollo entre ámbalas dúas afeccións.

Celta e Athletic enfrontáronse anteriormente en seis eliminatorias, nas que o Celta só pasou en unha, a última ocasión en que se veron as caras Leóns e Celtiñas, en 1964. A meirande goleada acontecida nunca en Copa, foi un 12-1 que lle endosou o Athletic en San Mamés en 1947 (Fonte: Vavel.com).

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos desde as 19:00 (CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).



Tamén podes adquirir participacións do 01.923 para a Lotaría de Nadal. Ou a nosa bufanda conmemorativa do 90 aniversario do Celta. Por só 10 €!

E como sempre, o de sempre... Ala Celta!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada