sábado, 9 de noviembre de 2013

Celta - Rayo Vallecano (A Previa)

Park, no partido da tempada pasada | Foto: Ricardo Grobas (Faro de Vigo)
Estadio Municipal de Balaídos (22:00) | Celta e Rayo Vallecano enfróntanse hoxe no vello Balaídos con obxectivos moi diferentes, pero con propostas de xogo moi semellantes.

O Celta busca a que sería a primeira victoria en Vigo esta tempada e darlle unha ledicia á súa afección, tralas dúas conseguidas fora da casa, diante de Málaga e Sevilla. E, de paso, afianzar a boa liña de xogo mantida nos últimos partidos xogados polos celestes.

O Rayo, mentres, busca sair do posto de pechacancelas. Unha vitoria en Vigo axudaría moito e afrontarían o novo parón ligueiro dun xeito moi diferente, sen dúbida. Este partido representará, unha vez mais, a volta á que foi a súa casa durante tres tempadas para Roberto Trashorras. Outro vigués, aínda que sen pasado celtista, nos visitará, como é Iago Falque.

Ainda que o Rayo ocupa o derradeiro lugar na táboa clasificatoria, iso non é motivo para relaxarse tanto para os xogadores do Celta, como de Luis Enrique, quen declarou gustarlle o xogo dos madrileños, que teñen gusto polo balón, ó igual que o Celta, engadindo que este equipo terminará a tempada moito mais arriba do que indican os números actuais.

Convocatorias:

Luis Enrique convocou ós seguintes 18 xogadores para o partido desta noite: Sergio e Yoel (porteiros); Hugo Mallo, Fontás, David Costas, Jonathan Vila, Jonny, Toni, Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Orellana, Krohn-Delhi, David Rodríguez, Nolito, Charles, Augusto e Santi Mina. Quedan fora da lista Samuel, Bermejo, Aurtenetxe e Cabral por lesión e non entran na lista Bellvís e Levy Mandida.

Mentres, o Rayo de Paco Jémez desprazou a Vigo ós seguintes xogadores:  Cobeño e Rubén (porteiros), Tito, Arbilla, Nacho, Gálvez, Rodri, Trashorras, Baena, Saúl, Embarba, Lass, Perea, Iago Falque, Bueno, Larrivey, Jonathan Viera e Mojica.

Precedentes:

Celta e Rayo Vallecano enfrontáronse anteriormente en 11 ocasións en Balaídos en Primeira División, na que o empate é o resultado mais repetido: en 5 ocasións. Igualdade tamén no número de vitorias, 3 para cada equipo. 9 goles anotou o Celta, por 8 do Rayo. O resultado mais avultado foi un 2-0 para os de Vigo na tempada 1996/97. Na tempada pasada, pola contra, foi o Rayo quen se levou a vitoria, por 0-2, no partido correspondente á xornada 30.


Arbitrará Fernando Teixeira Vitienes do Comité Cántabro, con quen nunca gañou o Celta nas tres ocasións en que lle pitou en Balaídos en Primeira División.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos desde as 20:00 (CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

Lembrade que hoxe é o DERRADEIRO DÍA para facela reserva e pagar a viaxe que faremos a Donosti o vindeiro venres 22 de novembro, para presenciar o Real Sociedad – Celta.


Tamén podes adquirir participacións do 01.923 para a Lotaría de Nadal. Ou a nosa bufanda conmemorativa do 90 aniversario do Celta. Por só 10 €!

Por último, indicarvos que teremos UNHA HUCHA en CAFETERÍA LAS GRADAS para que aportes o teu graniño de area para axudar a un grande, como é FERNANDO CÁCERES, El Negro, bravo defensa celeste que foi entre os anos 1998 e 2004, e a quen se lle vai render unha homenaxe en partido que se disputará o vindeiro mércores 13 de novembro en La Romareda. Todo o recadado, SERÁ DONADO ÍNTEGRAMENTE por PREFERENCIA CELESTE para costear os gastos médicos derivados da recuperación do asalto que sufriu hai catro anos en Bos Aires.

E como sempre, o de sempre. Ala Celta!!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada