miércoles, 13 de noviembre de 2013

#HomenajeACáceres desde a nosa peña

Finalmente o resultado da recadación en beneficio a Fernando "El Negro Cáceres" non tivo a acollida que agardabamos, pero a peña, desde os seus limitados medios, quere sumarse a esta homenaxe a un grande do Celta aportando a simbólica cantidade de 50€ á "Fila 0" do encontro que se está a desputar agora mesmo entre o Real Zaragoza e un combinado de amigos do xogador en "La Romareda" en Zaragoza.

Cáceres, que militou no Celta durante 6 tempadas, e defendeu a celeste nalgúns dos mellores estadios do mundo, atópase en rehabilitación logo do brutal asalto ó que se viu sometido para roubarlle o coche e que a piques estivo de rematar coa súa vida.

Desde Preferencia Celeste queremos desexarlle o mellor a Cáceres con esa espiniña de que o noso Club non lle soubera dar a homenaxe ou o cariño que merece, como xogador, e como persoa. O que vestiu con orgullo a camiseta do Celta sempre será xogador do Celta.

Ánimo negro!

Imaxe vía MoiCeleste.com
Imaxe vía ElCorreo.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada