Mostrando entradas con la etiqueta Donosti. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Donosti. Mostrar todas las entradas

sábado, 23 de noviembre de 2013

Real Sociedad - Celta (A Previa)

Anoeta (18:00) | Real Sociedad e Celta enfróntanse este serán en Donosti con diferentes sensacións en Anoeta. Por unha banda, a Real, mirando os postos de arriba que lle dan a clasificación directa a Europa, mentres que o Celta mirando de reollo os postos de abaixo.

A Real busca curar as feridas polo 5-1 que lle endosou o Madrid no Bernabeu, namentres o Celta busca recuperar a confianza que tiña tralos bos resultados conquistados en Málaga e Sevilla e o bo xogo fronte ó Barcelona, pero que perdeu de súpeto hai 15 días trala dolorosa derrota en Balaídos fronte ó Rayo Vallecano (0-2).

A Real Sociedad é, para Luis Enrique, un bloque sólido e un equipo que esta a facer un bo xogo, malia os malos resultados en Champions, que o técnico do Celta achaca á mala sorte. Para Lucho, hai que ter coidado con todo o bloque, non a persoas en concreto.

Para Arrasate, técnico txuri-urdin, ó Celta hai que xogarlle dun xeito inteligente e lembra que está a xogar mellor fora da súa casa, que en Balaídos. Afirmou que non vai reservar a ninguén coa vista posta en Champions.

Convocatorias:


Arrasate convocou ós seguientes xogadores:  Claudio Bravo e Zubikarai; Joseba Zaldua, Ansotegi, Mikel González, Íñigo Martínez, José Ángel e De la Bella; Markel Bergara, Javi Ros, Rubén Pardo, Zurutuza e Xabi Prieto; Seferovic, Agirretxe. Carlos Vela, Chori Castro e Griezmann. Carlos Martínez e Gorka Elustondo están mancados, mentres que Cadamuro non entrou por decisión técnica.

Luis Enrique viaxou a San Sebastián cos seguintes 18 xogadores: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Toni, Cabral e David Costas; Álex López, Rafinha, Orellana, Krohn-Delhi e Augusto; Nolito, Charles, Madinda e Santi Mina. Quedan fora da lista Oubiña, que non foi quen de recuperarse do seu pé, e Samuel. Non viaxan por decisión técnica Vila, Bermejo, Bellvís e David Rodríguez.


Antecedentes:

Real Sociedad e Celta enfrontáronse en 41 ocasións en Donosti (tanto en Anoeta, como no vello Atotxa), na que os vascos gañaron 25 veces e perderon só en 4. 12 foron o número de veces que remataron en táboas, con 91 goles a favor da Real e 44 para o Celta. A vitoria mais abultada foi un 5-0 para a Real na temporada 1954-55.O Celta gañou por derradeira vez na tempada 1999-2000 por 0-2.

O árbitro asturiano Muñiz Fernández arbitrou 5 veces ó Celta como visitante, conseguindo 2 victorias e 3 derrotas neses enfrontamos.

Preferencia Celeste en Donosti con presidente Mouriño


Preferencia Celeste viaxou co Celta hasta Donosti e daralle calor nas gradas de Anoeta ós nosos. Se pudeche viaxar, tamén podes disfrutar do partido en Cafetería Las Gradas (Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre. Ala Celta!!!

jueves, 7 de noviembre de 2013

Sábado 09/11/13 último día para pagar #DonostiCeleste

Este Sábado é o último día para pagar a viaxe a #DonostiCeleste. Por favor, todos aqueles que faltades por pagar non vos despistedes e facede efectivo o pago o Venres ou o Sábado na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Fragoso 92). Se o Sábado non está pagada a viaxe cancelaremos a vosa reserva e poremos a disposición doutras persoas eses asentos non pagados.

Os últimos días para pagar son o Venres 08/11/13 de 19:00-21:00 e o Sábado 09/11/13 de 19:00-21:30 na previa do Celta-Rayo.

Podedes ver toda a info da viaxe no post principal

Viaxa a Donosti con Preferencia Celeste

miércoles, 23 de octubre de 2013

Horarios para pagar a viaxe a #DonostiCeleste

Boas, recordade que seguimos a cobrar os 45€ do bus a #DonostiCeleste ata completar o aforo do bus, e que só levamos un bus; unha vez enchamos non colleremos máis prazas.

Hoxe Mércores 23 estamos na nosa sede, Cafetería Las Gradas a cobrar os 45€ do bus a Anoeta en horario de 17:00-19:00h. O Venres 25 estamos de 18:00-20:00h, e o Sábado 26 de 16:00-18:00h (durante partido do Málaga-Celta).

Tendes toda a info do desprazamento no post da viaxe

sábado, 19 de octubre de 2013

Viaxa con Preferencia Celeste a #DonostiCeleste

Actualización 29/10/13:

Hoxe Martes 29 estamos na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Fragoso 92) a cobrar a viaxe a #DonostiCeleste e a entregar as participacións de lotería previamente encargadas.

Bus: 45€
Entrada: 25€


Actualización 23/10/13:

Hoxe Mércores 23 estamos na nosa sede, Cafetería Las Gradas a cobrar os 45€ do bus a Anoeta en horario de 17:00-19:00h. O Venres 25 estamos de 18:00-20:00h, e o Sábado 26 de 16:00-18:00h (durante partido do Málaga-Celta). 



Vos anunciamos que Preferencia Celeste organiza desprazamento a Donosti para o partido Real Sociedad-Celta. Volvemos ó campo no que nos estreamos no noso primeiro desprazamento seguindo ó Celta fóra de Vigo.

Sairemos o Venres 22 ás 23:59 do Estadio de Balaídos e chegaremos a primeira hora da mañá do Sábado 23 a Donosti, polo que poderemos dar unha volta pola cidade e tomar uns pinchos polo casco vello antes do partido. O partido comezará ás 18:00 da tarde. Logo do partido aproveitaremos para cear algo e desfrutar do postpartido para quedar no bus arredor das 00:00-01:00 e voltar a casa, destino Balaídos, a onde chegaremos na mañá do Domingo 24, esperemos que cos 3 puntos na mochila. 

O prezo do bus é de 45€ (40€ peñistas da nosa peña) e o prezo da entrada sairá nuns días e custará probablemente 25€ ou 30€ máximo. Actualizaremos o prezo da entrada así como o saibamos.

Para pagar o bus estaremos o Luns ás 18:30 na previa do Celta-Levante e máis días que vos informaremos no grupo oficial de WhatsApp, nas redes sociais e nesta mesma web.

Para anotarse é necesario que veñades cunha fotocopia do DNI polas dúas caras lexible e o seguinte formulario (hai formularios dispoñibles en Las Gradas). Os menores tamén teñen que traer a autorización (hai autorizacións dispoñibles en Las Gradas) asinada por un titor, e a fotocopia do seu DNI e do titor que autorice a viaxar.

Coma sempre o de sempre... ALA CELTA!

martes, 14 de agosto de 2012

Viaje a Donosti 2ª Jornada

Actualización 24/08/12
O cupo de prazas está xa cuberto!!  Recordade que é imprescindible levar o DNI para poder viaxar connosco.

Se queredes, a peña vai vender en primicia para quenes compartides a viaxe connosco as bufandas a un prezo de 10€ unidade







Actualización 23/08/12
Podedes ver toda a información en http://preferenciaceleste.blogspot.com.es/2012/08/informacion-viaxe-donosti.html

Saímos ás 04:00 desde a Cafetería Las Gradas en Fragoso 92, pero podedes vir ás 03:00 para almorzar connosco.

Co tema das entradas podedes estar tranquilos, consultade a entrada de arriba.

#ImosCelta #DonostiCeleste 


Actualización 22/08/12
Finalizou o prazo de reserva pero inda queda algún asento no bus. Se estades interesados, contactade de maneira urxente con eventos@preferenciaceleste.com NON FAGADES INGRESO SEN CONSULTAR ANTES A DISPONIBILIDADE!!

Actualización 21/08/12
     · Hoxe Martes 21 último día para realizar o pagamento da viaxe a Donosti. Estaremos na Cafetería Las Gradas de 19:00 a 21:00.

Actualización 19/08/12
     · Mañá Luns 20 estaremos de 19:00 a 21:00 na nosa sede, Cafetería Las Gradas. Podedes pagar en man os 30€ do bus, ou facer o ingreso no banco. Recordade que a data límite para o ingreso bancario é o Martes 21 ás 22:00


 Actualización 18/08/12

     · Mañá Domingo estaremos de 17:00 a 21:00 a seguir recollendo cartos en man para a viaxe a Donosti


Actualización 17/08/12:
    · Mañá Sábado entre as 17:00 e as 19:00 estaremos na sede, na Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso 92) para recoller os cartos en man de quenes prefiran realizar así o pagamento, así como para atender novas altas de afiliados e dúbidas, tanto da peña como da viaxe. O Domingo estaremos de 17:00 a 21:00 para os mesmos menesteres.
    · O Martes 21/08/12 último día para realizar o pagamento no banco da viaxe



La Peña Celtista Preferencia Celeste está organizando un viaje a Donosti para ver el partido Real Sociedad-Celta (2ª jornada) previsto para el sábado 25 de agosto a las 19:00 de la tarde. Saldríamos la madrugada del viernes para el sábado y regresaríamos al término del partido, viajando de noche.Todos los interesados deberán ingresar el precio del autobús,30EUR, por adelantado, en la cuenta con número: "0049 5470 53 2116110331". Este dinero no es reembolsable (salvo cancelación del viaje).

Hemos hecho una llamada telefónica y desde la Real Sociedad nos han comunicado que las entradas estarán disponibles la próxima semana y que el precio de la grada visitante, Fondo Norte, es de 25€. Os informaremos más adelante sobre la entrada.

Para el ingreso en la cuenta, en el apartado de concepto tendréis que indicar la siguiente conbinacion: las iniciales del nombre y apellidos+DNI+Anoeta (todo junto). Ejemplo: dfp36524718QAnoeta."

A parte de esto, todos los interesados nos tendrán que remitir un correo a eventos@preferenciaceleste.com con todos los datos para poder localizarlos: Nombre y apellidos, DNI, direccion, codigo postal, numero de contacto, correo electrónico y lugar de residencia, y un escaneo o captura de pantalla del justificante de ingreso.

Las plazas se cubrirán hasta llenar el aforo del autobús (60 plazas) por orden riguroso de pago bancario.