sábado, 19 de enero de 2013

Málaga - Celta: A Previa

Unha imaxe do partido de ida en Balaídos
Estadio La Rosaleda (22 horas) | Esta noite o Celta enfróntase ó Málaga no Estadio da Rosaleda no partido que abre para os nosos a segunda volta do Campionato de Liga de fútbol.

Lembremos que na primeira volta, no partido que marcaba a volta á Liga das Estrelas dos vigueses, o Celta perdeu pola mínima (0-1) pero deu boas sensasións co seu xogo, coincidindo todos que a derrota fora a todas luces inmerecida.

Mágoa que a este partido os dous equipos chegan de xeito moi diferente. Os andaluces veñen de facer un espectacular arranque na Champions League, pasando ós octavos de final como campiona do seu grupo; son quintos na Liga (31 puntos) e ademáis fixeron un meritorio empate o pasado xoves na Copa fronte o todopoderoso FC Barcelona (2-2 no Nou Camp, á espera da volta na Rosaleda) o que sen dúbida lle da unha moral cara o partido desta noite no seu feudo.

Mentres, o Celta, décimo quinto na táboa clasificatoria (18 puntos) e a un só punto dos postos de descenso, ten que empezar canto antes a cosechar victorias fora de Balaídos para conseguir canto antes o obxectivo de permanecer na Primeira División e encarar a recta final con algo máis de tranquilidade. Debido á hora de comezo do partido (10 da noite), os vigueses viaxaban  hoxe mesmo nun vóo charter hasta Málaga.

Lembra que podes ver este intesantísimo partido na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio de Balaídos), onde desde Preferencia Celeste lles infundiremos o calor necesario os nosos para que traigan os tres puntos para Vigo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada