sábado, 26 de enero de 2013

Celta - Real Sociedad: A Previa

Krohn-Dehli no partido da primeira volta | telecinco.es
Estadio de Balaídos (16:00 horas) | Celta e Real Sociedad disputarán este sábado no Estadio de Balaídos un interesante encontro no que os vigueses buscarán manter a melloría do seu xogo e converter o campo do Val do Fragoso nun fortín para ascender postos na Liga BBVA. O Celta é décimo septimo, con 19 puntos, dos cales 15 deles os conseguiu en Balaídos (só dúas derrotas en Vigo).

Mentres, a Real Sociedad chega a Vigo coa moral moi alta trala súa victoria en Donosti fronte ó todopoderoso FC Barcelona, na que significou a primeira derrota dos cataláns en Liga esta tempada. Os txuri urdin son novenos na táboa clasificatoria, con 29 puntos, e veñen con serias aspiracións de clasificarse en postos europeos, se ben é certo que como visitantes non mostran a fortaleza que teñen no Estadio de Anoeta.

Para este partido é dúbida de última hora no Celta Iago Aspas que entrenou con molestias este venres, e contará co alicente para os siareiros a posible inclusión no once titular da nova fichaxe, pechada esta misma semán, o croata Danijel Pranjic, e cómo o encaixará Herrera co resto do equipo. Pranjic chega cedido polo Sporting de Lisboa e lucirá o dorsal número 11.

Na ida, os donostiarras venceron ós vigueses por 2 goles a 1, remontando o gol inicial de De Lucas, con dous goles de Aguirretxe, nun mal partido do Celta e que significou o estreno do recén incorporado Krohn-Delhi.

Na Real Sociedad, haberá que prestar atención ó mexicano Carlos Vela, xogador con pasado céltico, que está a vivir o seu mellor momento persoal no conxunto vasco. Leva oito tantos co conxunto txuri urdin.

Desde Preferencia Celeste, faremos a PREVIA desde as 15:00 horas na Cafetería Las Gradas (Avda. de Fragoso, 92, fronte ó Estadio de Balaídos) desde onde partiremos ó Estadio para darlles toda a calor e folgos que necesitan os nosos. Estades todos convidados.

Como sempre, o de sempre. Ala Celta!


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada