Mostrando entradas con la etiqueta athletic club. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta athletic club. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de febrero de 2014

Celta - Athletic (A Previa)

Estadio Municipal de Balaídos (22:00) | Celta e Athletic volverán a verse as caras esta noite no vello coliseo da beira do Lagares na que os de Bilbao chegan a Vigo tratando de facer valer a súa condición de cuarto clasificado e como un dos equipos mais en forma da presente campaña. Non en vano, leva catro partidos sen perder. Unha vitoria dos vascos aumentaría a vantaxe dos de Bilbao respecto ós seus competidores mais próximos, Villarreal e Real Sociedad. Por iso, Ernesto Valverde, adestrador do Athletic afirmou que "todos os partidos comezan a ser decisivos".

Mentres, o Celta (11º) busca facer de Balaídos, un fortín tras as vitorias en casa consecutivas fronte a Valencia e Betis. A vitoria, ademais, a pasada fin de semana fronte ó Granada no Estadio dos Cármenes contribuirá á alta moral dos vigueses. Hai que lembrar que o Celta xa foi quen de gañar ó Athletic en Vigo no partido de ida en Copa do Rei. Unha vitoria, en calquera caso, asentaría cómodamente na zona templada da táboa clasificatoria. Luis Enrique calificou este partido como "clave" e do Athletic dixo que fai un fútbol "espectacular".

CONVOCATORIAS:

RC Celta: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Fontàs, Oubiña, Álex López, Bermejo, Nolito, Charles, Rafinha, Orellana, Jonny, Íñigo López, Cabral, Krohn-Delhi, Augusto, Santi Mina e Costas.

Athletic Club: Iraizoz, Laporte, Erik Morán, San José, Iturraspe, Kike Sola, De Marcos, Ibai, Albizua, Iago Herrerín, Susaeta, Iraola, Mikel Rico, Gurpegi, Muniain, Aduriz, Ander Herrera, Saborit e Balenziaga.

ANTECEDENTES:

Celta e Athletic enfrontáronse en 47 ocasións no Estadio de Balaídos con resultado de 22 vitorias para o Celta, 11 empates e 14 derrotas. O Celta anotou en 76 ocasións, por 57 do Athletic. A vitoria mais abultada para o Celta deuse un na primeira xornada da tempada 1947-48 na que os vigueses venceron por 5 goles a 1. No partido de ida, no que foi a estrea do novo Estadio de San Mamés, o Athletic vencéu por 3-2.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE onde FAREMOS A PREVIA a partires das 9 da noite, para partires a continuación ó Estadio de Balaídos. Como sempre, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

sábado, 7 de diciembre de 2013

Celta - Athletic Club (Copa): A Previa

Athletic e Celta en San Mamés este ano | Foto: Real Club Celta
Estadio Municipal de Balaídos (20:00) | Celta e Athletic Club disputarán esta noite un interesantísimo partido de dezaseisavos de final da Copa do Rei na que se espera un bo espectáculo, ó tratarse de dous equipos ós que lles gusta "mimar" o balón. Poderíamos estar diante dun partido con goles por ámbolos dous bandos.

O Celta chega a este partido coa moral alta tras conseguir a súa primeira vitoria en Balaídos esta tempada, ó vencer ó Almería por 3-1 o pasado sábado. E Athletic chega, se cabe mais aínda, aínda mais forte, tras gañar no Novo Estadio San Mamés ó todopoderoso FC Barcelona por 1-0.

En palabras de Luis Enrique, o Celta ten o obxectivo prioritario na Liga, pero iso non impedirá presentar en Balaídos un once "competitivo". Para o Athletic, en troques, a Copa "é prioritaria" tamén en verbas do adestrador celeste, non en vano, son o segundo equipo mais laureado, tralo Barcelona.

O Celta convocou ós seguintes xogadores para este enfrontamento: Sergio e Rubén Blanco; Mallo, Vila, Bellvís, Jonny, Cabral, David Costas e Javi Rey; Álex López, Rafinha, Orellana, Madinda e Krohn-Delhi; Bermejo, Nolito, David Rodríguez e Santi Mina.

Mentres, o Athletic Club viaxou a Vigo cos seguintes xogadores: Iraizoz, Toquero, Erik Morán, San José, Beñat, Iturraspe, De Marcos, Ibai, Iago Herrerín, Susaeta, Iraola, X.Etxeita, Mikel Rico, Gurpegi, Muniain, Aduriz, Ander Herrera, Balenziaga.

Ambente de gala en Vigo, co estadio a encher, moitos desprazados desde Bilbo, aproveitando a ponte festiva e bo rollo entre ámbalas dúas afeccións.

Celta e Athletic enfrontáronse anteriormente en seis eliminatorias, nas que o Celta só pasou en unha, a última ocasión en que se veron as caras Leóns e Celtiñas, en 1964. A meirande goleada acontecida nunca en Copa, foi un 12-1 que lle endosou o Athletic en San Mamés en 1947 (Fonte: Vavel.com).

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos desde as 19:00 (CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).



Tamén podes adquirir participacións do 01.923 para a Lotaría de Nadal. Ou a nosa bufanda conmemorativa do 90 aniversario do Celta. Por só 10 €!

E como sempre, o de sempre... Ala Celta!!!

lunes, 16 de septiembre de 2013

Athletic - Celta (A previa)

Oubiña e Herrerra no último partido en San Mamés | Foto: LFP/RC Celta
Novo San Mamés (22:00) | O Real Club Celta é o convidado á inauguración do Novo Estadio de San Mamés, que tras cen anos, sustitúe á Catedral como feudo dos Leóns. Os de Vigo esperan poder dar unha campanada, que os colocaría quintos na clasificación xeral, por riba precisamente de Athletic Club e o RCD Espanyol, pero o Athletic non o porá fácil, que teñen unha motivación extra hoxe para agradar ós seus siareiros nunha data tan singular para eles.

A Catedral nunha foi unha praza fácil para os celestes; de feito, de 47 enfrontamentos entre ámbolos dous conxuntos, só foi quen de conseguir 3 victorias e 8 empates. A derrota mais severa dos celestes a domicilio foi na Catedral, en 1940, por 10-1, con cinco goles do mítico Zarra. Pero si nos referimos ós partidos máis recentes, nos últimos seis partidos, conseguiu 2 vitorias e 2 empates, entre eles, o 1-6 na tempada 2001-02, a vitoria máis avultada a domicilio nunca conseguida polo Celta na súa historia. Claro que nese conxunto militaban xogadores da talla de Mostovoi, Karpin, Gustavo López, Catanha… A última vitoria do Celta aconteceu en 2006, na que se impuxo á minima por 0-1, con gol de Baiano.

Para Luis Enrique, xogar en San Mamés “sempre é especial” e asegura que non hai mellor xeito de disfrutalo que “traéndonos os tres puntos para Vigo”. Como novidade na convocatoria para Bilbo é que inclúe ó descartado Orellana, do que di que podería xogar, pois “se trata dun xogador con contrato en vigor” engadindo que “nun principio lle dixera que tiña xogadores por diante e non lle garantía xogar, o cal non significa que, unha vez quedou, non utilice a tódolos meus xogadores. Para este partido ven con nós e con posibilidades de xogar”.

Así as cousas, a convocatoria do Celta para o partido desta noite é a seguinte: Yoel e Sergio (porteiros); Fontàs, Cabral, David Costas, Hugo Mallo, Toni, Bellvís; Oubiña, Álex López, Rafinha, Javi Rey, Augusto Fernández, Madinda; Nolito, Orellana, Charles, David Rodríguez e Santi Mina.

Mentres, no Athletic Club, Ernesto Valverde di do Celta que van a Bilbo a “entrar na historia”. “Non veñen a facernos a onda” e destaca dos celestes que veñen de facer “moi bos resultados”. Co rival e a historia en mente, esta é a convocatoria do Athletic para esta noite: Iraizoz e Iago Herrerín (porteiros); Toquero, Laporte, Erik Morán, San José, Iraola, X. Etxeita, Mikel Rico; Beñat, Iturraspe, De Marcos, Susaeta; Gurpegi, Ibai, Muniain, Aduriz e Ander Herrera.

Na pasada tempada, o Athletic Club vencéu ó Celta por 1-0, cun solitario gol de Aduriz no minuto 33, en partido correspondente á xornada 15 disputado o pasado 9 de decembro.

Acompaña a PREFERENCIA CELESTE para disfrutar deste partido histórico na súa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92 (Mapa), fronte ó Estadio de Balaídos) a partires das 22 horas, onde poderás acompañarnos nun grande ambente e colorido celtista.

Podes aproveitar para facelo pago da nosa Lotaría de Nadal, no que xogamos o número 01.923.

E como sempre, o de sempre... Ala Celta!!!