lunes, 16 de septiembre de 2013

Athletic - Celta (A previa)

Oubiña e Herrerra no último partido en San Mamés | Foto: LFP/RC Celta
Novo San Mamés (22:00) | O Real Club Celta é o convidado á inauguración do Novo Estadio de San Mamés, que tras cen anos, sustitúe á Catedral como feudo dos Leóns. Os de Vigo esperan poder dar unha campanada, que os colocaría quintos na clasificación xeral, por riba precisamente de Athletic Club e o RCD Espanyol, pero o Athletic non o porá fácil, que teñen unha motivación extra hoxe para agradar ós seus siareiros nunha data tan singular para eles.

A Catedral nunha foi unha praza fácil para os celestes; de feito, de 47 enfrontamentos entre ámbolos dous conxuntos, só foi quen de conseguir 3 victorias e 8 empates. A derrota mais severa dos celestes a domicilio foi na Catedral, en 1940, por 10-1, con cinco goles do mítico Zarra. Pero si nos referimos ós partidos máis recentes, nos últimos seis partidos, conseguiu 2 vitorias e 2 empates, entre eles, o 1-6 na tempada 2001-02, a vitoria máis avultada a domicilio nunca conseguida polo Celta na súa historia. Claro que nese conxunto militaban xogadores da talla de Mostovoi, Karpin, Gustavo López, Catanha… A última vitoria do Celta aconteceu en 2006, na que se impuxo á minima por 0-1, con gol de Baiano.

Para Luis Enrique, xogar en San Mamés “sempre é especial” e asegura que non hai mellor xeito de disfrutalo que “traéndonos os tres puntos para Vigo”. Como novidade na convocatoria para Bilbo é que inclúe ó descartado Orellana, do que di que podería xogar, pois “se trata dun xogador con contrato en vigor” engadindo que “nun principio lle dixera que tiña xogadores por diante e non lle garantía xogar, o cal non significa que, unha vez quedou, non utilice a tódolos meus xogadores. Para este partido ven con nós e con posibilidades de xogar”.

Así as cousas, a convocatoria do Celta para o partido desta noite é a seguinte: Yoel e Sergio (porteiros); Fontàs, Cabral, David Costas, Hugo Mallo, Toni, Bellvís; Oubiña, Álex López, Rafinha, Javi Rey, Augusto Fernández, Madinda; Nolito, Orellana, Charles, David Rodríguez e Santi Mina.

Mentres, no Athletic Club, Ernesto Valverde di do Celta que van a Bilbo a “entrar na historia”. “Non veñen a facernos a onda” e destaca dos celestes que veñen de facer “moi bos resultados”. Co rival e a historia en mente, esta é a convocatoria do Athletic para esta noite: Iraizoz e Iago Herrerín (porteiros); Toquero, Laporte, Erik Morán, San José, Iraola, X. Etxeita, Mikel Rico; Beñat, Iturraspe, De Marcos, Susaeta; Gurpegi, Ibai, Muniain, Aduriz e Ander Herrera.

Na pasada tempada, o Athletic Club vencéu ó Celta por 1-0, cun solitario gol de Aduriz no minuto 33, en partido correspondente á xornada 15 disputado o pasado 9 de decembro.

Acompaña a PREFERENCIA CELESTE para disfrutar deste partido histórico na súa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92 (Mapa), fronte ó Estadio de Balaídos) a partires das 22 horas, onde poderás acompañarnos nun grande ambente e colorido celtista.

Podes aproveitar para facelo pago da nosa Lotaría de Nadal, no que xogamos o número 01.923.

E como sempre, o de sempre... Ala Celta!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada