sábado, 18 de enero de 2014

Espanyol - Celta (A Previa)

Cornellà-El Prat (22:00) | Espanyol e Celta enfrontaranse esta noite nun interesante partido nos que os vigueses tentarán conseguir a súa segunda vitoria consecutiva que ratifique as boas sensacións acadadas fronte ó Real Madrid (malia derrota) e Valencia, contra quen foi de darlle a volta ó marcador (2-1) a pasada fin de semana en Balaídos.

Mentres o Espanyol de Aguirre tentará volver os bos resultados tralos tropezóns de Osasuna e Real Madrid, aínda que a vitoria en Copa fronte ó Alcorcón a bo seguro que lle dará confianza ós periquiños. Haberá que prestarlle atención a Stuani, Sergio García e, especialmente, ó colombiano Córdoba. Luis Enrique, pese a mala racha do equipo barcelonés, non cre que pasen apuros no resto da liga e non ve ó Espanyol como rival para conseguir á salvación.

CONVOCATORIAS:

RCD Espanyol: Germán e Casilla; Raúl Rodríguez, Sidnei, Héctor Moreno, Javi López, Víctor Álvarez, Fuentes e Colotto; Víctor Sánchez, Simao, Álex, Abraham e Torje; Stuani, Sergio García, Pizzi e Córdoba

RC Celta: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Cabral e David Costas; Oubiña, Álex López, Rafinha, Orellana, Madinda, Krohn-Dehli e Augusto Fernández; Bermejo, Nolito, Charles e Santi Mina.

ANTECEDENTES:

Espanyol e Celta enfrontáronse en Barcelona (no vello Sarrià, no Olímpico de Montjuïc e en Cornellà) en 44 ocasións, con 29 vitorias para os cataláns, 10 empates e só 5 vitorias do Celta. Neses partidos, o Espanyol anotou 87 goles e recibiu do Celta 28. A vitoria mais avultada para o Espanyol foi na xornada 5 da tempada 1955/56, na que lle endosou un contundente 6 a 1.

Arbitrará Pérez Iglesias.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE e darlle a calor que necesitan os nosos na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada