sábado, 11 de enero de 2014

Celta - Valencia (A Previa)

Estadio Municipal de Balaídos (18:00) | Interesante encontro o que disputarán esta tarde de sábado Celta e Valencia no vello Balaídos, na que se presentará ante os de Vigo un Valencia á alza desde que collera as rendas do equipo Pizzi, amigo persoal de Luis Enrique, adestrador celeste.

Este Valencia de Pizzi ocupa a oitava posición e busca asentarse nos postos de Champions. Ven de gañar por dous goles a cero ós seus veciños do Levante.

Mentres, o Celta, que ocupa postos de descenso, chega ó encontro coa moral alta tralo gran partido que fixo no Santiago Bernabéu no que, pese a todo, saiu derrotado por 3-0 fronte ó Real Madrid.

CONVOCATORIAS:

RC CELTA: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Cabral e David Costas; Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Krohn-Dehli e Augusto Fernández; Mario Bermejo, Nolito, Charles, Orellana e Santi Mina.
VALENCIA CF: Guaita e Diego Alves; Joao Pereira, Barragán, Víctor Ruiz, Mathieu, Ricardo Costa, Bernat e Guardado; Javi Fuego, Oriol Romeu, Parejo, Feghouli, Piatti, Míchel e Fede Cartabia; Jonas, Paco Alcácer e Helder Postiga.

ANTECEDENTES:

Celta e Valencia enfrontáronse anteriormente en Balaídos en 47 ocasións, gañando os vigueses en 21 ocasións e empatando en outras 15. Os vitorias marcharon á cidade do Turia en outras 11. O Celta marcou 78 goles, mentres que o Valencia o fixo en 59 ocasións.

ÁRBITRO:

Arbitrará González González do colexio Castelán-Leonés. Só arbitrou ó Celta unha vez en Balaídos en Primeira, con resultado de derrota para os de Vigo.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos desde as 17:00 horas (CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada