viernes, 24 de enero de 2014

Celta - Betis (A Previa)

Estadio Municipal de Balaídos (21:00) | Celta e Betis disputarán esta noite un partido a vida e morte pola clasificación de ámbolos dous conxuntos na táboa clasificactoria.

Os sevillanos son derradeiros no taboleiro, e veñen de encaixar unha severa derrota por 0-5 diante do Real Madrid. Gabriel Humberto Calderón debutará como adestrador dos béticos en Balaídos, o terceiro dos andaluces esta tempada.

O Celta (16º) chega a este partido trala súa derrota en Cornellà-El Prat, un partido que tivo controlado 88 minutos, pero que se decantou ó lado dos cataláns tras un despiste defensivo que soubo aproveitar Sergio García, autor do tanto da vitoria dos periquitos. Certo é, tamén, que chega un Celta que leva os últimos partidos xogando "cómodamente" en verbas de Luis Enrique, malias derrotas en Madrid e Barcelona, cun estilo de xogo definido.

Unha vitoria dos celestes, ademais do factor anímico, inclinaría a balanza do lado dos vigueses (quenes foron de gañar no partido de ida no Benito Villamarín) no goal average particular, algo ó que Luis Enrique lle resta importancia nestes momentos, pero que a finais de tempada podería cobrar especial importancia, según recoñeceu onte en rolda de prensa.

CONVOCATORIAS:

RC Celta: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Fontàs, Cabral, David Costas, Aurtenetxe e Jonny; Borja Oubiña, Álex López, Krohn-Dehli, Rafinha e Madinda; Charles, Bermejo, Nolito, Orellana e Santi Mina.

R Betis:  Andersen e Sara; Amaya, Chica, Dídac Vilà, Jordi Figueras, Nacho e Paulao; Cedrick, Juan Carlos, Juanfran, Lorenzo Reyes, Matilla, Nono, Salva Sevilla, Vadillo e Verdú; Jorge Molina, Leo Baptistao e Rubén Castro.

ANTECEDENTES:

Celta e Betis enfrontáronse nun total de 23 ocasións no Municipal de Balaídos, con vantaxe para os de Vigo: 12 vitorias para o Celta, 5 empates e 6 derrotas, no que o Celta anotou un total de  35 goles, por 20 do Real Betis. A vitoria mais abultada para o Celta produciuse na xornada 11 da tempada 1999/2000, no que venceron por 5 goles a 1.

Arbitrará Hernández Hernández, do Comité Canario. Ó Celta só lle arbitrou nunha ocasión na Liga BBVA como local, resultando en vitoria para o Celta.


LEMBRADE que hoxe ás 19:00 haberá RECIBIMENTO CELESTE na rúa Manuel de Castro para recibires como se merecen ós nosos xogadores, e á que estades todos convidados.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE onde FAREMOS A PREVIA tralo recibimento celeste e hasta a hora do partido na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada