miércoles, 9 de octubre de 2013

Viaxe suspendida! Viaxa a La Rosaleda connosco ó Málaga-Celta 26/10/13 16:00

Debido a que non vemos posible cubrir os custes do bus, vémonos obrigados a suspender este desprazamento a Málaga.



En Preferencia Celeste organizamos desprazamento a La Rosaleda para ver o Málaga-Celta. Imos apoiar ó Celta neste momento onde todos sumamos, e cada afeccionado conta.

A saída é o Venres 25 de Outubro entre as 20:00 e as 21:00 desde Balaídos, con noite en ruta, e chegada á cidade de Málaga antes do partido (Sábado 26 ás 16:00). Este horario aínda está pendente de concretar.

Logo do partido deixamos tempo libre a todos para visitar a cidade de Málaga, recomendando a visita ó Castelo de Gibralfaro (aberto ata as 20:00, 2,2€), á casa natal de Picasso (aberta ata as 20:00, 2€), ó Museo Picasso de Málaga (aberto ata as 20:00, 6€) ou ó teatro romano (aberto ata as 21:00, de balde).

A volta está prevista para o propio Sábado 26 ás 23:59 aproximadamente, con noite en ruta e chegada ó día seguinte a Vigo.

O prezo do bus é de 50€ (45€ os nosos peñistas), máis a entrada para bancada visitante: 40€. Se alguén quere coller a entrada pola súa conta, pode notificalo e pagar simplemente o bus. Non se xestionarán só entradas sen praza de bus.

Para cobrar a viaxe estamos en Cafetería Las Gradas (Avenida Fragoso 92, Vigo) o Venres 11 pola tarde de 18:00-20:00 e o Sábado 12 pola mañá de 11:00-13:00, tamén Venres 18 e Sábado 19, en horarios aínda por concretar (avisaremos do horario a través de Twitter -@PrefCeleste- e nesta mesma páxina), e o Luns 20 de Outubro de 18:00 ata que comece o partido ás 20:00.

Para anotarse é necesario cubrir no momento ou traer cuberto o formulario de viaxe a Málaga e unha fotocopia do DNI lexible polas dúas caras. Os menores tamén teñen que cubrir ou traer cuberta a autorización para menores da viaxe a Málaga e a fotocopia do DNI polas dúas caras  lexible do propio menor e da persoa que o autoriza.


En caso de non cubrir o custe do bus suspenderiamos a viaxe e devolveriamos os cartos. Os cartos da viaxe e da entrada non se devolverán a non ser que se suspenda a viaxe por parte da organización. Tan pronto como enchamos as prazas do bus notificaremos que o bus está cheo e deixaremos de aceptar novas solicitudes, non acudindo á Cafetería a cobrar. Só levaremos un bus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada