martes, 29 de octubre de 2013

Celta - Barcelona (A Previa)

Nós tamén xogamos! | RCCV
Estadio Municipal de Balaídos (22:00) | Tarde de martes e tarde de previa. Así son as cousas para a Liga de Fútbol Profesional. Esta noite enfrontaranse en Balaídos o noso Celtiña e o todopoderoso FC Barcelona de Tata Martino, tres días despois do último enfrontamento de ámbolos dous conxuntos na Liga.

Ámbolos dous conxuntos chegan ó campo do Val do Fragoso con sendas vitorias fronte a Málaga (0-5) e Real Madrid (2-1), respectivamente.

O histórico resultado do Celta, tras unha mala racha de resultados, pero non de xogo, danlle folgos ós nosos, e a bo seguro que saltarán ó campo co obxectivo de dar a sorpresa e vencer a un conxunto que só deixou escapar a vitoria fronte ó Osasuna no Sadar (0-0). Ó líder, pola contra, pódelle pasar a factura da esixencia no derbi que disputaron o sábado pasado, malia vitoria barcelonista.

O equipo que adestra Gerardo Tata Martino viaxou a Vigo esta mesma mañá cos seguintes convocados: Valdés, Pinto, Montoya, Alves, Mascherano, Bartra, Puyol, Adriano, Sergio, Song, Xavi, Cesc, Iniesta, Sergi Roberto, Pedro, Tello, Alexis, Neymar Jr e Messi.

Mentres, os xogadores do Celta convocados por Luis Enrique, que non contará con Kronh-Delhi, que segue recuperándose da escordadura de nocello sufrida o pasado luns fronte ó Levante, son os seguintes: Yoel, Sergio, Hugo Mallo, Fontàs, Cabral, Aurtenetxe, Toni, David Costas, Oubiña, Augusto, Álex López, Rafinha, Madinda, Santi Mina, Orellana, David Rodríguez, Nolito e Charles.

Os precedentes nos enfrontamentos entre Celta e Barcelona en Balaídos son os seguintes: de 47 enfrontamentos entre ámbolos dous conxuntos, 16 foron vitorias para o Celta, 13 empates e 18 derrotas para os de Vigo. 68 goles conseguiu o Celta nestes enfrontamentos, por 80 do Barcelona. O vitoria mais avultada para o Celta foi na tempada 1957/58 na que gañou por 4 goles a 0.

A pasada tempada, o resultado foi de empate a dous goles, na que no mais salientable foi á volta a unha convocatoria de Eric Abidal tralo seu transplante de fígado, recibindo unha ovación de Balaídos, e “a volta” de Messi na que lle marcou consecutivamente a tódolos equipos da Liga, tras marcar tamén ó Celta.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos desde as 20:00 (CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

Na nosa previa, poderás reservar e pagar a viaxe que faremos a Donosti o vindeiro venres 22 de novembro, para presenciar o Real Sociedad – Celta.




Tamén podes adquirir participacións do 01.923 para a Lotaría de Nadal. Ou a nosa bufanda conmemorativa do 90 aniversario do Celta. Por só 10 €!

 
E como sempre, o de sempre. Ala Celta!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada