lunes, 21 de octubre de 2013

Celta - Levante (A Previa)

Aspas e Juanfran no partido da pasada tempada | vía: corazonceltista.com
Estadio Municipal de Balaídos (20:00) | Celta e Levante vense hoxe as caras dous equipos con dúas visións diferentes de xogo. Por unha banda, o Celta de Luis Enrique con xogo ó toque e á saída de balón, que busca a súa primeira vitoria en Balaídos e saír dos postos de descenso ó que os resultados de onte o condenaron. E por outra, o Levante de Caparrós, que basea o seu xogo na fortaleza física e chega a Vigo despois de pór en apretos ó todopoderoso Real Madrid, perdendo finalmente por 2-3. E ámbolos dous conxuntos buscan, ó final, a salvación na Liga BBVA.

A mensaxe dos xogadores é de total apoio á labor de Luis Enrique nestes quince días de descanso, tralo parón FIFA, pero unha vitoria apaciguaría ós ánimos dun sector dos siareiros do Celta, que comezan cuestionar ó adestrador asturiano do conxunto vigués. Lembremos que o Celta ven de perder fronte ó Atlético de Madrid por 1-2, no que os vigueses fixeron unha boa segunda parte, pero non foi suficiente para conseguir algo positivo diante do (entón) colíder da Liga.

Non se coñece no momento de facer esta previa ós convocados por parte do Celta, e Luis Enrique ten a dúbida do seu porteiro Yoel, que parece que chegará a tempo para disputar o encontro, así como Toni. Seguen sen recibir a alta Rubén Blanco e Augusto Fernández, aínda que teñen unha evolución positiva. A mellor nova foi á vota ós adestramentos de Mario Bermejo.

Mentres, no Levante, Caparrós convocou ós seguintes xogadores: Keylor Navas e Javi Jiménez (porteiros); David Navarro, Héctor Rodas, Loukas Vyntra, Juanfran, Nikos Karabelas, Issam El Adoua e Pedro López; El Zhar, Rubén García, Xumetra, Sérgio Pinto, Ivanschitz, Pape Diop e Simao; Babá e David Barral.

Os antecedentes non poden ser peores para o Celta, se ben é certo que valencianos e vigueses só se enfrontaron entre sí en Vigo en dúas ocasións en primeira división, cun resultado dunha vitoria levantina e un empate. O tempada pasada, Celta e Levante empataron a un gol, con tantos de De Lucas e Roger Martí. Arbitrará Álvarez Izquierdo, do colexio catalán, con quen o Celta conseguiu dúas vitorias e tres derrotas.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos desde as 18:30 (CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-), na que ademais, poderás pagar a viaxe que faremos a Donosti o vindeiro venres 22 de novembro, para presenciar o Real Sociedad – Celta. Tamén lembramos que podes adquirir participacións do 01.923 para a Lotaría de Nadal. E como sempre, o de sempre. Ala Celta!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario