lunes, 4 de marzo de 2013

Sevilla - Celta (A Previa)

Imaxe do partido de ida en Balaídos | Foto: Tomás Rodríguez
Estadio Ramón Sánchez Pizjuán (21:30 horas) | Interesante encontro o que disputarán esta noita sevillanos e vigueses no campo de Nervión. Enfróntanse dous equipos que vieron moverse os seus banquillos no transcurso desta tempada, con gran acerto para os andaluces, que pasaron de postos de descenso a estar loitando para os postos que dan a disputar competicións continentais, e esperenzador para os galegos que disfrutaron da primeira victoria na era Abel Resino, o domingo pasado fronte o Granada.

Resino está a traballar a presión dos celestes fronte ós seus rivais e busca revertir o pobre resultado de só catro puntos como visitante. Parece probable que non haxa moitos trocos no once que conseguiu a victoria fronte o Granada e sería Mario Bermejo que acompañe a Iago Aspas en punta, en detrimento de Orellana.

Dezaoito son os convocados por Resino e que viaxaron onte a Sevilla. Se quedaron en Vigo Samuel e Hugo Mallo, por lesión, e tampouco viaxaron Natxo Insa, Túñez e Toni por decisión técnica. Van convocados: Javi Varas e Sergio Álvarez na portería; Lago, Jonny Castro, Gustavo Cabral, Borja Oubiña, Vila, Álex López, Pranjic, Demidov, Bellvis, Augusto Fernández, Krohn-Dehli, Mario Bermejo, De Lucas, Fabián Orellana, Park e Iago Aspas.

Será un partido moi especial para o sevillano Javi Varas, quen se enfrontará por vez primeira contra ós que son, de feito, compañeiros de equipo.

Unai Emery poderá contar con todo o seu plantel, agás os lesionados, pois tanto Medel como Kondogbia viron rebaixadas as súas sancións polo Comité de Competición, tras ser expulsados na semifinal de Copa fronte ó Atlético de Madrid, e cumplirán sanción no vindeiro enfrontamento de Copa que disputen.

Os sevillanos ocupan o posto 12, con 32 puntos, mentres que os vigueses están no posto 18, con 23. Dase a circunstancia que si o Celta consigue a victoria, deixará os postos de descenso polos resultados producidos nesta xornada. Na ida a victoria foi para os vigueses por dous goles a cero, con tantos de Aspas de penalti e de De Lucas.


Desde Preferencia Celeste faremos a previa desde as 20:30 horas na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio de Balaídos) á que quedades todos convidados para vivir unha nova festa do celtismo.

E como sempre, o de sempre... Ala Celta!!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada