lunes, 4 de marzo de 2013

Sevilla 4 - 1 Celta (A Crónica)

Aspas fronte a Beto | Foto Paco Puentes (EFE)
Severa derrota do Celta diante do Sevilla no Sánchez Pizjuán da capital andaluza, por catro goles a un.

Comezou ben o Celta, chegando con facilidade á área andaluza e mesmo tendo oportunidades nas botas de Iago Aspas.

Sen embargo, na primeira chegada do Sevilla á área galega, é Negredo, libre de marca, quen anotou a pracer o primeiro dos seus tres goles, cando trascurría o minuto 12. O Celta volvía amosar a súa debilidade na liña defensiva: tiro de Navas que rexeita ben Varas, pero recolle Negredo quen fusila libre de marca, pese a ter tres xogadores do Celta que non foron quen de opoñerse ó remate do xogador sevillano.

Pese a este primeiro mazazo, o Celta seguiu chegando á portería de Beto, con outra oportunidade de Aspas, que rexeita o cancerbeiro do Sevilla no minuto 22.

E pese ó dominio do Celta, chegaría o segundo do Sevilla, outra vez de Negredo, nunha xogada que foi un calco do primeiro gol sevillano. Corría o minuto 29. O marcador non reflexaba a superioridade céltica, pero sí a efectividade dos andaluces. Duro correctivo para os vigueses.

Hai que salientar que pese a desvantaxe dos vigueses, estes seguiron dando a cara, dominando o xogo e chegando con certa facilidade. Este dominio tivo como premio o gol dos vigueses, obra de Augusto Fernández, no 39, a pase de Iago Aspas.

Así se chegaría o descanso con vantaxe pola mínima e coa sensación que, a pouco que presionara o Celta, podía levar un bo resultado do Sánchez Pizjuán. Con permiso da defensa que, a todas luces, é a liña mais vulnerable dos galegos.

Comezou o Sevilla dominando os primeiros compases da reanudación, pero ós poucos minutos o Celta volveu recuperar o dominio do balón e as chegadas á área rival con claridade. Aspas e Augusto, teñen oportunidades claras nestos primeiros minutos do segundo tempo.

Sen embargo, volveu golpear o Sevilla. Medel tirou desde lonxe nunha xogada na que Varas quizáis poido facer máis. Corría o minuto 67 e xa, agora sí, se descompuxo o Celta pois, dous minutos despois, Negredo fixo o cuarto para os sevillanos. Outra vez fallo da defensa e o rexeite o recolleu Negredo quen firmou un "hat trick".

De aquí o final o partido convertiuse nun recital dos sevillanos que aínda poideron aumentar a conta. Navas, auténtico pesadelo dos celestes, perdonou hasta en dúas ocasións.

Así, se chegou ó final do encontra cunha dura derrota para os vigueses, quenes non aproveitaron a oportunidade de sair dos postos de descenso, trala derrota do Zaragoza o venres fronte ó Xetafe. Agora toca esperar ó Real Madrid e afronar o "tourmalet", na que os vigueses se enfrontarán ós madrileños, ó Deportivo e ó FC Barcelona.

Ficha do Partido:


4 - Sevilla: Beto; Coke, Fazio, Fernando Navarro, Alberto Moreno; Medel, Kondogbia (Maduro, 75'), Rakitic; Navas, Manu del Moral (Reyes, 46') e Negredo (Babá, 83').

1 - Celta: Javi Varas; Jonny, Cabral, Demidov, Bellvís (Roberto Lago, 80´); Oubiña, Álex López; Augusto Fernández (De Lucas, 74'), Mario Bermejo, Orellana (Pranjic, 59'); e Iago Aspas.

Goles: 1-0: Negredo (11'); 2-0 Negredo (28'); 2-1: Augusto Fernández (39'); 3-1: Medel (65'); 4-1: Negredo (67')

Árbitro: Del Cerro Grande (comité madrileño). Correcto na súa actuación, non influíu no resultado. Mostrou tarxeta amarela a Rakitic, do Sevilla, e a Jonny, por parte do Celta.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 26ª da Liga BBVA disputado na noite do luns no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán de Sevilla, cunha frouxa entrada, 27.000 espectadores. Partido transmitido en aberto por Marca TV. Varas foi recibido con aplausos por parte do público presente no Sánchez Pizjuán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada