sábado, 15 de marzo de 2014

Levante - Celta (A Previa)

Nós cremos no Celta!
Cidade de Valencia (16:00) | Levante e Celta enfróntanse esta tarde no Cidade de Valencia, na que o Celta busca revertir a situación na que leva tres partidos sen coñecer a vitoria. Mentres, o Levante non quere perder o tren para clasificarse en competicións europeas.

O Levante, que ocupa a décima posición con 36 puntos, a 7 dos postos que dan clasificación a Europa, chega a este partido coa baixa de David Navarro, por acumulacións de cartóns, ó que competición non lle retirou a quinta amarela recibida no partido contra o Real Madrid. Joaquín Caparrós di que "un resultado positivo axudaranos dar un pasiño mais".

O Celta, clasificado no posto 12, con 30 puntos, vese na obriga dun resultado positivo, pois nas tres últimas xornadas veu reducida a diferencia cos postos de descenso. Chega sen a súa referencia Rafinha, baixa por segunda semana consecutiva, pero Luis Enrique quere "complicarlle a vida ó Levante".

CONVOCATORIAS:

Levante UD: Keylor Navas e Javi Jiménez; Rodas, Vyntra, Juanfran, Nikos e Pedro López; El Zhar, Rubén, Xumetra, Sèrgio, Ivanschitz, Sissoko, Pape Diop e Simao; Casadesús, Barral e Babá.

RC Celta: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Íñigo López, Cabral e David Costas; Oubiña, Álex López, Madinda, Krohn-Dehli e Augusto; Bermejo, Nolito, Charles, Orellana e Santi Mina.

ANTECEDENTES:

Celta e Levante enfrontáronse en tan só ocasións no Cidade de Valencia na Liga BBVA, con resultados esperanzadores para os de Vigo: un empate e unha vitoria. No partido de ida, o Celta perdeu por 0-1 en partido marcado por un apagón no comezo do segundo tempo nunha noite de luns moi desapacible en Vigo.

Arbitrará o canario Alejandro Hernández Hernández, con quen non perdeu o Celta en Primeira.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE a partires das 16 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada