sábado, 8 de marzo de 2014

Celta - Atlético de Madrid (A Previa)

(Rosendo | RC Celta)
Estadio Municipal de Balaídos (20:00) | Interesante partido o que Celta - Atlético de Madrid nos ofrecerán este serán no vello coliseo do Fragoso. Chega o terceiro clasificado da Liga BBVA e grata sorpresa desta Liga na que rompeu o binomio R. Madrid/Barcelona na parte alta do taboleiro.

O Celta quere convertir Balaídos nun fortín, no que leva seis partidos sen coñecer a derrota, e persiguir conseguir os tres puntos que o asenten aínda máis na zona cómoda da clasificación (11º con 30 puntos). Mentres o Atlético (3º con 61 puntos) chega coa obriga de gañar para non descolgarse de Real Madrid (a tres puntos) e Barcelona (a dous) na loita polo Campionato.

Chega este Atlético coas baixas de Arda Turan, Diego Godín e Diego Costa, por acumulación de cartóns, pero non debe menosprezarse ós seus recambios. Simeone, o seu adestrador, alabou o xogo do Celta, dicindo que "requerirá un grande esforzo" para eles e que a clave será "xogar en equipo".

Para Luis Enrique, o Atlético é un dos favoritos para gañar a Liga e non quixo valorar as baixas dos colchoneiros. Declarou que o Celta "sairá polos tres puntos".

CONVOCATORIAS:

RC Celta: Yoel e Sergio; Hugo Mallo, Fontàs, Oubiña, Álex López, Nolito, Charles, Orellana, Aurtenetxe, Madinda, Jonny, Íñigo López, Cabral, Krohn-Delhi, Augusto, Welliton e Santi Mina.

Atlético de Madrid: Aranzubía e Courtois; Filipe Luis, Alderweireld, Giménez, Juanfran, Insúa e Miranda; Mario Suárez, Koke, Raúl García, Cristian Rodríguez, Gabi, Diego, Sosa e Nana; Adrián e Villa.

ANTECEDENTES:

Celta e Atlético disputaron un total de 45 partidos en Balaídos na división de honra 16 vitorias para os de Vigo, 11 emaptes e 18 derrotas, con 59 goles a favor e 66 en contra. A meirande vitoria para o Celta foi na xornada 13 da tempada 1954-55 cun contundente 8 a 1. Na primeira volta o Celta perdeu por 2-1.

Arbitará Mateu Lahoz (colexio valenciano) a quen lle pitou en dúas ocasións ó Celta como local na Liga BBVA cunha vitoria e un empate para os de Vigo.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE onde FAREMOS A PREVIA a partires das 19 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-), desde onde partires cara ó Estadio a continuación.

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada