sábado, 15 de febrero de 2014

Villarreal - Celta (A Previa)

Estadio de El Madrigal (22:00) | Villarreal e Celta enfróntanse esta noite no Madrigal, nun partido no que os de Marcelino García Toral buscan afianzarse na quinta praza clasificatoria e non perder de vista o cuarto posto que lles daría acceso á Champions. Mentres, os de Luis Enrique Martínez buscan manter o excelente estado de forma que ratifique as dúas vitorias consecutivas (fronte a Betis e Granada) e un meritorio empate fronte a todo un Athletic Club e que lle permite estar nun cómodo 11º posto na táboa.

Marcelino García, adestrador do Villarreal, desfíxose en halagos para o Celta, afirmando que "o Celta é un equipo que sabemos será complicado de derrotar polo seu estilo de xogo dinámico". Mentres, Luis Enrique di dos levantinos que "na ida nos crearon moito perigo, pero queremos demostrar que fora da casa podemos ser un equipo incómodo".

García Toral, ademáis das baixas de Pablo Íñiguez, Javier Aquino, Cani e Oliver Torres, perdeu nas últimas horas ó seu porteiro titular Sergio Asenjo. Mentres, Luis Enrique tamén perdeu a Charles, afectado por un proceso gripal. Mina finalmente viaxou a Villarreal aínda que é seria dúbida para este encontro.

CONVOCATORIAS:

Villarreal CF:  Juan Carlos e Aitor; Mario, Pantic, Jokic, Jaume Costa, Dorado, Gabriel e Musacchio; Bruno, Trigueros, Tomás Pina, Joan Román e Moi Gómez; Giovani, Perbet, Jonathan Pereira e Nahuel.

RC Celta:  Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Íñigo López, Costas, Aurtenetxe e Jonny; Oubiña, Augusto Fernández, Krohn-Dehli, Álex López, Rafinha e Madinda; Santi Mina, Bermejo, Nolito e Orellana.

ANTECEDENTES:

Villarreal e Celta enfrontáronse en sete ocasións no Estadio do Madrigal con resultado de 4 vitorias a favor dos castellonenses, 2 empates e só unha vitoria a domicilio dos vigueses, con 13 goles a favor do Villarreal por só 5 do Celta. A vitoria mais avultada para os amarelos conseguironna na tempada 2002-2003, xornada 34, na que venceron por cinco goles a cero.

Arbitrará Fernández Borbalán (comité andaluz), que lle pitou en tres ocasións ó Celta como visitante, con dúas derrotas e só un empate.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE onde FAREMOS A PREVIA a partires das 9 da noite, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada