sábado, 22 de febrero de 2014

Celta - Getafe (A Previa)

Estadio Municipal de Balaídos (18:00) | Celta e Getafe enfróntanse esta tarde no vetusto Balaídos con obxectivo de alonxarse o mais posible dos postos de descenso, pero chegan a este partido de xeito diferente e con sensacións opostas.

Así, o Celta de Luis Enrique ven de encadenar catro partidos sen coñecer a derrota, dos que tres de eles foron vitorias (a última, o 0-2 fronte ó Villarreal) e, aínda que o discurso oficial segue a ser a de que o obxectivo prioritario é a de manterse de categoría (mesmo o adestrador ofreceu números na súa rolda de prensa de onte), o certo é que xa se empeza a acariñar a posiblilidade de chegar a cotas mais altas.

En tanto o Getafe de Luis García chega a Vigo cunha dinámica totalmente diferente, na que leva nove partidos sen coñecer a vitoria. A derradeira, chegou o 29 de novembre, fronte ó Levante (1-0). Ocupa a 15ª posición con 25 puntos. Unha derrota poría en serios apuros ós madrileños e mesmo podería custarlle ó cargo ó seu adestrador. Curiosamente, no partido de ida no Alfonso Pérez, o Celta foi derrotado por 2-0, nun dos peores partidos que se lembran en tempo recente dos celestes.

CONVOCATORIAS:

RC Celta:  Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Costas, Aurtenetxe e Jonny; Oubiña, Augusto Fernández, Krohn-Dehli, Álex López, Rafinha e Orellana; Charles, Santi Mina, Nolito e Williton.

Getafe CF:  Moyá e Codina; Alexis, Roberto Lago, Lisandro, A. Arroyo, Rafa e Valera; Lacen, Lafita L., Pablo Sarabia, Gavilán, P. León, D. Castro, Sammir, J. Rodríguez e Borja F.F.; Ciprián.

ANTECEDENTES:

Celta e Getafe enfrontáronse en tres ocasións no Estadio Municipal de Balaídos, con pleno de vitorias para os vigueses (Fonte: Celta Historia). No partido de ida, gañaron os azulóns por 2-0.

Arbitrará Clos Gómez (comité aragonés), con quen o Celta nunca gañou. Foi arbitrado polo trencilla aragonés en catro ocasións, con dous empates e dúas derrotas na Liga BBVA.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE onde FAREMOS A PREVIA a partires das 17 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-), desde onde partires cara ó Estadio a continuación.

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada