miércoles, 8 de mayo de 2013

Celta - At. Madrid (A Previa)

Unha imaxe do partido de ida no Vicente Calderón | Agencia EFE
Estadio Municipal de Balaídos (19:30 h.) | Esta tarde disputan Celta e Atlético de Madrid, en partido adiantado por mor da final da Copa do Rei, unha finalísima para os vigueses. Tralo empate conseguido o pasado venres fronte ó Athletic Club de Bilbao (que soubo a victoria tralos dous tiros ós paus e os numerosos fallos dos bilbaínos ante a meta de Javi Varas, e que Aspas rectificou a falta de 7 minutos para o remate do partido), aos de Resino só lles vale a victoria para ter posibilidades reais de permanencia na Liga BBVA.

Os colchoneiros chegan a Balaídos co obxectivo de conseguir o punto que lles de a clasificación matemática como terceiros para a Liga de Campións e o grupo ten ese punto gañador que lles da o seu adestrador Diego Simeone. Os xogadores do Celta poderían ter no seu favor que teñan a mente posta mais na final de Copa que na Liga.

Balaídos presentará un bo ambente, pese á inusual hora un mércores, algo que necesitarán os nosos. As colas nas taquillas do Estadio eran constantes estes días previos.

Por parte do Atlético de Madrid, Diego Simeone viaxou a Vigo con 19 xogadores, que son os seguientes: Asenjo e Curtois (porteiros), Godín, Filipe Luis, Cata Díaz, Juanfran, Ínsua, Miranda; Mario Suárez, Tiago, Koke, Raúl García, Arda Turan, Cristian Rodríguez, Gabi, Óliver; Falcao e Diego Costa.

Por parte do Real Club Celta, Abel Resino tambén convocou a 19 xogadores, no que destacan Blanco e Madinda, do filial. Son baixa por lesión Hugo Mallo e Sergio. Non van convocados por decisión técnica Samuel, Demidov, Pranjic e Park. Os convocados son: Varas e Rubén Blanco (porteiros), Lago, Túñez, Vila, Cabral, Bellvís, Jonny Castro; Oubiña, Álex López, Toni Rodríguez, De Lucas, Krohn-Delhi, Augusto Fernández, Levy Madinda; Mario Bermejo, Fabián Orellana e Iago Aspas.

No partido de ida, gañou pola mínima o Atlético de Madrid por 1-0, con gol de Adrián.


Haberá recibimento de gala ó Real Club Celta nos aledaños de Balaídos, con moito lume para darlle a forza e a calor que necesitan os de Resino. Estades todos convocados a partires das 17:45 horas.

Tralo recibimento, farémola previa, como de costume, en Cafetería Las Gradas (Avda. de Fragoso, 92, fronte ó Estadio) desde onde partiremos ó campo.

Por que, como sempre #AlaCelta



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada