domingo, 12 de mayo de 2013

Betis - Celta (A Previa)

Aspas entre dous béticos na ida | Diego Pérez (RC Celta)
Benito Villamarín (17:00) | Esta tarde Celta disporá da, probablemente, derradeira oportunidade para seguir crendo no obxectivo da salvación, pese ó seu tropezo o mércores fronte ó Atlético de Madrid (1-3). Os rivais directo da zona baixa da táboa clasficatoria seguen empeñados en darlle vida ós vigueses, tralos tropezóns de Mallorca (xa virtual Segunda) e Deportivo.

Betis e Celta perseguen obxectivos moi diferentes; os de Pepe Mel buscarán coa victoria entrar en Europa, e o adestrador xa deixou claro na véspora que ese é un obxectivo para os seus: "É fundamental gañar para depender de nós mesmos", dixo.

No Real Betis Balompié contarán coa importante baixa de Jorge Molina, por lesión, e Mel buscará o xogo rápido polas bandas, según declarou.

Os dezaoito convocados polos béticos son os seguintes: Adrián, Fabricio, Álex Martínez, Nacho, Chica, Paulao, Amaya, Mario, Rubén Pérez, Nono, Nosa, Beñat, Salva Sevilla, Campbell, Juan Carlos, Vadillo, Pabón e Rubén Castro.

Polo que respecto ó Real Club Celta, Abel Resino declarou que pese a derrota dos seus este mércores, aínda que a salvación é posible para os seus, pero que probablemente este sexa o derradeiro cartucho para ese obxectivo, sen depender de cálculos matemáticos. O técnico toledano do Celta engadiu que ve ós seus pupilos con mentalidade forte para sacer adiante este partido.

A baixa máis importante para os vigueses é a de Mario Bermejo, con rotura de ligamentos cruzada, e será operado polo Dr. Cota o vindeiro martes. A súa baixa súmase ás de Hugo Mallo, Sergio e Park, por lesión. Tamén é baixa por acumulación de cartóns, Álex López. Os vinte convocados por Abel Resino son: Varas e Rubén Blanco, Lago, Túñez, Vila, Cabral, Bellvís, Jonny Castro, Samuel; Oubiña, Toni Rodríguez, De Lucas, Krohn-Delhi, Augusto Fernández, Insa, Demidov, Pranjic, Levy Madinda; Orellana e Iago Aspas.

No partido de ida, gañaron os andaluces por 0 goles a 1 en Balaídos.

Podes disfrutar desde xa deste decisivo encontro con nós en Cafetería Las Gradas (Avda. de Fragoso, 92, fronte ó Estadio).

Vivirás con nós o celtismo!!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada