lunes, 15 de abril de 2013

Mallorca - Celta (A Previa)

Aspas, rodeado, na ida en Vigo | La Voz de Galicia
Iberostar Estadio (21:00 h) | Partido a vida ou morte o que teñen que disputar esta noite Real Club Deportivo Mallorca e Real Club Celta no Estadio de Son Moix (renomeado Iberostar por motivos publicitarios), colista e penúltimo na clasificación, ámbolos dous con 24 puntos. O Celta ten mellor coeficiente xeral de goles (de ahí que sexa penúltimo) e unha victoria lle permitiría gañar tamén o coeficiente particular cos de Palma.

Só lles vale a vitoria ós celestes, que disputa a súa primeira final cun rival directo. Esta necesidade veuse acrecentada, se cabe, pola victoria do Deportivo o sábado (que lle permitiu saír dos postos de descenso ós coruñeses), para poder seguir soñando coa salvación.

Apoio non lles faltará aos de Resino, como demostraron os centos de siareiros que se achegaron onte ó derradeiro adestramento na Madroa, antes de partires pola tarde a Palma de Mallorca.

Vixaron os seguintes xogadores: Javi Varas, Rubén, Roberto Lago, Túñez, J. Vila, Cabral, Jony, B. Oubiña, Álex López, Pranjić, Orellana, De Lucas, Krohn-Dehli, Augusto Fernández, Natxo Insa, Madinda, M. Bermejo e Park. Quedáronse en Vigo por decisión técnica Toni e Bellvís. Iago Aspas cumpre o seu terceiro partido de sanción, e tamén quedan en Vigo, lesionados, Demidov, Sergio, Samuel e Hugo Mallo.

Resino poderá contar, se é o seu desexo, con Andrés Túñez, recuperado da súa pubalxia e non chegou a este encontró Vadim Demidov, cunha elongación leve. Probablemente esté listo para o encontro do vindeiro luns en Balaídos, fronte ó Zaragoza.

Por parte do Real Club Deportivo Mallorca, os convoados por Gregorio Manzano son os siguientes: Calatayud, Aouate, Hutton, Geromel, Anderson, Nunes, Bigas, Luna, Kevin, Ximo, Pina, Pereira, Nsue, Tissone y Fontàs, Víctor, Alfaro, Hemed e Giovani.

Manzano non desvelou a súa táctica e celebrou tódolos entrenamentos a porta pechada. Mentres, os de Resino probablemente insistan na táctica da defensa adiantada e esta semán ensaiaron xogadas de estratexia, que veremos si lle dan resultado.

Arbitrará Jesús Gil Manzano, do Colexio Extremeño. No partido da ida, disputado en Balaídos, baleares e galegos empataron a un tanto. Os goles foron de Tomer Hemed, no minuto 22, por parte mallorquina e Park Chu-Young fixo o empate por parte viguesa.

Este partido vital para as aspiracións de salvación do Celta o podes ver en Cafetería Las Gradas (Av. Fragoso, 92, fronte a Balaídos) onde desde Preferencia Celeste lle daremos toda a calor que necesitan os nosos.

E coma sempre, Ala Celta!
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada