sábado, 27 de abril de 2013

Levante - Celta (A Previa)

Aspas rodeado, na ida | Foto: Xoan Carlos Gil (La Voz de Galicia)
Ciutat de València (16:00 h) | Trascendental partido, como os cinco restantes, o que lle toca disputar esta tarde ó Celta, aínda co sorriso nos beizos trala agónica, pero importante, victoria conseguida o pasado luns fronte ó Real Zaragoza en Balaídos.

A novidade máis importante dos celestes é a volta de Iago Aspas na convocatoria, tras cumprir os catro partidos de sanción polo cabezazo en Riazor. Nembargantes, hai que lembrar que está apercibido polos catro cartóns amarelos que leva. Na súa mesma situación se atopan Varas, Lago, Oubiña, Insa, Álex López, Augusto Fernández, Bermejo e Orellana. Resino xa avisou que probablemente haxa rotacións para o tramo final de Liga.

Os convocados do Real Club Celta para este partido son os que seguen: Varas, Rubén Blanco, Lago, Oubiña, Túñez, Vila, Augusto, Álex López, Cabral, Bellvís, Insa, Orellana, Krohn-Delhi, De Lucas, Bermejo, Jonny Castro, Madinda e Aspas. Sergio, Hugo Mallo, Pranjic e Park (que non chega tralo seu golpe no partido fronte a Zaragoza) son baixa por lesión. No entran na convocatoria lista Samuel, Demidov e Ton.

En canto o Levante a sensación  que produce o equipo e a de ter todos os deberes feitos, na que foi eliminado en Octavos da Europa League e ten bastante dificil (pero non imposible) a súa clasificación a competicións europeas. A súa salvación é prácticamente virtual, polo que se espera que sexa un equipo que xogue sen a tensión necesaria para este menester. Pode xogar en contra dos intereses do Celta a sensación de equipo frouxo que deu contra o Deportivo (0-4), por exemplo, e queran mellorar esa imaxe. Un dos fixos no Levante é o ex-céltico Juanfran. Para él, é importante sellar a permanencia canto antes.

Ésta é a lista de convocados por Juan Ignacio Martínez, adestrador levantino, para este enfrontamento: Munúa e Keylor Navas (porteiros); Navarro, Vyntra, Juanfran, Ballesteros, Pedro López, Chris, Barkero, El Zhar, Iborra, Pedro Ríos, Valdo, Michel, Simao, Acquafresca, Rubén e Roger. Se quedan fora Rodas, Dudka, Nikos, Juanlu e Diop.

O Levante ocuupa o posto 12, con 40 puntos e o Celta é penúltimo, con 27. Na ida, disputada en Balaídos na xornada 14 (2/12/12) ámbolos dous conxuntos empataron a un gol (De Lucas, no 36 e Roger, no 88).

Haberá representación da nosa Peña no Ciutat de València, dándolle a calor que os nosos precisan. E para os que non viaxaron, poderase disfrutar deste apaixoante partido en Cafetería Las Gradas, fronte ó Estadio de Balaídos. Por que nós #NonNosRendemos e #XuntosConseguirémolo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada