Mostrando entradas con la etiqueta participacion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta participacion. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de octubre de 2013

Recollida participacións de lotería e décimos do Nº01923

Como xa saberedes, temos nas nosas mans os décimos e participacións de lotería da xente que as reservou. Algunhas xa as repartimos o Luns na previa do Celta-Levante.

Este Xoves 24 de Outubro de 19:00-21:00 e o vindeiro Martes 29 de Outubro de 20:00-21:30 (na previa do Celta-Barcelona) seguiremos entregando os décimos e participacións reservadas na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Avenida Fragoso 92, enfrente de Balaídos -Mapa-).

Para quen non reservou, hai algunhas participacións dispoñibles na nosa sede, a un prezo de 2,4€ (2€ para o sorteo extraordinario do 22 de Nadal e 0,40€ para o sorteo dunha bufanda da nosa peña), pero se a tendes reservada falade directamente con nós nos horarios establecidos.

Xoga o 01923 con Preferencia Celeste

jueves, 26 de septiembre de 2013

Xoga con Preferencia Celeste ó 1923 na Lotería de Nadal 2013

Domingo 29 último día para reservar décimos do 1923. Logo do domingo será posible mercar algunhas participacións pero non décimos!

En Preferencia Celeste queremos convidar a todos os  peñistas e simpatizantes do Celta a xogar connosco á Lotería de Nadal 2013.

Logo dun par de anos detrás do número, podemos por fin ofrecervos o 01923 no sorteo que pecha o ano no que conmemoramos os #90AnosDeHistoria do noso clube. Este ano ademáis, a cor do décimo é celeste: a sorte viste de celeste, motivo engadido para xogar ó Gordo de Nadal.

Tendes dúas posibilidades de xogar connosco:

Décimo de 20€+2€ para rifa (sorteo bufanda).

Participación de 2€+0,40€ para rifa (sorteo bufanda).

Podedes reservar e pagar a lotería en Cafetería Las Gradas (Fragoso 92 diante de Balaídos) hoxe Venres 13 de 18:00-20:00, mañá Sábado 14 de 18:00-20:00 e o Luns 16 durante o Athletic de Bilbao-Celta de Vigo. este Xoves 26/09/13 de 21:30-23:45 durante o Getafe-Celta Tamén na previa do partido do Celta-Villareal o Domingo 22 e na previa do Celta-Elche o Domingo 29. O propio domingo 29 pechamos o prazo de reserva e pagamento, facemos o pedido, e non será posible pedir máis lotería. Asimesmo temos un número limitado de lotería á nosa disposición,  non quedes sen ela!

Ademáis da lotería xogada, participaredes no sorteo dunha bufanda da nosa peña, a celebrar o propio 22/12/13 en lugar e hora por determinar.

Premios suxeitos á normativa fiscal vixente. Facenda reterá un 20% do importe para premios superiores a 2500€. Dita retención aplica íntegramente ó décimo e á parte proporcional no caso das participacións.

martes, 27 de noviembre de 2012

Bases legais sorteo balón asinado polos heroes do ascenso

 Asociación Peña Celtista Preferencia Celeste
CIF: G-27.765.775
Avenida Fragoso 92 (Cafetería Las Gradas)
36210 Vigo




BASES SORTEO BALÓN ASINADO POLOS HEROES DO ASCENSO DO CELTA DA ASOCIACIÓN PEÑA CELTISTA PREFERENCIA CELESTE



1. O presente sorteo está organizado pola Asociación Peña Celtista Preferencia Celeste, válidamente constituida e con domicilio social na Avenida Fragoso Nº 92 (Cafetería Las Gradas), CP 36210 de Vigo, con CIF: G-27.765.775.

2. O presente sorteo terá por finalidade a recadación de fondos para sufragar o presuposto da peña e as actividades previstas para a tempada 2012-2013.

3. Pode participar na rifa calquera persoa física que merque un boleto de participación previo pago dun euro (1 €). O boleto só terá validez co sello da peña.

4. A venda dos boletos comeza o 24 de Novembro e remata cando se venda o último número.

5. O número de participacións (boletos) do sorteo é de mil (1.000) numeradas desde o 0001 ata o 1000 ambos inclusive. Cada boleto levará un resgardo adxunto co número correspondente, que actuará como xustificante da venda do mesmo e como comprobante do boleto orixinal.

6. O premio consiste nun (1) balón oficial asinado por xogadores do plantel do Real Club Celta que participaron no ascenso a primeira división na tempada 2011-2012. Tamén haberá un premio de consolación consistente nunha (1) bufanda da peña. Os premios non poderán ser canxeados polo seu equivalente en metálico.

7. Os premios estarán dispoñibles para recoller no local da peña desde o momento mesmo do sorteo. En ningún caso se enviarán ou entregarán fóra do local.

8. Na rifa participarán todos aqueles boletos vendidos conforme ó establecido nos puntos 3. e 4.

9. O sorteo se celebrará no local da peña, Cafetería Las Gradas, Avenida Fragoso Nº92, en Vigo, na fin de semana posterior á venda do último boleto. A data do sorteo publicarase no sitio web oficial da peña (www.preferenciaceleste.com) así como na conta de twitter oficial da peña (@PrefCeleste).

10. Na rifa se extraerá ó azar por un membro da xunta directiva da peña, ou pola persoa autorizada pola xunta directiva un primeiro xustificante de entre o total de boletos vendidos que será o gañador do balón descrito no punto 6. Posteriormente, extraerase un segundo boleto que será premiado cunha bufanda, segundo o descrito no punto 6.

11. O resultado dos gañadores terá difusión no sitio web oficial da peña (www.preferenciaceleste.com) así como na conta de twitter oficial da peña (@PrefCeleste).

12. O gañador terá un prazo de noventa días naturais a partires do momento no que se publique o resultado na páxina web, para retirar o premio do local. Se o gañador non o recolle dentro do prazo, o premio quedará deserto.

13. Asimesmo o gañador da rifa, terá que presentar como norma obrigada o orixinal do boleto, non sendo válidas nin fotocopias, nin calquera outro documento ou acto encamiñado a demostrar a posesión do mesmo, que foi entregado cando realizou a compra da participación.

14. Non serán válidos os boletos rotos, enmendados, incompletos ou defectuosos, a decisión imparcial a xuizo da organización.



Vigo a 24 de Novembro de 2012




Un documento PDF coa copia destas bases legais pode descargarse desde aquí

Podedes consultar a información do sorteo desde aquí