Mostrando entradas con la etiqueta Real Valladolid. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Real Valladolid. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de abril de 2014

Celta - Valladolid (A previa)

(Ilustración: Pablo Rosendo | RC Celta)
Estadio Municipal de Balaídos (22:00) | Celta e Valladolid veránse as caras esta noite no vello Balaídos co obxectivo de conseguir de xeito matemático a permanencia aínda que os pucelanos chegan a Vigo cunha necesidade casi imperiosa de conseguir os tres puntos.

Os de Luis Enrique queren ofrecer esta noite unha vitoria que lles daría ós vigueses prácticamente a salvación matemática, pois quedarían con 43 puntos, por riba do obxectivo inicial dos 40 puntos. "É importante que a afección saiba que gañar o partido de mañán (por hoxe) nos daría a salvación matemática, nos permitiría conseguir, por fin, o tan ansiado obxectivo que nos tiñamos marcado", foron as palabras do adestrador celester para salientar a importancia do partido desta noite.

O Valladolid, pola contra, chega coa auga ó cuello, ocupa a penúltima posición na táboa clasificatoria, aínda que cun partido menos, o que lle resta disputar contra o Real Madrid por mor da Champions League. O seu adestrador, Juan Ignacio Martínez, valorou a importancia de lograr unha triunfo en Vigo: "Unha victoria tería moita importancia tanto desde o punto de vista clasificatoria como anímico", foron as súas verbas.

ANTECEDENTES: A estatística está do lado vigués, en 27 enfrontamentos entre Celta e Valladolid en Balaídos, 14 foron victorias locais por só 3 visitantes. Os restantes 10 partidos remataron con táboas. O Celta fixo 22 goles e recibiu 22. A vitoria mais avultada foi na tempada 1949/50 cun contundente 4-0, na xornada 18. No partido de ida no Novo Zorrilla, o Valladolid impúxose por un claro 3-0, os tres de Javi Guerra.

Arbitrará Teixeira Vitienes.

CONVOCATORIAS:

RC Celta: Yoel e Sergio; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Iñigo López e Cabral; Borja Oubiña, Rafinha, Madinda, Krohn-Dehli e Augusto; Mario Bermejo, Nolito, Charles, Orellana e Santi Mina.

Real Valladolid:  Jaime e Diego Mariño; Jesús Rueda, Rukavina, Peña, Mitrovic e Valiente; Álvaro Rubio, Víctor Pérez, Rossi, Omar, Larsson, Óscar e Bergdich; Javi Guerra, Jeffren, Manucho e Osorio.

@CentolosdoCelta e @irmandinos1923 disputan hoy la final del Mundial de Peñas de #BalaídosUniversal.En la portería @PrefCeleste.Felicidades!
Preferencia Celeste conseguiu un honorable 3º posto no mundial das peñas de #BalaídosUniversal. Só por detrás de Centolos Celestes e Irmandiños 1923. Isto nos permitirá parar os penaltis da final que disputarán Centolos e Irmandiños.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na PREVIA a partires das 21 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-), desde onde partiremos cara ó Estadio a continuación.

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

 

lunes, 16 de diciembre de 2013

Real Valladolid - Celta (A Previa)

Real Valladolid - RC Celta (A Previa) | LFP
Estadio José Zorrilla (22:00) | Real Valladolid e Celta disputarán esta noite un encontro que xa é un clásico entre branquivioletas e celestes, na que os horarios televisivos impedirán un grande desembarco de siareiros vigueses na capital castelá. Unha mágoa.

Partido importantísmo para casteláns e galegos, pois os primeros buscarán sair dos postos de descenso, namentres que os vigueses buscarán afastarse ainda mais deses postos perigosos e durmir tralo partido que remata esta xornada de Liga en zona templada do taboleiro. Unha vitoria significaria para os vigueses a súa segunda vitoria consecutiva en Liga (terceira, se temos en conta a vitoria en Vigo fronte ó Athletic Club no partido de Copa).

Convocatorias:

Real Valladolid:
Mariño e Jaime; Rukavina, Alcatraz, Jesús Rueda, Marc Valiente, Peña, Bergdich e Álvaro Rubio; Rossi, Víctor Pérez, Baraja, Ebert, Larsson, Óscar e Omar; Osorio, Manucho e Javi Guerra.

Real Club Celta: Sergio e Yoel; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Cabral e David Costas; Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Krohn-Dehli e Augusto; Bermejo, Nolito, Charles, Orellana e Santi Mina.

Antecedentes:

Valladolid e Celta enfrontáronse anteriormente en 27 ocasións no Estadio José Zorrilla, na Liga BBVA. O Celta vencéu en 11 ocasións, mentres que o Valladolid o fixo en 10. En seis ocasións empataron pucelanos e olívicos. Valladolid conseguiu nestes enfrontamentos 39 goles, por 38 do Celta. O meirande vitoria para os vallisoletanos foi o 4-0 que conseguiu na xornada 31 da tempada 1985/86.

Arbitrará Teixeira Vitienes, que nunca lle pitou ó Celta como visitante na Liga BBVA.

Este partido é televisado en aberto. Nembargantes, podes acompañarnos na CAFETERÍA LAS GRADAS, Avda Fragoso, 92, fronte ó Estadio (Mapa).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

domingo, 26 de mayo de 2013

Valladolid - Celta (A Previa)

Aspas, protagonista na ida | Jorge Landín (Marca)
Estadio José Zorrilla (20:00 h) | O Celta xa non ten marxe de erro. Hoxe trátase de gañar ou despedirse de calquera posibilidade matemática de permanecer na división de honra do fútbol español. Pero, ademáis, non dependen de sí mesmos os nosos. Osasuna e Deportivo non deben obter mais dun punto nos seus enfrontamentos de esta noite, todos na mesma hora, pois tratarse da antepenúltima xornada de Liga.

O Real Valladolid, que non se xoga nada, e disputa o derradeiro partido desta tempada no Novo José Zorrilla, só busca agradar ó seu público tras unha boa tempada no seu retorno á división de honra e se espera que os afeccionados branquivioletas lle den un merecido tributo ós pupilos de Miroslav Djukic.

A convocatoria do Valladolid é a seguinte:  Jaime, Dani (porteiros), Rukavina, Sereno, Valiente, Jesús Rueda, Peña, Álvaro Rubio, Sastre, Baraja, Víctor Pérez, Ebert, Omar, Óscar, Bueno, Lolo, Larsson e Manucho. Unha baixa importante é a de Javi Guerra cunhas molestias das que non poido recuperarse. Tamén son baixa Balenziaga e Neira. Posiblemente os de Pucela pongan non campo do José Zorrilla ó seu equipo de gala para enfrontarse ós vigueses, según informacións chegadas desde a capital castelá.

Antes de partires a Pucela | Iván Pérez
Mentres, o Real Club Celta viaxou onte a Valladolid en autobús desde A Madroa, tralo último adestramento en Vigo, cos seguintes convocados por Abel Resino: Javi Varas, Rubén Blanco (porteiros), Roberto Lago, Borja Oubiña, Andrés Túñez, Demidov, Bellvís, Cabral, Augusto, Álex López, Toni, Antón de Vicente, De Lucas, Samuel, Krohn-Dehli, Orellana, Natxo Insa, Iago Aspas e Levy Madinda. Destaca a entrada por vez primeira na convocatoria do canteirán Antón de Vicente. Son baixa por lesión Sergio, Hugo Mallo, Bermejo e Park; sancionados Jonny e Vila e non viaxa por decisión técnica Pranjic.

No partido de ida no Estadio de Balaídos, os vigueses venceron ós vallisoletanos por tres goles a un, en partido disputado na mañán do día de Reis, con dous goles de Aspas (un de penalti) e outro de Álex López. O gol do Valladolid, o do empate, foi obra de Bueno.

No interior do bus a Pucela | Christian
O Real Club Celta non viaxará só a Valladolid, e estará acompañado por mais dun milleiro de afeccionados que partiron en varios autobuses desde as arredores do Estadio de Balaídos esta mañán, que se sumarán ás dúzias de siareiros que viaxaron en coches particulares hasta a capital castelano leonesa.

Entre os viaxantes, non podían faltar os nosos peñistas de Preferencia Celeste, que xunto con membros das  peñas Beretes Celestes e Ardán Celeste vaixan nun dos autobuses para #PucelaCeleste.

E para os que non podedes viaxar, podes disfrutar desta finalísima na Cafetería Las Gradas (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio de Balaídos) para apoiar ós nosos na distancia.

Por que NÓS CREEMOS NO CELTA!!!