jueves, 29 de agosto de 2013

Viaxa a San Lázaro connosco Compos-Celta 04/09/13 21:00

En Preferencia Celeste estamos a organizar viaxe para o partido homenaxe ás víctimas e heroes da traxedia ferroviaria da véspera do Día de Galicia en Santiago de Compostela.

A saída é de Vigo en bus o propio mércores 4 de Setembro ás 18:00 desde o Estadio de Balaídos. A volta é ó rematar o partido. O prezo é de só 10€ (peñistas da nosa peña 8€) e inclúe a praza do bus e a entrada (a entrada é gratuíta, e viaxades xa con ela desde Vigo).

É imprescindible que traiades fotocopia do DNI lexible polas dúas caras e o formulario da viaxe cuberto en maiúscula. Os menores de idade, se non veñen acompañados do seu titor, teñen que traer a seguinte autorización cuberta en maiúscula, e a fotocopia do DNI polas dúas caras, deles e do titor que asine a autorización da viaxe. (Haberá formularios de viaxe e autorizacións no momento de ir pagar para encher na Cafetería).

Para pagar estaremos na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Fragoso 92) o Sábado 31 de Agosto de 17:00-18:30, na previa do Celta-Granada.

Tamén estaremos o Luns en Cafetería Las Gradas de 11:30-13:30 e de 19:30-21:30 (en caso de encher prazas avisariamos para evitarvos o desprazamento en balde)

No caso de non encher as prazas mínimas para cubrir o custe do bus, a viaxe se suspendería, pero a entrada poderiades quedar con ela. Non se aceptan peticións de entrada sen praza no bus.

Ven a San Lázaro a presenciar un clásico do fútbol galego, os dous equipos que locen con dignidade a cruz de Santiago no seu peito, xogando na memoria dos heroes e das víctimas de Angrois

2 comentarios:

  1. tedes o formulario na sede ? e que ando sen impresora....

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O sábado teremos formularios de viaxe e autorizacións de menores listas para cubrir na nosa sede Cafetería Las Gradas (Fragoso 92) :)

      Un saúdo.

      Eliminar