martes, 27 de noviembre de 2012

Bases legais sorteo balón asinado polos heroes do ascenso

 Asociación Peña Celtista Preferencia Celeste
CIF: G-27.765.775
Avenida Fragoso 92 (Cafetería Las Gradas)
36210 Vigo




BASES SORTEO BALÓN ASINADO POLOS HEROES DO ASCENSO DO CELTA DA ASOCIACIÓN PEÑA CELTISTA PREFERENCIA CELESTE



1. O presente sorteo está organizado pola Asociación Peña Celtista Preferencia Celeste, válidamente constituida e con domicilio social na Avenida Fragoso Nº 92 (Cafetería Las Gradas), CP 36210 de Vigo, con CIF: G-27.765.775.

2. O presente sorteo terá por finalidade a recadación de fondos para sufragar o presuposto da peña e as actividades previstas para a tempada 2012-2013.

3. Pode participar na rifa calquera persoa física que merque un boleto de participación previo pago dun euro (1 €). O boleto só terá validez co sello da peña.

4. A venda dos boletos comeza o 24 de Novembro e remata cando se venda o último número.

5. O número de participacións (boletos) do sorteo é de mil (1.000) numeradas desde o 0001 ata o 1000 ambos inclusive. Cada boleto levará un resgardo adxunto co número correspondente, que actuará como xustificante da venda do mesmo e como comprobante do boleto orixinal.

6. O premio consiste nun (1) balón oficial asinado por xogadores do plantel do Real Club Celta que participaron no ascenso a primeira división na tempada 2011-2012. Tamén haberá un premio de consolación consistente nunha (1) bufanda da peña. Os premios non poderán ser canxeados polo seu equivalente en metálico.

7. Os premios estarán dispoñibles para recoller no local da peña desde o momento mesmo do sorteo. En ningún caso se enviarán ou entregarán fóra do local.

8. Na rifa participarán todos aqueles boletos vendidos conforme ó establecido nos puntos 3. e 4.

9. O sorteo se celebrará no local da peña, Cafetería Las Gradas, Avenida Fragoso Nº92, en Vigo, na fin de semana posterior á venda do último boleto. A data do sorteo publicarase no sitio web oficial da peña (www.preferenciaceleste.com) así como na conta de twitter oficial da peña (@PrefCeleste).

10. Na rifa se extraerá ó azar por un membro da xunta directiva da peña, ou pola persoa autorizada pola xunta directiva un primeiro xustificante de entre o total de boletos vendidos que será o gañador do balón descrito no punto 6. Posteriormente, extraerase un segundo boleto que será premiado cunha bufanda, segundo o descrito no punto 6.

11. O resultado dos gañadores terá difusión no sitio web oficial da peña (www.preferenciaceleste.com) así como na conta de twitter oficial da peña (@PrefCeleste).

12. O gañador terá un prazo de noventa días naturais a partires do momento no que se publique o resultado na páxina web, para retirar o premio do local. Se o gañador non o recolle dentro do prazo, o premio quedará deserto.

13. Asimesmo o gañador da rifa, terá que presentar como norma obrigada o orixinal do boleto, non sendo válidas nin fotocopias, nin calquera outro documento ou acto encamiñado a demostrar a posesión do mesmo, que foi entregado cando realizou a compra da participación.

14. Non serán válidos os boletos rotos, enmendados, incompletos ou defectuosos, a decisión imparcial a xuizo da organización.



Vigo a 24 de Novembro de 2012




Un documento PDF coa copia destas bases legais pode descargarse desde aquí

Podedes consultar a información do sorteo desde aquí
 

lunes, 26 de noviembre de 2012

Zaragoza 0-1 Celta

O Celta enfróntase hoxe ó Zaragoza nun importante partido no que a necesidade de puntuar é xa vital, e cada partido é unha final para nós.

O Zaragoza, na metade da táboa, busca unha victoria que o manteña en postos tranquilos, e o Celta busca por fin convencer nas saídas fóra de Balaídos, tarefa que este ano é moi complicada. A pesares de ter xogado ben ou moi ben nos partidos a domicilio, o Celta ten moitísima dificultade para voltar a casa puntuando.

Coma sempre o de sempre... ALA CELTA!




sábado, 17 de noviembre de 2012

Celta 1-1 Mallorca

O Celta recibe na xornada 12 ó Mallorca en Balaídos, logo doutro partido fóra da casa no que non soubemos manter a vantaxe de 2 goles logo da expulsión de Cabral, e que rematamos por perder fronte o Rayo Vallecano.

O Domingo a partires das 16:00 teremos a oportunidade de ver ó Celta na casa, nun partido que tanto Celta como Mallorca necesitan desesperadamente puntuar para non descolgarse nos postos de descenso.

O Celta ten que crer en si mesmo,  só así recuperaremos o posto na táboa que merecemos.

Coma sempre o de sempre... ALA CELTA!!!



sábado, 10 de noviembre de 2012

Rayo Vallecano 3-2 Celta

O Celta mídese ó Rayo Vallecano no Teresa Rivero na 11 xornada de liga, nun partido no que necesitamos dunha vez por todas gañar fóra da casa.

Logo das malas decisións arbitrais dos últimos partidos, o Celta ten que olvidarse do home de negro e facer o fútbol que sabe, xa que só xogando ben e confiados, poderemos puntuar por fin lonxe de Balaídos.

Coma sempre o de sempre.... Ala Celta!


viernes, 2 de noviembre de 2012

Barcelona 3-1 Celta

O Celta visita nesta 10ª xornada o líder da primeira división nun partido no que o mundo estará pendente da recente paternidade de Leo Messi, e o celtismo da necesidade de puntuar fóra da casa.

Un Celta coa defensa tocada que se atopará a un Barcelona soberbio na casa, nun estadio complicado para puntuar, pero cun equipo que seguro que non defraudará facendo o noso xogo.

Se tivemos oportunidade de demostrar o noso xogo no Bernabeu, esperamos que no Nou Camp amosemos o "jogo bonito" que sabemos e deleitemos ós afecionados desprazados á cidade condal cunha victoria que nos manteña no medio da táboa.

Coma sempre o de sempre, Ala Celta!