martes, 23 de octubre de 2012

#ONosoDerbi Celta 1-1 Coruña

Este Sábado 27 de Outubro ás 20:00 volve a festa do fútbol galego en primeira a Balaídos cun Celta no posto 13 empatado a puntos con Zaragoza e Real Sociedad, e cun Coruña en postos de descenso necesitado de puntuar.

O Coruña buscará desesperadamente a victoria que o saque de postos de descenso logo de encaixar 5 goles na casa contra o líder da Liga.

O Celta, logo do partido contra o Real Madrid, só pode pensar en puntuar, xa que unha derrota nos deixaría caer no pozo do descenso.

Neste partido, o míster Paco Herrera cumplirá 100 encontros á fronte do Celta. Desexamos a Herrera a maior sorte para este importante encontro.

Para a previa asistiremos á comida que organiza a peña Lío en Río nos arredores de Balaídos, e para o post-partido iremos tomar algo ó Faneco no Casco Vello.

Desde as redes sociais se pide a todo o celtismo que no momento de saír os xogadores ó campo se cante o himno do Celta con todas as forzas posibles, para tentar que soe máis forte nas nosas gorxas que na megafonía do estadio. O Celta necesita de todo o noso alento neste partido.

Coma sempre o de sempre... HALA CELTA!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada