jueves, 13 de septiembre de 2012

Inauguración Peña Celtista Preferencia Celeste

Todos os que formamos Preferencia Celeste temos o pracer de anunciarvos a inauguración da nosa peña. Aínda que como sabedes temos xa case un ano de vida, a inauguración oficial será o vindeiro martes, día 18 de setembro a partires das 20:00 na nosa sede, na cafetería Las Gradas (c/Fragoso 92, Vigo).
A este evento asistirán xogadores da primeira plantilla e membros do corpo técnico do Real Club Celta. Será unha honra pola nosa parte recibir a membros das diferentes peñas celtistas, así como a calquera celtista que queira acercarse pola nosa sede a título persoal.

Sen extenderme máis, vos animo a disfrutar connosco deste día tan especial.

Recibide un cordial saúdo.
Ivan Pérez, Presidente Peña Celtista Preferencia Celeste


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada