viernes, 17 de agosto de 2012

Estamos de volta

Dentro de menos de 24 horas temos a oportunidade de tocar o ceo coas mans. A posibilidade de, temporalmente, ser líderes da primeira división de fútbol española. Casualidades que nos trae a volta a primeira logo de tantos anos vagando polo deserto de segunda.

Neste tempo, tivemos a posibilidade, gracias ó traballo do noso presidente (criticados nos primeiros momentos por moitos de nós) de rebaixar a nosa débeda a 17 millóns de euros. Moito para un equipo humilde como o Celta, pero pouco se o comparamos co resto de equipos de primeira e segunda divisións. Esta mellora económica repercutiu principalmente nas fichaxes, tivo que tirarse de canteira por non ter cartos para pagar xogadores de renome; pero a milagre ocorreu! Eses xogadores da casa, eses celtistas que animaron desde pequenos con nós desde a grada, tiveron a oportunidade de berrar e levantar os brazos desde dentro do campo. Ese é o seu soño, e o seu soño é o noso soño.

Comeza a primeira de 38 xornadas que poden rematar na máis absoluta das glorias ou no máis absoluto dos fracasos, pero iso é algo que temos que defender en todos e cada un destes 38 asaltos, o primeiro deles mañá mesmo, Sábado 18 de Agosto ás 19:00, no vetusto Estadio Municipal de Balaídos.

#EstamosDeVolta #SempreCelta

Peña Celtista Preferencia Celeste


Preferencia Celeste comezará a previa do Celta-Málaga o Sábado 18/08/12 ás 17:00 no noso local, Cafetería Las Gradas na Avenida de Fragoso Nº92. Aproveitade para anotarvos para a viaxe a Donosti, recordade que son 30€ o bus e 25€ a entrada, e que mañá poderedes facer o pago do bus en man.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada