miércoles, 9 de octubre de 2013

Viaxe suspendida! Viaxa a La Rosaleda connosco ó Málaga-Celta 26/10/13 16:00

Debido a que non vemos posible cubrir os custes do bus, vémonos obrigados a suspender este desprazamento a Málaga.



En Preferencia Celeste organizamos desprazamento a La Rosaleda para ver o Málaga-Celta. Imos apoiar ó Celta neste momento onde todos sumamos, e cada afeccionado conta.

A saída é o Venres 25 de Outubro entre as 20:00 e as 21:00 desde Balaídos, con noite en ruta, e chegada á cidade de Málaga antes do partido (Sábado 26 ás 16:00). Este horario aínda está pendente de concretar.

Logo do partido deixamos tempo libre a todos para visitar a cidade de Málaga, recomendando a visita ó Castelo de Gibralfaro (aberto ata as 20:00, 2,2€), á casa natal de Picasso (aberta ata as 20:00, 2€), ó Museo Picasso de Málaga (aberto ata as 20:00, 6€) ou ó teatro romano (aberto ata as 21:00, de balde).

A volta está prevista para o propio Sábado 26 ás 23:59 aproximadamente, con noite en ruta e chegada ó día seguinte a Vigo.

O prezo do bus é de 50€ (45€ os nosos peñistas), máis a entrada para bancada visitante: 40€. Se alguén quere coller a entrada pola súa conta, pode notificalo e pagar simplemente o bus. Non se xestionarán só entradas sen praza de bus.

Para cobrar a viaxe estamos en Cafetería Las Gradas (Avenida Fragoso 92, Vigo) o Venres 11 pola tarde de 18:00-20:00 e o Sábado 12 pola mañá de 11:00-13:00, tamén Venres 18 e Sábado 19, en horarios aínda por concretar (avisaremos do horario a través de Twitter -@PrefCeleste- e nesta mesma páxina), e o Luns 20 de Outubro de 18:00 ata que comece o partido ás 20:00.

Para anotarse é necesario cubrir no momento ou traer cuberto o formulario de viaxe a Málaga e unha fotocopia do DNI lexible polas dúas caras. Os menores tamén teñen que cubrir ou traer cuberta a autorización para menores da viaxe a Málaga e a fotocopia do DNI polas dúas caras  lexible do propio menor e da persoa que o autoriza.


En caso de non cubrir o custe do bus suspenderiamos a viaxe e devolveriamos os cartos. Os cartos da viaxe e da entrada non se devolverán a non ser que se suspenda a viaxe por parte da organización. Tan pronto como enchamos as prazas do bus notificaremos que o bus está cheo e deixaremos de aceptar novas solicitudes, non acudindo á Cafetería a cobrar. Só levaremos un bus.

domingo, 29 de septiembre de 2013

Celta - Elche (A Previa)

Un Celta - Elche disputado anteriormente | Marta G. Brea
Estadio Municipal de Balaídos (17:00 h) | Celta e Elche vense esta tarde as caras en Balaídos buscando unha victoria que lles permita a ambolos dous conxuntos disipar pantasmas.

Os vigueses por que aínda é unha asignatura pendente na súa casa (tres encontros e tres empates), e polas dúbidas creadas polo seu xogo esta semana (empate a cero en Balaídos hai sete días fronte a Alcorcón, e derrota o xoves en Getafe por 2-0) no que se viu un mal Celta.

Mentres, o Elche chega a Vigo nos postos baixos da clasificación, pero coa moral moi alta pola boa imaxe ofrecida este mércores no Santiago Bernabéu, no que un polémico penalti privou ós ilicitanos dun merecido empate no minuto 93. E queren refrendar en Balaídos esa liña ascendente.

Así as cousas, se esperará a priori un interesante duelo no Municipal vigués. Estas son as listas de convocados para a partido desta tarde:


Polo Celta: Yoel e Sergio(porteiros); Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Toni, Cabral e David Costas; Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Madinda, Krohn-Dehli e Augusto; Nolito, Charles, David Rodríguez e Santi Mina.

Polo Elche: Manu Herrera e Toño (porteiros); Albacar, Botía, Lombán, Damián e Cisma; Rivera, Rubén Pérez, Mantecón, Generelo, Fidel, Carles Gil, Aarón, Javi Márquez e Stevanovic; Boakye, Corominas e Manu del Moral.

O último antecedente de enfrontamentos entre ámbolos dous conxuntos en Primeira División en Balaídos foi o 1989 no que o Celta gañou con contundencia por 3-0. Nembargantes, o último enfrontamento Celta - Elche se produxo en 2012, na Liga Adelante, con victoria para os alacantinos, por 1-2, na tempada que significou o regreso dos vigueses á Liga BBVA. No total de enfrontamentos en Vigo (en Primeira), en seis ocasións, catro foron as victorias para o Celta, por un empate e unha derrota. Con 13 goles a favor e tres en contra.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na PREVIA na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92 (Mapa), fronte ó Estadio de Balaídos), e podes aproveitar para adquirir a nosa Lotaría de Nadal, no que xogamos o 01.923. Lembra que HOXE É O DERRADEIRO DÍA para facelas reservas e o pago para xogar décimos para este número.

E como sempre, o de sempre, Ala Celta!!!
 

jueves, 26 de septiembre de 2013

Xoga con Preferencia Celeste ó 1923 na Lotería de Nadal 2013

Domingo 29 último día para reservar décimos do 1923. Logo do domingo será posible mercar algunhas participacións pero non décimos!

En Preferencia Celeste queremos convidar a todos os  peñistas e simpatizantes do Celta a xogar connosco á Lotería de Nadal 2013.

Logo dun par de anos detrás do número, podemos por fin ofrecervos o 01923 no sorteo que pecha o ano no que conmemoramos os #90AnosDeHistoria do noso clube. Este ano ademáis, a cor do décimo é celeste: a sorte viste de celeste, motivo engadido para xogar ó Gordo de Nadal.

Tendes dúas posibilidades de xogar connosco:

Décimo de 20€+2€ para rifa (sorteo bufanda).

Participación de 2€+0,40€ para rifa (sorteo bufanda).

Podedes reservar e pagar a lotería en Cafetería Las Gradas (Fragoso 92 diante de Balaídos) hoxe Venres 13 de 18:00-20:00, mañá Sábado 14 de 18:00-20:00 e o Luns 16 durante o Athletic de Bilbao-Celta de Vigo. este Xoves 26/09/13 de 21:30-23:45 durante o Getafe-Celta Tamén na previa do partido do Celta-Villareal o Domingo 22 e na previa do Celta-Elche o Domingo 29. O propio domingo 29 pechamos o prazo de reserva e pagamento, facemos o pedido, e non será posible pedir máis lotería. Asimesmo temos un número limitado de lotería á nosa disposición,  non quedes sen ela!

Ademáis da lotería xogada, participaredes no sorteo dunha bufanda da nosa peña, a celebrar o propio 22/12/13 en lugar e hora por determinar.

Premios suxeitos á normativa fiscal vixente. Facenda reterá un 20% do importe para premios superiores a 2500€. Dita retención aplica íntegramente ó décimo e á parte proporcional no caso das participacións.

Campaña abonados 2013-2014 Únete a #PreferenciaCeleste

Abrimos xa a campaña de abonados para a próxima tempada 2013-2014. Como posiblemente saberedes, este nova tempada unificamos todas as categorías de peñista nunha única categoría a prezo low-cost.

Podes ser peñista de Preferencia Celeste por só 10€ ó ano!!
Facéndote peñista tes prioridade no acceso a viaxes e entradas das que poidamos dispoñer, desconto en productos da peña, e moitos máis beneficios.

Se te fas agora mesmo peñista, poderás gozar de todos os beneficios desde xa mesmo, sen ter que agardar á tempada que vén.

SÓ 10€

Non é requisito obrigatorio que sexas abonado ó Celta, nin sequera que sendo abonado, o sexas da bancada de Preferencia: só son necesarias as gañas de pasalo ben e gozar con esta pequena gran familia celtista.


ÚNETE A PREFERENCIA CELESTE!

Podes imprimir desde esta mesma web o formulario de inscrición ou recoller un flyer en Cafetería Las Gradas. Recorda que tes que adxuntar unha fotocopia do DNI e unha foto (pode ser a través de e-mail). Se és menor de idade, tes que cubrir a autorización adxunta e terás que enviar tamén a fotocopia do DNI do teu titor.


 

Un saúdo e... coma sempre o de sempre... ALA CELTA!!!


Getafe - Celta (A Previa)

O Getafe - Celta do pasado febreiro | Foto: J.J. Guillén (EFE)
Coliseum Alfonso Pérez (22:00 h) | Getafe e Celta mediránse esta noite nun partido no que ámbolos dous contendentes chegan con obxectivos moi diferentes. O Celta busca unha victoria que lles permita ós vigueses seguir na parte templada, con opcións para dar un salto na clasificación, mentres que o Getafe ten que buscar sair dos postos que ocupa neste intres.

Tralo empate do pasado domingo (0-0 fronte ó Alcorcón), os vigueses son novenos, con 6 puntos. Mentres, o Getafe ocupa o posto 15º, con só 4 puntos, todos conseguidos no Alfonso Pérez.

A pasada tempada, nun infausto partido para o Celta, os vigueses perderon por tres goles a un, en partido disputado o pasado 16 de febreiro. Ese partido supuxo a destitución de Paco Herrera e o debut de Santi Mina en partido de Primeira División, unha decisión moi discutida, pois sustituíra a Iago Aspas. O Celta comezara unha espiral cara abaixo que lle estivo a piques de costar a categoría.

No Getafe deste ano destaca (polo menos para os saireiros celtistas) a presenza de Roberto Lago quen, tras non chegar a un acordo co Celta cara a súa renovación, marchou para o conxunto madrileño. Será un partido moi especial para o vigués, que recoñece que, por vez primeira na súa vida "non animarei ó equipo dos meus amores, e do que son socio eu e a miña familia".

O Getafe chega a este partido coas importantes baixas de Valera e Ángel Lafita, e pode ser unha oportunidade para que Arroyo e Sarabia ocupen a titularidade no conxunto madrileño. Así as cousas, Luis García convocou ós seguintes xogadores para o partido desta noite: Moyá e Codina (porteiros); Alexis, Roberto Lago; Lisandro; Lopo García, Arroyo e Rafa; Lacen, Sarabia, Gavilán, Pedro León, Diego Castro, Juan Rodríguez, Borja Fernández, Pedro Mosquera e Javi Navas; Colunga e Miku.

O Celta ten a baixa de última hora de Augusto Fernández, que se suma á de Nolito. Prevése que Luis Enrique continúe as rotacións, particularmente nesta semana de tres partidos. Os conovados polo adestrador asturiano son os seguintes: Yoel e Sergio (porteiros); Jonny, Fontàs, Aurtenetxe, Cabral, David Costas, Bellvís e Toni; Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Madinda e Krohn-Dehli; Charles, David Rodríguez, Orellana e Santi Mina.

Nos tres partidos que Getafe e Celta xogaron anteriormente no Alfonso Pérez, dúas foron as victorias para o Getafe e só un empate entre madrileños e vigueses.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE para ver este interesante partido na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92 (Mapa), fronte ó Estadio de Balaídos), e podes aproveitar para adquirir a nosa Lotaría de Nadal, no que xogamos o 01.923 (estaremos entre as 21:30 e as 23:45 horas).

E como sempre, o de sempre... Ala Celta!!!