Mostrando entradas con la etiqueta bus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bus. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de septiembre de 2015

Bus cheo! Viaxe pechada! Viaxa a Eibar con Preferencia Celeste por só 35€ #IpurúaCeleste

Bus cheo! Viaxe Pechada!

A Peña Celtista Preferencia Celeste organiza viaxe conxunta con Irmandiños ó estadio de Ipurúa para o Eibar-Celta do vindeiro Sábado 26/09/15.

A saída está prevista para o propio Sábado 26 ás 04:00 desde o Estadio Municipal de Balaídos, e a volta está prevista para logo do remate do encontro.

O prezo é de 35€ por asento (30€ para peñistas de Preferencia Celeste/Irmandiños 1923). 

Bus cheo! Viaxe Pechada!

Para confirmar a praza é necesario pagala, puidendo facelo por transferencia bancaria, pago online vía paypal (engadindo 1,5€ de comisión) ou en man na nosa sede nos días que vos indiquemos. Para anotarvos a esta viaxe enviádenos un email a preferenciaceleste@gmail.com adxuntando o voso DNI polas dúas caras lexible, e indicando que forma de pago preferides, tralo cal vos confirmaremos a disponibilidade ou non de praza no bus e a información para facer efectivo o pago.

Recordamos que nos buses está terminantemente prohibido fumar, e que se alguén non estivera en condicións de subir ó bus debido a alcohol ou outro tipo de sustancias que lle alteren a conducta, nos reservamos o dereito de negarlle o acceso ó bus sen posibilidade de recuperar os cartos.

En caso de dúbidas ou se queredes consultar algo, podedes contactarnos no noso email preferenciaceleste@gmail.com ou no noso teléfono +34693693131




miércoles, 11 de febrero de 2015

Viaxe a Riazor: Coruña-Real Club Celta de Vigo #CoruñaCeleste BUS CHEO!

O vindeiro Sábado 21 de Febreiro de 2015 faremos por vez primeira desprazamento en bus da nosa peña ó estadio do Coruña. Este desprazamento vai ser especial, xa que coincide co inicio das obras na nosa bancada, e conque é unha viaxe que levamos tempo querendo facer, pero por unhas circunstancias ou outras nunca foi posible levar adiante.

O horario de saída será indicado persoalmente a todos os interesados en viaxar, e a volta será ó rematar o partido.

Nos buses está terminantemente prohibido fumar (nas nosas viaxes non se fuma), non permitiremos o despregamento de bandeiras/bufandas nas ventanas do bus ó chegar a Coruña e teredes que seguir as instruccións que en cada momento dean os responsables de organización. Se alguén non estivera en condicións de subir ó bus debido a alcohol ou outro tipo de sustancias que lle alteren a conducta nos reservamos o dereito de negarlle o acceso ó bus sen posibilidade de recuperar os cartos. 

Acudimos a un partido declarado de alto risco, non toleraremos actitudes violentas, recordade que a normativa antiviolencia é moi taxante. No caso de problemas no bus polo comportamento dalgunha das persoas que viaxan connosco tomaremos as medidas necesarias para que esa persoa abandone o bus no primeiro momento que poda, sendo responsable el mesmo de volver ó punto de partida.

Para viaxar é necesario que nos facilitedes a fotocopia do DNI polas dúas caras lexible, que asinedes formulario de viaxe da nosa peña (temos na nosa sede pero podedes descargala aquí -cubrir só un dos dous formularios-) e que asinedes unha autorización para o Real Club Celta de Vigo da cal vos informaremos no momento de pagar a viaxe. Os menores de idade teñen que traer ademáis fotocopia do titor e asinar a autorización de viaxe a menores (tamén dispoñible na nosa sede)

Temos xa o bus cheo e non xestionamos a compra de entradas. 






miércoles, 23 de octubre de 2013

Horarios para pagar a viaxe a #DonostiCeleste

Boas, recordade que seguimos a cobrar os 45€ do bus a #DonostiCeleste ata completar o aforo do bus, e que só levamos un bus; unha vez enchamos non colleremos máis prazas.

Hoxe Mércores 23 estamos na nosa sede, Cafetería Las Gradas a cobrar os 45€ do bus a Anoeta en horario de 17:00-19:00h. O Venres 25 estamos de 18:00-20:00h, e o Sábado 26 de 16:00-18:00h (durante partido do Málaga-Celta).

Tendes toda a info do desprazamento no post da viaxe

sábado, 19 de octubre de 2013

Viaxa con Preferencia Celeste a #DonostiCeleste

Actualización 29/10/13:

Hoxe Martes 29 estamos na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Fragoso 92) a cobrar a viaxe a #DonostiCeleste e a entregar as participacións de lotería previamente encargadas.

Bus: 45€
Entrada: 25€


Actualización 23/10/13:

Hoxe Mércores 23 estamos na nosa sede, Cafetería Las Gradas a cobrar os 45€ do bus a Anoeta en horario de 17:00-19:00h. O Venres 25 estamos de 18:00-20:00h, e o Sábado 26 de 16:00-18:00h (durante partido do Málaga-Celta). 



Vos anunciamos que Preferencia Celeste organiza desprazamento a Donosti para o partido Real Sociedad-Celta. Volvemos ó campo no que nos estreamos no noso primeiro desprazamento seguindo ó Celta fóra de Vigo.

Sairemos o Venres 22 ás 23:59 do Estadio de Balaídos e chegaremos a primeira hora da mañá do Sábado 23 a Donosti, polo que poderemos dar unha volta pola cidade e tomar uns pinchos polo casco vello antes do partido. O partido comezará ás 18:00 da tarde. Logo do partido aproveitaremos para cear algo e desfrutar do postpartido para quedar no bus arredor das 00:00-01:00 e voltar a casa, destino Balaídos, a onde chegaremos na mañá do Domingo 24, esperemos que cos 3 puntos na mochila. 

O prezo do bus é de 45€ (40€ peñistas da nosa peña) e o prezo da entrada sairá nuns días e custará probablemente 25€ ou 30€ máximo. Actualizaremos o prezo da entrada así como o saibamos.

Para pagar o bus estaremos o Luns ás 18:30 na previa do Celta-Levante e máis días que vos informaremos no grupo oficial de WhatsApp, nas redes sociais e nesta mesma web.

Para anotarse é necesario que veñades cunha fotocopia do DNI polas dúas caras lexible e o seguinte formulario (hai formularios dispoñibles en Las Gradas). Os menores tamén teñen que traer a autorización (hai autorizacións dispoñibles en Las Gradas) asinada por un titor, e a fotocopia do seu DNI e do titor que autorice a viaxar.

Coma sempre o de sempre... ALA CELTA!

miércoles, 9 de octubre de 2013

Viaxe suspendida! Viaxa a La Rosaleda connosco ó Málaga-Celta 26/10/13 16:00

Debido a que non vemos posible cubrir os custes do bus, vémonos obrigados a suspender este desprazamento a Málaga.



En Preferencia Celeste organizamos desprazamento a La Rosaleda para ver o Málaga-Celta. Imos apoiar ó Celta neste momento onde todos sumamos, e cada afeccionado conta.

A saída é o Venres 25 de Outubro entre as 20:00 e as 21:00 desde Balaídos, con noite en ruta, e chegada á cidade de Málaga antes do partido (Sábado 26 ás 16:00). Este horario aínda está pendente de concretar.

Logo do partido deixamos tempo libre a todos para visitar a cidade de Málaga, recomendando a visita ó Castelo de Gibralfaro (aberto ata as 20:00, 2,2€), á casa natal de Picasso (aberta ata as 20:00, 2€), ó Museo Picasso de Málaga (aberto ata as 20:00, 6€) ou ó teatro romano (aberto ata as 21:00, de balde).

A volta está prevista para o propio Sábado 26 ás 23:59 aproximadamente, con noite en ruta e chegada ó día seguinte a Vigo.

O prezo do bus é de 50€ (45€ os nosos peñistas), máis a entrada para bancada visitante: 40€. Se alguén quere coller a entrada pola súa conta, pode notificalo e pagar simplemente o bus. Non se xestionarán só entradas sen praza de bus.

Para cobrar a viaxe estamos en Cafetería Las Gradas (Avenida Fragoso 92, Vigo) o Venres 11 pola tarde de 18:00-20:00 e o Sábado 12 pola mañá de 11:00-13:00, tamén Venres 18 e Sábado 19, en horarios aínda por concretar (avisaremos do horario a través de Twitter -@PrefCeleste- e nesta mesma páxina), e o Luns 20 de Outubro de 18:00 ata que comece o partido ás 20:00.

Para anotarse é necesario cubrir no momento ou traer cuberto o formulario de viaxe a Málaga e unha fotocopia do DNI lexible polas dúas caras. Os menores tamén teñen que cubrir ou traer cuberta a autorización para menores da viaxe a Málaga e a fotocopia do DNI polas dúas caras  lexible do propio menor e da persoa que o autoriza.


En caso de non cubrir o custe do bus suspenderiamos a viaxe e devolveriamos os cartos. Os cartos da viaxe e da entrada non se devolverán a non ser que se suspenda a viaxe por parte da organización. Tan pronto como enchamos as prazas do bus notificaremos que o bus está cheo e deixaremos de aceptar novas solicitudes, non acudindo á Cafetería a cobrar. Só levaremos un bus.

viernes, 2 de agosto de 2013

Viaxa con #PreferenciaCeleste ó #Sporting - #Celta en Vilalba por só 23€

O Celta enfróntase neste novo partido de pretempada ó Sporting de Gijón no Estadio da Madalena en Vilalba.

En Preferencia Celeste organizamos desprazamento por só 23€ (bus+entrada), con saída o propio día do partido, Mércores 7 de Agosto de 2013 ás 15:30 do Estadio Municipal de Balaídos (enfrente de Cafetería Las Gradas) e volta ó rematar o partido. O partido comeza ás 19:00. O prezo para peñistas é de 20€ (bus+entrada).

Recordade estar media hora antes da viaxe para subir ó bus e arrancar ás 15:30.

Se o bus non cubre as prazas, a viaxe quedará suspendida. Só imos levar un bus, anotádevos canto antes.

Para o pagamento dos 23€ estaremos o Sábado na previa do Memorial Quinocho, en Cafetería Las Gradas de 17:00-19:00 tamén hoxe Luns de 12:00-13:30 e de 17:00 a 19:00 como último día o Martes 6 de Agosto de 19:00-21:00 en Cafetería Las Gradas (Fragoso 92, enfrente de Balaídos) para encher as últimas prazas do bus. Podedes traer impreso da casa o seguinte formulario ou volo entregarán para cubrir na cafetería. Traede tamén a fotocopia do DNI polas dúas caras. Os menores teñen que traer a seguinte autorización cuberta, ou cubrila na cafetería. Os menores terán que traer tamén a fotocopia do DNI polas dúas caras do titor. Quen non traia a fotocopia do DNI ou os cartos, non lle reservaremos praza.

Estadio da Madalena, Vilalba

Os peñistas que enviáchedes correo solicitando a praza, xa a tendes asignada, pasádevos nese horario a pagar.