Mostrando entradas con la etiqueta abonados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta abonados. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de mayo de 2016

Campaña de abonados 2016-2017. Únete a #PreferenciaCeleste toda a tempada por só 15€

A Peña Celtista Preferencia Celeste lanza outra tempada máis a campaña de captación de peñistas. Este ano repetimos os prezos de 15€ para novas altas e 10€ para renovacións.

Nesta nova tempada co Estadio en plena reforma e o noso equipo na UEFA, necesitamos de todas e de todos vós para xuntos levar ó Celta ó máis alto. Únete a Preferencia Celeste!

Para facerte peñista, necesitamos que nos fagas chegar o formulario de adhesión (podes deixalo no buzón que temos na nosa sede, Cafetería Las Gradas, Fragoso 92, entregalo en man ós membros da Xunta Directiva da peña, ou envialo cuberto por email a preferenciaceleste@gmail.com), fotocopia do DNI, unha foto tamaño carnet, e os 15€ da cuota anual. Os 15€ podes entregalos en man falando previamente connosco ou por transferencia bancaria na conta do Banco de Santander ES06 0049 5470 5321 1611 0331. Tamén podes facer o pago vía Paypal. Consulta connosco para esta última vía de pago. 

Tamén podes facerte peñista a través do noso formulario online!


jueves, 30 de julio de 2015

Campaña de abonados 2015-2016. Faite peñista de #PreferenciaCeleste por só 15€

A Peña Celtista Preferencia Celeste lanza outro ano máis a campaña de captación de peñistas para a tempada 2015-2016.

Este ano os novos peñistas que queiran unirse á nosa peña pagarán a cantidade de 15€ (os xa peñistas que renoven pagarán soamente 10€ ó igual que os últimos anos). 15€ que segue a ser unha tarifa "low-cost" para poder compartir connosco o celtismo sen que os cartos sexan un impedimento.

Nun ano no que seguiremos temporalmente na bancada de Río ata o remate das obras de Preferencia, queremos que, sexades abonados da bancada que sexades, vos unades a nós, para xuntos facer celtismo activo.

Para facerte peñista, necesitamos que nos fagas chegar o formulario de adhesión (podes deixalo no buzón que temos na nosa sede, Cafetería Las Gradas, Fragoso 92, entregalo en man, ou envialo cuberto por email a preferenciaceleste@gmail.com), fotocopia do DNI, unha foto tamaño carnet, e os 15€ da cuota anual. Os 15€ podes entregalos en man falando previamente connosco ou por transferencia bancaria na conta do Banco de Santander ES06 0049 5470 5321 1611 0331


Agora tamén podes facerte peñista a través do noso formulario online!
  
Xuntos por unha mesma paixón

sábado, 31 de mayo de 2014

Campaña de abonados 2014-2015. Faite peñista por só 10€ #PreferenciaCeleste

En Preferencia Celeste lanzamos un ano máis a campaña de captación de peñistas co obxectivo de chegar ós 150 peñistas, e dentro deses ter alomenos 100 peñistas que sexan abonados do Celta.

Na nosa peña buscamos celtistas dispostos a defender as nosas cores dentro e fóra de Balaídos, xente con gañas de animar, de pasalo ben e de gozar do celtismo activo. Xente que goce nos desprazamentos, que lle gusten os recibimentos, que non entenda unha fin de semana sen sufrir e gozar co noso celtiña.

Esta nova tempada 2014-2015 mantemos a tarifa única de 10€ por peñista. Pensamos que o prezo non pode ser unha barreira para que vos unades a nós.

Flyer campaña 2014-2015

Recordade que para facervos peñistas necesitamos que cubrades e asinedes o formulario de adhesión e que entreguedes unha fotocopia lexible do DNI, unha foto tamaño carnet, así como os 10€ da cota na nosa sede, Cafetería Las Gradas nas previas dos partidos ou contactando connosco vía e-mail en preferenciaceleste@gmail.com (Os menores de idade ademáis teñen que cubrir a parte baixa do formulario, o cal ten que vir asinado polo titor e adxunto tamén co DNI do titor)





Coma sempre o de sempre... ALA CELTA!!!

jueves, 26 de septiembre de 2013

Campaña abonados 2013-2014 Únete a #PreferenciaCeleste

Abrimos xa a campaña de abonados para a próxima tempada 2013-2014. Como posiblemente saberedes, este nova tempada unificamos todas as categorías de peñista nunha única categoría a prezo low-cost.

Podes ser peñista de Preferencia Celeste por só 10€ ó ano!!
Facéndote peñista tes prioridade no acceso a viaxes e entradas das que poidamos dispoñer, desconto en productos da peña, e moitos máis beneficios.

Se te fas agora mesmo peñista, poderás gozar de todos os beneficios desde xa mesmo, sen ter que agardar á tempada que vén.

SÓ 10€

Non é requisito obrigatorio que sexas abonado ó Celta, nin sequera que sendo abonado, o sexas da bancada de Preferencia: só son necesarias as gañas de pasalo ben e gozar con esta pequena gran familia celtista.


ÚNETE A PREFERENCIA CELESTE!

Podes imprimir desde esta mesma web o formulario de inscrición ou recoller un flyer en Cafetería Las Gradas. Recorda que tes que adxuntar unha fotocopia do DNI e unha foto (pode ser a través de e-mail). Se és menor de idade, tes que cubrir a autorización adxunta e terás que enviar tamén a fotocopia do DNI do teu titor.


 

Un saúdo e... coma sempre o de sempre... ALA CELTA!!!


viernes, 7 de junio de 2013

Campaña de Abonados #Celta de Vigo 2013-2014

Logo de ternos uns días en vilo, finalmente o Celta lanza a campaña de abonados da vindeira tempada 2013-2014.

As altas e renovacións poderán levarse adiante na oficina de abonados a partires do Luns 10 de Xuño ou online nun par de días.

Logo de estudiar a campaña vola explicamos (poden facer cambios, co cal o aquí exposto é meramente informativo. Para asegurarvos das condicións reais consultade na oficina de abonados ou a través da conta oficial do Celta en twitter @rccelta_oficial )

Actualizamos con infografiía realizada por nós explicando o prezo por separado de renovacións ou novas altas. Nestes prezos xa está descontado o 10% de regalo do Celta e xa están sumadas as cantidades da alta (segundo corresponde a cada caso). A este prezo hai que restarlle a maiores un 10% no caso de accionistas ou carnet familiar.

Confirmade o prezo nas canles oficiais do RC Celta


Temos dous supostos que modifican o prezo base do flyer en relación ó tipo de xestión

A) Renovacións. Neste suposto hai que descontar un 10% ó prezo base en concepto de detalle do Club connosco. Este desconto é acumulable ó desconto do 10% de familias ou accionistas en caso de poder usalo (estes dous non son acumulables entre si)

B) Novas altas. Neste suposto non hai desconto por detalle do Club, e hai que sumar unha cota de alta de 85€ para adultos e 45€ para Sub-24, Sub-15 e >65. Si que aplicaría o desconto de familia ou accionista en caso de poder usalo (estes dous non son acumulables entre si)

Temos asimesmo dous supostos en relación ó momento da renovación ou alta

1) Antes do 15 de Xullo. Neste suposto NON se pagará o suplemento cando se estableza día do Club

2) Despóis do 15 de Xullo. Neste suposto SI se pagará o suplemento cando se estableza día do Club


Prezos base
Condicións da tarifa

Cabe destacar tamén o novo deseño do carnet, nunha edición especial co logo do 90 aniversario que celebramos este verán.

Carnet 2013-2014

SempreCelta!