O Getafe - Celta do pasado febreiro | Foto: J.J. Guillén (EFE) |
Tralo empate do pasado domingo (0-0 fronte ó Alcorcón), os vigueses son novenos, con 6 puntos. Mentres, o Getafe ocupa o posto 15º, con só 4 puntos, todos conseguidos no Alfonso Pérez.
A pasada tempada, nun infausto partido para o Celta, os vigueses perderon por tres goles a un, en partido disputado o pasado 16 de febreiro. Ese partido supuxo a destitución de Paco Herrera e o debut de Santi Mina en partido de Primeira División, unha decisión moi discutida, pois sustituíra a Iago Aspas. O Celta comezara unha espiral cara abaixo que lle estivo a piques de costar a categoría.
No Getafe deste ano destaca (polo menos para os saireiros celtistas) a presenza de Roberto Lago quen, tras non chegar a un acordo co Celta cara a súa renovación, marchou para o conxunto madrileño. Será un partido moi especial para o vigués, que recoñece que, por vez primeira na súa vida "non animarei ó equipo dos meus amores, e do que son socio eu e a miña familia".
O Getafe chega a este partido coas importantes baixas de Valera e Ángel Lafita, e pode ser unha oportunidade para que Arroyo e Sarabia ocupen a titularidade no conxunto madrileño. Así as cousas, Luis García convocou ós seguintes xogadores para o partido desta noite: Moyá e Codina (porteiros); Alexis, Roberto Lago; Lisandro; Lopo García, Arroyo e Rafa; Lacen, Sarabia, Gavilán, Pedro León, Diego Castro, Juan Rodríguez, Borja Fernández, Pedro Mosquera e Javi Navas; Colunga e Miku.
O Celta ten a baixa de última hora de Augusto Fernández, que se suma á de Nolito. Prevése que Luis Enrique continúe as rotacións, particularmente nesta semana de tres partidos. Os conovados polo adestrador asturiano son os seguintes: Yoel e Sergio (porteiros); Jonny, Fontàs, Aurtenetxe, Cabral, David Costas, Bellvís e Toni; Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Madinda e Krohn-Dehli; Charles, David Rodríguez, Orellana e Santi Mina.
Nos tres partidos que Getafe e Celta xogaron anteriormente no Alfonso Pérez, dúas foron as victorias para o Getafe e só un empate entre madrileños e vigueses.
Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE para ver este interesante partido na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92 (Mapa), fronte ó Estadio de Balaídos), e podes aproveitar para adquirir a nosa Lotaría de Nadal, no que xogamos o 01.923 (estaremos entre as 21:30 e as 23:45 horas).
E como sempre, o de sempre... Ala Celta!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario