jueves, 20 de junio de 2019

Únete a Preferencia Celeste | Campaña de socios 2019/2020

Únete a Preferencia Celeste por tan so dez euros!
Hoxe comeza a campaña de abonados do Real Club Celta de Vigo... e en Preferencia Celeste non queremos ser menos! Se xa eres membro da nosa peña, a renovación custa cinco euros. Pola contra, se non eres peñista e queres darte de alta, so terás que pagar dez euros, e agasallámoste cunha bufanda oficial de Preferencia Celeste.

Ademáis, para premiar a fidelidade, sortearemos unha camiseta oficial do RC Celta e unha entrada para o Celta-Barcelona ou o Celta-Real Madrid (o primeiro que marque o calendario) entre todas as persoas que foron peñistas durante a tempada 2018/2019.

Para facerte peñista, tan so tes que cubrir o noso formulario online e enviar ao noso correo electrónico unha fotocopia do teu DNI, unha foto tamaño carnet e os dez euros da cota de alta como peñista. O diñeiro da cota, tanto nas renovacións como nas altas, podes entregalo en man falando previamente connosco ou por transferencia bancaria:

IBAN: ES06 0049 5470 5321 1611 0331
Banco: Santander.
Concepto: Cota " NOME E APELIDO"
Importe: 10€ (altas) ou 5€ (renovación)

Se tes calqueira dúbida, podes contactar connosco enviándonos unha mensaxe a preferenciaceleste@gmail.com ou, se prefires, a través das nosas contas de Twitter, Facebook ou Instagram.

jueves, 14 de junio de 2018

Campaña abonados #PreferenciaCeleste 2018-2019

Arranca a campaña de abonados para a tempada 2018-2019 co obxectivo de levar ó Celta en volandas cara unha nova participación en competición europea.

Vén soñar connosco, vén apoiar ó Real Clube Celta para xuntos conseguir unha nova clasificación para Europa nun ano que promete.

Para facerte peñista, necesitamos que nos fagas chegar o formulario de adhesión (podes deixalo no buzón que temos na nosa sede, Cafetería Las Gradas, Fragoso 92, entregalo en man ós membros da Xunta Directiva da peña, ou envialo cuberto por email a preferenciaceleste@gmail.com), fotocopia do DNI, unha foto tamaño carnet, e os 10€ da cuota anual. Os 10€ podes entregalos en man falando previamente connosco ou por transferencia bancaria na conta do Banco de Santander ES06 0049 5470 5321 1611 0331. Tamén podes facer o pago vía Paypal. Consulta connosco para esta última vía de pago.

Tamén podes facerte peñista a través do noso formulario online!


lunes, 16 de mayo de 2016

Campaña de abonados 2016-2017. Únete a #PreferenciaCeleste toda a tempada por só 15€

A Peña Celtista Preferencia Celeste lanza outra tempada máis a campaña de captación de peñistas. Este ano repetimos os prezos de 15€ para novas altas e 10€ para renovacións.

Nesta nova tempada co Estadio en plena reforma e o noso equipo na UEFA, necesitamos de todas e de todos vós para xuntos levar ó Celta ó máis alto. Únete a Preferencia Celeste!

Para facerte peñista, necesitamos que nos fagas chegar o formulario de adhesión (podes deixalo no buzón que temos na nosa sede, Cafetería Las Gradas, Fragoso 92, entregalo en man ós membros da Xunta Directiva da peña, ou envialo cuberto por email a preferenciaceleste@gmail.com), fotocopia do DNI, unha foto tamaño carnet, e os 15€ da cuota anual. Os 15€ podes entregalos en man falando previamente connosco ou por transferencia bancaria na conta do Banco de Santander ES06 0049 5470 5321 1611 0331. Tamén podes facer o pago vía Paypal. Consulta connosco para esta última vía de pago. 

Tamén podes facerte peñista a través do noso formulario online!


sábado, 13 de febrero de 2016

Sorteo 2500 followers en @Twitter

Co gallo dos 2500 followers na rede Twitter, decidimos facer un pequeno sorteo. Para participar é necesario facer RT ó chío do sorteo e ser follower noso. No propio chío hai unha enquisa, e o regalo a entregar será o que saia elixido en dita enquisa, a cal remata este Domingo 14 de Febreiro ás 19:23.


Na madrugada do Domingo ó Luns faremos o sorteo (do listado de persoas que fixeran RT eleximos o gañador a través da web www.random.org) e o publicaremos en Twitter, así como nos poremos en contacto co gañador por este mesmo medio.



Moita sorte a todos os que estades xa a participar, e, coma sempre o de sempre... ALA CELTA!!!

martes, 1 de septiembre de 2015

Bus cheo! Viaxe pechada! Viaxa a Eibar con Preferencia Celeste por só 35€ #IpurúaCeleste

Bus cheo! Viaxe Pechada!

A Peña Celtista Preferencia Celeste organiza viaxe conxunta con Irmandiños ó estadio de Ipurúa para o Eibar-Celta do vindeiro Sábado 26/09/15.

A saída está prevista para o propio Sábado 26 ás 04:00 desde o Estadio Municipal de Balaídos, e a volta está prevista para logo do remate do encontro.

O prezo é de 35€ por asento (30€ para peñistas de Preferencia Celeste/Irmandiños 1923). 

Bus cheo! Viaxe Pechada!

Para confirmar a praza é necesario pagala, puidendo facelo por transferencia bancaria, pago online vía paypal (engadindo 1,5€ de comisión) ou en man na nosa sede nos días que vos indiquemos. Para anotarvos a esta viaxe enviádenos un email a preferenciaceleste@gmail.com adxuntando o voso DNI polas dúas caras lexible, e indicando que forma de pago preferides, tralo cal vos confirmaremos a disponibilidade ou non de praza no bus e a información para facer efectivo o pago.

Recordamos que nos buses está terminantemente prohibido fumar, e que se alguén non estivera en condicións de subir ó bus debido a alcohol ou outro tipo de sustancias que lle alteren a conducta, nos reservamos o dereito de negarlle o acceso ó bus sen posibilidade de recuperar os cartos.

En caso de dúbidas ou se queredes consultar algo, podedes contactarnos no noso email preferenciaceleste@gmail.com ou no noso teléfono +34693693131




jueves, 30 de julio de 2015

Campaña de abonados 2015-2016. Faite peñista de #PreferenciaCeleste por só 15€

A Peña Celtista Preferencia Celeste lanza outro ano máis a campaña de captación de peñistas para a tempada 2015-2016.

Este ano os novos peñistas que queiran unirse á nosa peña pagarán a cantidade de 15€ (os xa peñistas que renoven pagarán soamente 10€ ó igual que os últimos anos). 15€ que segue a ser unha tarifa "low-cost" para poder compartir connosco o celtismo sen que os cartos sexan un impedimento.

Nun ano no que seguiremos temporalmente na bancada de Río ata o remate das obras de Preferencia, queremos que, sexades abonados da bancada que sexades, vos unades a nós, para xuntos facer celtismo activo.

Para facerte peñista, necesitamos que nos fagas chegar o formulario de adhesión (podes deixalo no buzón que temos na nosa sede, Cafetería Las Gradas, Fragoso 92, entregalo en man, ou envialo cuberto por email a preferenciaceleste@gmail.com), fotocopia do DNI, unha foto tamaño carnet, e os 15€ da cuota anual. Os 15€ podes entregalos en man falando previamente connosco ou por transferencia bancaria na conta do Banco de Santander ES06 0049 5470 5321 1611 0331


Agora tamén podes facerte peñista a través do noso formulario online!
  
Xuntos por unha mesma paixón

miércoles, 29 de julio de 2015

Calendario de Liga 2015-2016


Volveu cambiar o calendario... cando a RFEF, a Liga, Tebas e as TV's se aclaren, subiremos o calendario. Mentres tanto toca agardar un pouco de seriedade da "mellor liga do mundo"






A Liga cambiou o calendario... copiamos o novo calendario da web do Celta

calendarioliga15-16.jpg  

Este ano temos 4 xornadas entre semana que resulta en dous partidos na casa fronte a Barcelona e Villareal, e dous fóra fronte a Real Sociedade (viaxe clásica da nosa peña de difícil repetición polo horario) e Espanyol.

O buscado desprazamento ó derbi en Riazor está posto para a fin de semana do domingo 8 de Novembro, e este ano entra en escea un posible desprazamento a terras irmans astures para o Sporting - Celta do 10 de Abril de 2016. Sondearemos ós nosos peñistas para ver que outros desprazamentos ven interesantes de facer, comezando xa polo Levante - Celta ó que os nosos peñistas se desprazarán en coches particulares.





IDA                                                                                                      VOLTA

23/08/15             Levante - Celta                                      17/01/15             Celta - Levante
30/08/15             Celta - Rayo                                           24/01/15             Rayo - Celta
13/09/15             Celta - Las Palmas                                 31/01/15             Las Palmas - Celta
20/09/15             Sevilla - Celta                                         07/02/15             Celta - Sevilla
23/09/15(Sem)    Celta - Barcelona                                  14/02/15             Barcelona - Celta
27/09/15             Eibar - Celta                                           21/02/15             Celta - Eibar
04/10/15             Celta - Getafe                                         28/02/15             Getafe - Celta
18/10/15             Villareal - Celta                                       02/03/15(Sem)   Celta - Villareal
25/10/15             Celta - R. Madrid                                    06/03/15             R. Madrid - Celta
28/10/15(Sem)    R. Sociedad - Celta                               13/03/15             Celta - R. Sociedad
01/11/15             Celta - Valencia                                      20/03/15             Valencia - Celta
08/11/15             Coruña - Celta                                        03/04/15             Celta - Coruña
22/11/15             Celta - Sporting                                      10/04/15             Sporting - Celta
29/11/15             Betis - Celta                                           17/04/15             Celta - Betis
06/12/15             Celta - Espanyol                                    20/04/15(Sem)    Espanyol - Celta
13/12/15             Granada  - Celta                                    24/04/15             Celta - Granada
20/12/15             Celta - Athletic                                        01/05/15             Athletic - Celta
03/01/15             Málaga - Celta                                        08/05/15             Celta - Málaga
10/01/15             Celta - Atlético  M.                                  15/05/15             Atlético M. - Celta



Tamén podedes descargar o calendario en formato PDF

martes, 7 de abril de 2015

Animar non é delito: #TebasVaiteXa

A Peña Celtista Preferencia Celeste deixará de acceder ó Estadio Municipal de Balaídos cos elementos de animación como viña facendo antes da aplicación das absurdas medidas de Javier Tebas (Presidente da LFP) contra os siareiros dos equipos humildes da Liga. Non queremos identificar, cal delincuentes, ás persoas que domingo si domingo non, accedían con bandeiras, pancartas, bombos, tambores e demáis á nosa casa, o Estadio de Balaídos.

Criticamos que o Real Club Celta poña máis interese en aplicar as ideas de quen todas as xornadas nos rouba descaradamente nas nosas caras, que en protexer a quenes levamos toda unha vida defendendo polo mundo a camisola celeste.

A pesares de todas estas trabas e impedimentos, non deixaremos de animar coas nosas gorxas ó noso Celta, alá onde sexa necesario, dentro e fóra de Balaídos.

Animar non é delito.

#TebasVaiteXa

Foto de Siareiros Dezaos

miércoles, 4 de marzo de 2015

Comunicado oficial de Preferencia Celeste

Membros de Preferencia Celeste e Irmandiños no Celta-Elche (©Adrian Irago)
La peña celtista Preferencia Celeste se desmarca totalmente de los cánticos denunciados por parte de La Liga durante el partido Celta-Elche del Lunes 02/03/15 (Jornada 25) según el “Escrito de denuncia que la LFP enviará al Comité de la Competición Profesional” con fecha de publicación 3 de Marzo de 2015 disponible en la web oficial de la liga (http://www.lfp.es/noticias/nota-informativa-8/)

El objetivo de nuestra peña es apoyar incondicionalmente al Celta, cosa que hacemos cada partido en Balaídos, y siempre que podemos en los desplazamientos. A nivel interno llevamos tiempo avisando a nuestros peñistas de las actuaciones que desde La Liga se están produciendo a nivel antiviolencia. Nuestra peña rechaza todo tipo de violencia en los campos de fútbol, como también rechaza la criminalización que desde algunos estamentos se realiza contra los aficionados sin distinción.

Durante estos tres años que llevamos como peña oficial, los casos de problemas de comportamiento que hemos tenido se han resuelto en base a nuestros estatutos y reglamento interno, resultando en algún caso con la expulsión o cese de peñistas que han llevado a cabo conductas inadecuadas.

Aprovechamos el comunicado para agradecer a la Peña Celtista Irmandiños 1923 la gran acogida dispensada en este encuentro, las facilidades para colocarnos en la nueva ubicación y el buen ambiente que se vivió, pudiendo ser el germen de una futura grada de animación.


En Vigo a 4 de Marzo de 2015
Junta directiva de Preferencia Celeste.



miércoles, 11 de febrero de 2015

Viaxe a Riazor: Coruña-Real Club Celta de Vigo #CoruñaCeleste BUS CHEO!

O vindeiro Sábado 21 de Febreiro de 2015 faremos por vez primeira desprazamento en bus da nosa peña ó estadio do Coruña. Este desprazamento vai ser especial, xa que coincide co inicio das obras na nosa bancada, e conque é unha viaxe que levamos tempo querendo facer, pero por unhas circunstancias ou outras nunca foi posible levar adiante.

O horario de saída será indicado persoalmente a todos os interesados en viaxar, e a volta será ó rematar o partido.

Nos buses está terminantemente prohibido fumar (nas nosas viaxes non se fuma), non permitiremos o despregamento de bandeiras/bufandas nas ventanas do bus ó chegar a Coruña e teredes que seguir as instruccións que en cada momento dean os responsables de organización. Se alguén non estivera en condicións de subir ó bus debido a alcohol ou outro tipo de sustancias que lle alteren a conducta nos reservamos o dereito de negarlle o acceso ó bus sen posibilidade de recuperar os cartos. 

Acudimos a un partido declarado de alto risco, non toleraremos actitudes violentas, recordade que a normativa antiviolencia é moi taxante. No caso de problemas no bus polo comportamento dalgunha das persoas que viaxan connosco tomaremos as medidas necesarias para que esa persoa abandone o bus no primeiro momento que poda, sendo responsable el mesmo de volver ó punto de partida.

Para viaxar é necesario que nos facilitedes a fotocopia do DNI polas dúas caras lexible, que asinedes formulario de viaxe da nosa peña (temos na nosa sede pero podedes descargala aquí -cubrir só un dos dous formularios-) e que asinedes unha autorización para o Real Club Celta de Vigo da cal vos informaremos no momento de pagar a viaxe. Os menores de idade teñen que traer ademáis fotocopia do titor e asinar a autorización de viaxe a menores (tamén dispoñible na nosa sede)

Temos xa o bus cheo e non xestionamos a compra de entradas. 






viernes, 5 de septiembre de 2014

Viaxa a #BilbaoCeleste connosco por só 35€ (bus) #Athletic - #Celta

 BUS CHEO!

Preferencia Celeste organiza desprazamento a Bilbao para o partido que enfrontará ó Athletic Club co Real Club Celta en San Mamés Barria o vindeiro Sábado 18 de Outubro de 2014.

A saída é desde o Estadio Municipal de Balaídos o Venres 17/10/14 ás 23:59, noite en ruta, chegada pola mañá a Bilbao, día libre para coñecer a cidade, partido ás 18:00 e tempo para cear antes de coller novamente o bus de volta arredor das 23:59 do Sábado, noite en ruta e volta para chegar a Vigo na mañá do Domingo.

Para anotarvos enviade un e-mail ó noso correo preferenciaceleste@gmail.com, vos confirmamos a praza, e vos dicimos a conta bancaria para facer o ingreso dos 35€ (peñistas de Preferencia Celeste 30€). Tamén estaremos na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Fragoso 92) cobrando en man a viaxe, nas datas que publicitemos nesta web e no twitter e facebook oficial da peña.

Estamos pendentes da confirmación do prezo e disponibilidade das entradas. Vos informaremos nesta web e nas redes sociais da información das entradas que nos vaia chegando.

Nos poñemos en contacto coa xente que viaxa no bus para o pago das entradas.

domingo, 27 de julio de 2014

Calendario de Liga 2014-2015 #Celta de #Vigo

Xa temos o calendario da tempada 2014-2015 dispoñible. Como nos últimos anos, a pesares de xogar na "mellor liga do mundo" tan só sabemos na fin de semana que se xogan os partidos, e non o horario nin se se xoga Sábado, Domingo ou Luns.

Na 5º xornada (24/09/14) temos o primeiro #ONosoDerbi da tempada, na que o Celta recibe ó Coruña en Balaídos nunha xornada que se xoga entre semana, quedando a volta en Riazor para a fin de semana do 22 de Febreiro.

Posibles desprazamentos perto temos na xornada 4º (21/09/14) o Calderón fronte o Atlético, a 8º xornada (19/10/14) onde o Celta visita San Mamés Berria, e as xornadas 12º (23/11/14) e 14º (07/12/14) onde o Celta xoga fronte a Rayo Vallecano e Real Madrid respectivamente.

Para a segunda volta temos na 20º (25/01/15) o Getafe, e o desprazamento clásico desta peña a Donosti na xornada 22º (08/02/15). Tamén un posible desprazamento cara un recén chegado a Ipurúa, fronte ó Eibar na 32º (19/04/15). En Eibar o Celta ten a Peña Eibarzale que poderá gozar co Celta en primeira sen ter que moverse da casa.

Outros clásicos desprazamentos do celtismo son na xornada 10º (02/11/14) fronte ó FC Barcelona, na 28º (22/03/15) fronte ó Levante, e na 37º (17/05/15) fronte ó Valencia

Podedes descargar o calendario 2014-2015 en formato PDF

sábado, 31 de mayo de 2014

Campaña de abonados 2014-2015. Faite peñista por só 10€ #PreferenciaCeleste

En Preferencia Celeste lanzamos un ano máis a campaña de captación de peñistas co obxectivo de chegar ós 150 peñistas, e dentro deses ter alomenos 100 peñistas que sexan abonados do Celta.

Na nosa peña buscamos celtistas dispostos a defender as nosas cores dentro e fóra de Balaídos, xente con gañas de animar, de pasalo ben e de gozar do celtismo activo. Xente que goce nos desprazamentos, que lle gusten os recibimentos, que non entenda unha fin de semana sen sufrir e gozar co noso celtiña.

Esta nova tempada 2014-2015 mantemos a tarifa única de 10€ por peñista. Pensamos que o prezo non pode ser unha barreira para que vos unades a nós.

Flyer campaña 2014-2015

Recordade que para facervos peñistas necesitamos que cubrades e asinedes o formulario de adhesión e que entreguedes unha fotocopia lexible do DNI, unha foto tamaño carnet, así como os 10€ da cota na nosa sede, Cafetería Las Gradas nas previas dos partidos ou contactando connosco vía e-mail en preferenciaceleste@gmail.com (Os menores de idade ademáis teñen que cubrir a parte baixa do formulario, o cal ten que vir asinado polo titor e adxunto tamén co DNI do titor)





Coma sempre o de sempre... ALA CELTA!!!

martes, 27 de mayo de 2014

Partido #CíesPatrimonio Xoves 29/05/14 ás 20:45

Este Xoves 29/05/14 ás 20:45 terá lugar no campo do Coruxo FC no Vao un partido formado por antigas estrelas do Celta contra antigas estrelas do resto do Mundo pola declaración das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade.

As entradas poden mercarse na planta de deportes do Corte Inglés a un prezo de 15€ adultos e 8€ nenos.

Acudide para promocionar a candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade!!!




lunes, 19 de mayo de 2014

Sorteo de bufanda da nosa peña só por ser follower e facer RT!

En Preferencia Celeste sorteamos unha bufanda da nosa peña para celebrar os 2000 followers alcanzados na rede social Twitter.


VÍDEO DO SORTEO (Do streaming en directo):


Noraboa a @dalotri84 pola bufanda! Estamos xa en contacto con él para entregarlla tan pronto como poidamos :) Graciñas ó resto por participar no sorteo.


Para optar ó sorteo, que rematará o vindeiro Domingo 25/05/14 ás 23:59, tan só tes que ser follower noso e facer RT ó seguinte tweet => https://twitter.com/PrefCeleste/status/468143778063450112

Excluiremos do sorteo ós bot, contas sen actividade creadas só para este concurso, e contas de persoas ou institucións con mensaxes contra o Celta ou contra o celtismo no seu TL, así como as contas marcadamente anticeltistas.


Recorda que podes seguirnos en twitter facendo follow a @PrefCeleste e en Facebook en http://www.facebook.com/PreferenciaCeleste



sábado, 3 de mayo de 2014

Osasuna - Celta (A Previa)

Un anterior Celta - Osasuna en Balaídos (Foto: Salvador Sas | EFE).
Estadio de El Sadar (20:00) | Osasuna e Celta enfróntanse este serán no Estadio de El Sadar para buscar os de Luis Enrique acadar a seu maior número de vitorias a domicilio, mentres que os de José Gracia, que contarán con estadio cheo a rebosar busca afastarse definitivamente dos postos de descenso.

Con estes ingredentes, espérase un interesante encontro na capital navarra. Os técnicos o deixaron claro. Mentres que José Gracia, quen espera un Celta "enchufadísimo" di que "é un partido de vital importancia e trataremos dunha vez que os puntos queden na casa. Falta de compromiso e implicación vos aseguro que non falta". Por outra banda, Luis Enrique declara que quen espera que o Celta salga ó campo de El Sadar de vacacións "se equivoca". O adestrador asturiano quere un Celta o máis arriba posible.

ANTECEDENTES: Osasuna e Celta enfrontáronse nun total de 18 ocasións na Liga BBVA, con 12 vitorias locais, un empate e cinco vitorias do Celta. O Osasuna é o cuarto mellor conxunto a visitar de todos ós que se enfrontou o Celta esta tempada (Fonte: Celta Historia).

CONVOCATORIAS:

CA Osasuna: Riesgo e Andrés Fernández; Marc Bertrán, Joan Oriol, Miguel Flaño, Arribas, Oier, Lotiès e Damiá; De las Cuevas, Puñal, Armenteros, Cejudo, Lobato, Silva e Roberto Torres; Acuña e Oriol Riera.

RC Celta: Sergio e Yoel; Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Íñigo López, Cabral e David Costas; Oubiña, Álex López, Madinda, Krohn-Dehli e Augusto; Bermejo, Orellana, Nolito e Santi Mina.

Arbitrará Jesús Gil Manzano, do Colexio Extremeño.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE a partires das 19 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-).

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!



lunes, 28 de abril de 2014

Celta - Valladolid (A previa)

(Ilustración: Pablo Rosendo | RC Celta)
Estadio Municipal de Balaídos (22:00) | Celta e Valladolid veránse as caras esta noite no vello Balaídos co obxectivo de conseguir de xeito matemático a permanencia aínda que os pucelanos chegan a Vigo cunha necesidade casi imperiosa de conseguir os tres puntos.

Os de Luis Enrique queren ofrecer esta noite unha vitoria que lles daría ós vigueses prácticamente a salvación matemática, pois quedarían con 43 puntos, por riba do obxectivo inicial dos 40 puntos. "É importante que a afección saiba que gañar o partido de mañán (por hoxe) nos daría a salvación matemática, nos permitiría conseguir, por fin, o tan ansiado obxectivo que nos tiñamos marcado", foron as palabras do adestrador celester para salientar a importancia do partido desta noite.

O Valladolid, pola contra, chega coa auga ó cuello, ocupa a penúltima posición na táboa clasificatoria, aínda que cun partido menos, o que lle resta disputar contra o Real Madrid por mor da Champions League. O seu adestrador, Juan Ignacio Martínez, valorou a importancia de lograr unha triunfo en Vigo: "Unha victoria tería moita importancia tanto desde o punto de vista clasificatoria como anímico", foron as súas verbas.

ANTECEDENTES: A estatística está do lado vigués, en 27 enfrontamentos entre Celta e Valladolid en Balaídos, 14 foron victorias locais por só 3 visitantes. Os restantes 10 partidos remataron con táboas. O Celta fixo 22 goles e recibiu 22. A vitoria mais avultada foi na tempada 1949/50 cun contundente 4-0, na xornada 18. No partido de ida no Novo Zorrilla, o Valladolid impúxose por un claro 3-0, os tres de Javi Guerra.

Arbitrará Teixeira Vitienes.

CONVOCATORIAS:

RC Celta: Yoel e Sergio; Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Iñigo López e Cabral; Borja Oubiña, Rafinha, Madinda, Krohn-Dehli e Augusto; Mario Bermejo, Nolito, Charles, Orellana e Santi Mina.

Real Valladolid:  Jaime e Diego Mariño; Jesús Rueda, Rukavina, Peña, Mitrovic e Valiente; Álvaro Rubio, Víctor Pérez, Rossi, Omar, Larsson, Óscar e Bergdich; Javi Guerra, Jeffren, Manucho e Osorio.

@CentolosdoCelta e @irmandinos1923 disputan hoy la final del Mundial de Peñas de #BalaídosUniversal.En la portería @PrefCeleste.Felicidades!
Preferencia Celeste conseguiu un honorable 3º posto no mundial das peñas de #BalaídosUniversal. Só por detrás de Centolos Celestes e Irmandiños 1923. Isto nos permitirá parar os penaltis da final que disputarán Centolos e Irmandiños.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na PREVIA a partires das 21 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-), desde onde partiremos cara ó Estadio a continuación.

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

 

sábado, 12 de abril de 2014

Celta - Real Sociedad (A Previa)

Foto: Pablo Rosendo | Real Club Celta de Vigo
Estadio Municipal de Balaídos (16:00) | Celta (13º) e Real Sociedad (6º) disputan esta tarde en Balaídos a primeira das seis finais que lle agardan ós celestes, partido que cobra especial importancia tralo tropezón dos vigueses o pasado sábado en Vallecas por un contundente 3-0 e que coloca ós de Madrid por enriba do Celta e cun goal averaxe favorable a eles. Pero o Celta segue a depender de si mesmo para conseguilo obxectivo da salvación.

Luis Enrique espera para este partido a unha "Real potentísima" en Balaídos e di dos donostiarras que son un equipo "motivador". Mentres, Jagoba Arrasate, entrenador vasco, está convencido de "de facer un bo "sprint" final. Imos rematar o ano con boas sensacións".

CONVOCATORIAS:

RC Celta: Yoel e Sergio, Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Íñigo López, Cabral, Oubiña, Orellana, Madinda, Krohn-Delhi, Rafinha, Bermejo, Nolito, Charles, Augusto e Santi Mina.

Real Sociedad: Bravo e Zubikarai; Carlos Martínez, Zaldua, Mikel, Iñigo e José Ángel; Markel, Pardo, Elustondo, Zurutuza, Granero e Canales; Seferovic, Agirretxe, Griezmann, Vela e Chory Castro.

ANTECEDENTES: A favor do Celta, ademais de xogar en casa e o desexo de entrenador e xogadores de agradar á súa afección, está a estatística, pois de 41 partidos disputados en Balaídos entre Celta e Real Sociedad, os vigueses venceron en 23 deles, con 9 empates e 9 derrotas. Conseguiron 71 goles a favor e 40 en contra. A meirande vitoria para os de Vigo foi na tempada 1941/42 cun contundente 6-1.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE onde FAREMOS A PREVIA a partires das 15 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-), desde onde partiremos cara ó Estadio a continuación.

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!

sábado, 22 de marzo de 2014

Viaxa a Vallecas con #PreferenciaCeleste para o Rayo-Celta. Prezo do bus:35€

Viaxa connosco a Vallecas para o importantísimo partido do Celta fronte ó Rayo Vallecano do vindeiro Sábado 05/04/14 ás 22:00h.

Sairemos do Estadio de Balaídos o propio Sábado 5 de Marzo ás 08:00, con idea de chegar arredor das 15:30/16:00 a Madrid, previa con Morriña Celeste ou día enteiro na cidade, asistencia ó partido, e volta logo do partido.

Nesta web e a través do noso twitter faremos públicos os horarios para anotarse e pagar a viaxe. Recordade que para confirmar a praza é necesario pagar os 35€ do bus. Non se terán en conta reservas que non sexan abonadas no momento.

Só dispoñemos de prazas de bus, e xa non xestionamos máis entradas. Se queredes praza de bus escribídenos un e-mail a preferenciaceleste@gmail.com e vemos como facer para pagar a reserva de praza. Prezo bus: 35€

Para anotarse é necesario que veñades cunha fotocopia do DNI polas dúas caras lexible e o seguinte formulario (tamén hai formularios dispoñibles en Las Gradas). Os menores tamén teñen que traer a autorización (tamén hai autorizacións dispoñibles en Las Gradas) asinada por un titor, e a fotocopia do seu DNI e do titor que autorice a viaxar. 

O prezo do bus é de 35€ (30€ para peñistas da nosa peña). O prezo da entrada, feito público hoxe Luns 31 de Marzo, é de 35€. Da xente que viaxa connosco, quen queira que lle xestionemos a compra da entrada terá que facer efectivo o pago da mesma nos prazos que indiquemos unha vez se publicite o prezo.


Rayo - Celta

 

viernes, 21 de marzo de 2014

Celta - Málaga (A Previa)

Estadio Municipal de Balaídos (21:00) | Celta e Málaga enfróntanse esta noite en Balaídos para afastarse definitivamente do perigo dos postos de descenso. O Celta desde un cómodo 11º posto, con 33 puntos, pero só a 5 dos postos de abaixo. O Málaga, en cambio, está mais perto do abismo, 14º, con 29 puntos, a só un dos postos de descenso.

Importante, por tanto, este partido entre rivais "da mesma Liga" no que a gañador sairá moi reforzado cara á permanencia na Liga BBVA. No clube vigués, conscentes disto, puxeron á venda ós seus abonados entradas a só 10 euros, sendo un éxito a medida e Balaídos terá un bo aspecto esta noite.

Luis Enrique non quere relaxacións, cualificou o partido de "básico" para o Celta e opina que o 0-5 da ida non pode servir como referencia, pois considera que os da Costa do Sol teñen capacidade para "facer calquera cousa".

Bernd Schuster, pola súa banda, espera sacar algo positivo da súa visita a Vigo, tralas boas sensacións dos últimos partidos do Málaga (perda pola mínima fronte ó Real Madrid e contundente vitoria en Pamplona, fronte ó Osasuna, por 0-3). Do Celta, o alemán di que "é un equipo dificil, xoga moi ben e fai dano, pero intentaremos frealos".

CONVOCATORIAS:

RC Celta: Sergio Álvarez e Yoel Rodríguez; Hugo Mallo, Fontàs, David Costas, Íñigo López, Jonny e David Goldar; Borja Oubiña, Rafinha, Augusto Fernández, Krohn-Dehli e Madinda; Charles, Nolito, Orellana, Bermejo e Santi Mina.

Málaga CF:  Kameni e Willy; Weligton, Flávio, Camacho, El Hamdaoui, Portillo, S. Cruz, Iakovenko, P. Pérez, Angeleri, Duda, Eliseu, S. Sánchez, Amrabat, Samuel, Juanmi e S. Darder.

ANTECEDENTES:

Celta e Málaga enfrontáronse en 7 ocasións no Municipal de Balaídos na Liga BBVA con resultado de dúas vitorias para o Celta, dous empates e tres derrotas. O mellor resultado para os celestes en Vigo foi un 2-0, conseguido na primeira xornada da tempada 2005-2006. No partido de ida, o Celta venceu na Rosaleda cun contundente 0-5.

Arbitrará Gil Manzano do colexio extremeño, quen só pitou nunha ocasión ó Celta na Liga BBVA con vitoria para os celtiñas.

VIAXE A VALLECAS DE PREFERENCIA CELESTE:

Preferencia Celeste viaxará co Celta a Vallecas. Podes incribirte para esta viaxe por só 35 € (30 € para os nosos peñistas) desde hoxe mesmo na previa. Tes toda a información nesta entrada e puntualmente nas nosas redes sociais.


Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE a partires das 18 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-), desde onde partiremos a continuación a Balaídos.

E como sempre, o de sempre! Ala Celta!