Estadio Municipal de Balaídos (21:00) | Celta e Málaga enfróntanse esta noite en Balaídos para afastarse definitivamente do perigo dos postos de descenso. O Celta desde un cómodo 11º posto, con 33 puntos, pero só a 5 dos postos de abaixo. O Málaga, en cambio, está mais perto do abismo, 14º, con 29 puntos, a só un dos postos de descenso.
Importante, por tanto, este partido entre rivais "da mesma Liga" no que a gañador sairá moi reforzado cara á permanencia na Liga BBVA. No clube vigués, conscentes disto, puxeron á venda ós seus abonados entradas a só 10 euros, sendo un éxito a medida e Balaídos terá un bo aspecto esta noite.
Luis Enrique non quere relaxacións, cualificou o partido de "básico" para o Celta e opina que o 0-5 da ida non pode servir como referencia, pois considera que os da Costa do Sol teñen capacidade para "facer calquera cousa".
Bernd Schuster, pola súa banda, espera sacar algo positivo da súa visita a Vigo, tralas boas sensacións dos últimos partidos do Málaga (perda pola mínima fronte ó Real Madrid e contundente vitoria en Pamplona, fronte ó Osasuna, por 0-3). Do Celta, o alemán di que "é un equipo dificil, xoga moi ben e fai dano, pero intentaremos frealos".
CONVOCATORIAS:
RC Celta: Sergio Álvarez e Yoel Rodríguez; Hugo Mallo, Fontàs, David Costas, Íñigo López, Jonny e David Goldar; Borja Oubiña, Rafinha, Augusto Fernández, Krohn-Dehli e Madinda; Charles, Nolito, Orellana, Bermejo e Santi Mina.
Málaga CF: Kameni e Willy; Weligton, Flávio, Camacho, El Hamdaoui, Portillo, S. Cruz, Iakovenko, P. Pérez, Angeleri, Duda, Eliseu, S. Sánchez, Amrabat, Samuel, Juanmi e S. Darder.
ANTECEDENTES:
Celta e Málaga enfrontáronse en 7 ocasións no Municipal de Balaídos na Liga BBVA con resultado de dúas vitorias para o Celta, dous empates e tres derrotas. O mellor resultado para os celestes en Vigo foi un 2-0, conseguido na primeira xornada da tempada 2005-2006. No partido de ida, o Celta venceu na Rosaleda cun contundente 0-5.
Arbitrará Gil Manzano do colexio extremeño, quen só pitou nunha ocasión ó Celta na Liga BBVA con vitoria para os celtiñas.
VIAXE A VALLECAS DE PREFERENCIA CELESTE:
Preferencia Celeste viaxará co Celta a Vallecas. Podes incribirte para esta viaxe por só 35 € (30 € para os nosos peñistas) desde hoxe mesmo na previa. Tes toda a información nesta entrada e puntualmente nas nosas redes sociais.
Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE a partires das 18 horas, na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92, fronte ó Estadio -Mapa-), desde onde partiremos a continuación a Balaídos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario