domingo, 22 de septiembre de 2013

Celta - Villarreal (A Previa)

Oubiña nun anterior enfrontamento ó Villarreal | Ricardo Grobas (Faro de Vigo)
Estadio Municipal de Balaídos (17:00) | Celta e Villarreal buscarán esta tarde asentarse na zona cómoda do taboleiro, cunha boa proposta de xogo. Visita hoxe Balaídos unha das sorpresas do que levamos de Liga, un recén ascendido, que sin embargo, cos seus reforzos na ofensivo e os argumentos que está a ofrecer foi quen de chegar hasta a terceira praza tras só ceder un empate ante o todopoderoso Real Madrid.

Con isto, o espectáculo está garantido hoxe en Balaídos, no que o Celta lle debe unha victoria á súa afición, máis aínda co tropezón diante do Athletic Club o pasado luns en Bilbao, no que foi a presentación en sociedade na Nova Catedral, no que foi un belo espectáculo futbolístico (3-2).

Os precedentes favorecen ós vigueses, pois de sete enfrontamentos anteriores entre os dous equipos en Balaídos, seis foron victorias para o Celta o só un empate, con 20 goles a favor dos celestes por 18 en contra. O último enfrontamento entre ámbolos dous conxuntos (en Primeira) foi una derrota pola mínima do Celta en Villarreal, por 1-0, en encontro disputado o 20 de maio de 2007.

Haberá que estar moi atentos á súa fichaxe estrela, Giovani dos Santos e tamén ó vigués do Calvario Jonathan Pereira, para quen este partido será, sen dúbida, moi especial.

Así as cousas, estas son as convocatorias de Celta e Villarreal para o partido de hoxe:


RC Celta: Sergio e Yoel (porteiros), Hugo Mallo, Fontàs, Aurtenetxe, Jonny, Toni, Cabral e David Costas; Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Krohn-Dehli e Augusto; Nolito, Charles, Orellana e Santi Mina.

Villarreal: Asenjo e Juan Carlos (porteiros); Mario, Gabriel, Jaume Costa, Musacchio, Pablo Íñiguez e Dorado; Bruno, Pina, Trigueros, Hernán Pérez, Aquino e Cani; Giovani, Uche, Jonathan Pereira e Jérémy Perbet.

Podes acompañar a PREFERENCIA CELESTE na previa que faremos a partires das 16:00 horas na nosa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92 (Mapa), fronte ó Estadio de Balaídos), desde onde partiremos para Balaídos. 

E como sempre, o de sempre, Ala Celta!!!


lunes, 16 de septiembre de 2013

Athletic - Celta (A previa)

Oubiña e Herrerra no último partido en San Mamés | Foto: LFP/RC Celta
Novo San Mamés (22:00) | O Real Club Celta é o convidado á inauguración do Novo Estadio de San Mamés, que tras cen anos, sustitúe á Catedral como feudo dos Leóns. Os de Vigo esperan poder dar unha campanada, que os colocaría quintos na clasificación xeral, por riba precisamente de Athletic Club e o RCD Espanyol, pero o Athletic non o porá fácil, que teñen unha motivación extra hoxe para agradar ós seus siareiros nunha data tan singular para eles.

A Catedral nunha foi unha praza fácil para os celestes; de feito, de 47 enfrontamentos entre ámbolos dous conxuntos, só foi quen de conseguir 3 victorias e 8 empates. A derrota mais severa dos celestes a domicilio foi na Catedral, en 1940, por 10-1, con cinco goles do mítico Zarra. Pero si nos referimos ós partidos máis recentes, nos últimos seis partidos, conseguiu 2 vitorias e 2 empates, entre eles, o 1-6 na tempada 2001-02, a vitoria máis avultada a domicilio nunca conseguida polo Celta na súa historia. Claro que nese conxunto militaban xogadores da talla de Mostovoi, Karpin, Gustavo López, Catanha… A última vitoria do Celta aconteceu en 2006, na que se impuxo á minima por 0-1, con gol de Baiano.

Para Luis Enrique, xogar en San Mamés “sempre é especial” e asegura que non hai mellor xeito de disfrutalo que “traéndonos os tres puntos para Vigo”. Como novidade na convocatoria para Bilbo é que inclúe ó descartado Orellana, do que di que podería xogar, pois “se trata dun xogador con contrato en vigor” engadindo que “nun principio lle dixera que tiña xogadores por diante e non lle garantía xogar, o cal non significa que, unha vez quedou, non utilice a tódolos meus xogadores. Para este partido ven con nós e con posibilidades de xogar”.

Así as cousas, a convocatoria do Celta para o partido desta noite é a seguinte: Yoel e Sergio (porteiros); Fontàs, Cabral, David Costas, Hugo Mallo, Toni, Bellvís; Oubiña, Álex López, Rafinha, Javi Rey, Augusto Fernández, Madinda; Nolito, Orellana, Charles, David Rodríguez e Santi Mina.

Mentres, no Athletic Club, Ernesto Valverde di do Celta que van a Bilbo a “entrar na historia”. “Non veñen a facernos a onda” e destaca dos celestes que veñen de facer “moi bos resultados”. Co rival e a historia en mente, esta é a convocatoria do Athletic para esta noite: Iraizoz e Iago Herrerín (porteiros); Toquero, Laporte, Erik Morán, San José, Iraola, X. Etxeita, Mikel Rico; Beñat, Iturraspe, De Marcos, Susaeta; Gurpegi, Ibai, Muniain, Aduriz e Ander Herrera.

Na pasada tempada, o Athletic Club vencéu ó Celta por 1-0, cun solitario gol de Aduriz no minuto 33, en partido correspondente á xornada 15 disputado o pasado 9 de decembro.

Acompaña a PREFERENCIA CELESTE para disfrutar deste partido histórico na súa sede en CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92 (Mapa), fronte ó Estadio de Balaídos) a partires das 22 horas, onde poderás acompañarnos nun grande ambente e colorido celtista.

Podes aproveitar para facelo pago da nosa Lotaría de Nadal, no que xogamos o número 01.923.

E como sempre, o de sempre... Ala Celta!!!


sábado, 31 de agosto de 2013

Celta - Granada (A Previa)

Celta Granada do pasado mes de febreiro | Xoan Carlos Gil (LVdG)
Estadio Municipal de Balaídos (19:00) | Volve o fútbol a Balaídos tralo esperanzador comezo de Liga, hai quince días en Vigo, fronte ó Espanyol (2-2) e a victoria en Sevilla fronte ó Betis (1-2) o pasado luns.

Antes do parón de Liga, o Celta pode refrendar un grande comezo no Campionato esta tarde ás 7 fronte ó Granada, un equipo que comezou tamén forte no campionato, trala primeira victoria fronte ó Osasuna a domicilio e unha derrota pola mínima fronte a un grande como é o Real Madrid.

Luis Enrique non debería de variar moito ó esquema que lle deu froitos nas primeiras dúas xornadas, coa obrigada baixa por sanción do capitán Borja Oubiña. Os 18 convocados polo adestrador do Celta son os seguintes: Sergio e Yoel (porteiros); Hugo Mallo, Fontás, Álex López, David Costas, Nolito, Aurtenetxe, Bellvís, Toni, Cabral, Augusto, Krohn-Delhi, Madinda, Charles, Rafinha, David Rodríguez e Javi Rey.

Mentres, o Granada viaxou a Vigo cos seguintes xogadores: Roberto e Karnezis (porteiros); Nyom, Diakhaté, Mainz, Angulo, Murillo; Hassan Yebda, Iturra, Fran Rico, Brahimi, Buonanotte, Fatau, Dani Benítez, Álvaro García; Youssef-El Arabi, Riki e Piti. O madrileño Riki, ex do Deportivo podería ser a grande novidade dos chicos de Lucas Alcaraz esta tarde en Balaídos.

Granada e Celta xa se enfrontaron en doce ocasións en Balaídos con balance de 7 victorias para os de Vigo, 3 empates e dúas derrotas, cun total de 24 goles a favor e 12 en contra para o Celta. O seu último enfrontamento, na xornada 25 da pasada tempada, saldouse cunha victoria para o Celta, por 2 goles a 1.

PREFERENCIA CELESTE fará a previa na súa sede CAFETERÍA LAS GRADAS (Avda. Fragoso, 92 (Mapa), fronte ó Estadio de Balaídos) a partires das 17 horas, onde poderás acompañarnos nun grande ambente e colorido celtista.

E LEMBRA que si queres VIAXAR CONNOSCO A COMPOSTELA para asistir á homenaxe ás Víctimas do Accidente Ferroviario de Santiago (Celta - Compostela) o vindeiro mércores 4 de setembro, podes anotarte na Cafetería Las Gradas na nosa previa, entre as 17 e 18:30 horas. Tes toda a información da viaxe nesta ligazón.

E como sempre, o de sempre, Ala Celta!!!

jueves, 29 de agosto de 2013

Viaxa a San Lázaro connosco Compos-Celta 04/09/13 21:00

En Preferencia Celeste estamos a organizar viaxe para o partido homenaxe ás víctimas e heroes da traxedia ferroviaria da véspera do Día de Galicia en Santiago de Compostela.

A saída é de Vigo en bus o propio mércores 4 de Setembro ás 18:00 desde o Estadio de Balaídos. A volta é ó rematar o partido. O prezo é de só 10€ (peñistas da nosa peña 8€) e inclúe a praza do bus e a entrada (a entrada é gratuíta, e viaxades xa con ela desde Vigo).

É imprescindible que traiades fotocopia do DNI lexible polas dúas caras e o formulario da viaxe cuberto en maiúscula. Os menores de idade, se non veñen acompañados do seu titor, teñen que traer a seguinte autorización cuberta en maiúscula, e a fotocopia do DNI polas dúas caras, deles e do titor que asine a autorización da viaxe. (Haberá formularios de viaxe e autorizacións no momento de ir pagar para encher na Cafetería).

Para pagar estaremos na nosa sede, Cafetería Las Gradas (Fragoso 92) o Sábado 31 de Agosto de 17:00-18:30, na previa do Celta-Granada.

Tamén estaremos o Luns en Cafetería Las Gradas de 11:30-13:30 e de 19:30-21:30 (en caso de encher prazas avisariamos para evitarvos o desprazamento en balde)

No caso de non encher as prazas mínimas para cubrir o custe do bus, a viaxe se suspendería, pero a entrada poderiades quedar con ela. Non se aceptan peticións de entrada sen praza no bus.

Ven a San Lázaro a presenciar un clásico do fútbol galego, os dous equipos que locen con dignidade a cruz de Santiago no seu peito, xogando na memoria dos heroes e das víctimas de Angrois

viernes, 2 de agosto de 2013

Viaxa con #PreferenciaCeleste ó #Sporting - #Celta en Vilalba por só 23€

O Celta enfróntase neste novo partido de pretempada ó Sporting de Gijón no Estadio da Madalena en Vilalba.

En Preferencia Celeste organizamos desprazamento por só 23€ (bus+entrada), con saída o propio día do partido, Mércores 7 de Agosto de 2013 ás 15:30 do Estadio Municipal de Balaídos (enfrente de Cafetería Las Gradas) e volta ó rematar o partido. O partido comeza ás 19:00. O prezo para peñistas é de 20€ (bus+entrada).

Recordade estar media hora antes da viaxe para subir ó bus e arrancar ás 15:30.

Se o bus non cubre as prazas, a viaxe quedará suspendida. Só imos levar un bus, anotádevos canto antes.

Para o pagamento dos 23€ estaremos o Sábado na previa do Memorial Quinocho, en Cafetería Las Gradas de 17:00-19:00 tamén hoxe Luns de 12:00-13:30 e de 17:00 a 19:00 como último día o Martes 6 de Agosto de 19:00-21:00 en Cafetería Las Gradas (Fragoso 92, enfrente de Balaídos) para encher as últimas prazas do bus. Podedes traer impreso da casa o seguinte formulario ou volo entregarán para cubrir na cafetería. Traede tamén a fotocopia do DNI polas dúas caras. Os menores teñen que traer a seguinte autorización cuberta, ou cubrila na cafetería. Os menores terán que traer tamén a fotocopia do DNI polas dúas caras do titor. Quen non traia a fotocopia do DNI ou os cartos, non lle reservaremos praza.

Estadio da Madalena, Vilalba

Os peñistas que enviáchedes correo solicitando a praza, xa a tendes asignada, pasádevos nese horario a pagar.